
Galicia
III Circuito Galego Escolar
Calendario / Regulamento:
Data Localidade Torneo Sede 27 Abril Ourense I Festival Internacional EXPOURENSE - Ourense 24 Maio Vilagarcía VI Torneo Santa Rita Auditorio Municipal 07 Xuño Ourense II Congalle-Maristas Centro Maristas 14 Xuño Ribadumia III Aberto do Salnes Centro Social Barrantes 21 Xuño Mugardos I Concello de Mugardos Pavillón Polideportivo 13 Setembro Vilanova II Concello de Vilanova Pavillón Municipal 20 Setembro Vilagarcía II Memorial Adolfo Pedrido Pavillón Castelao 04 Outubro Poio Centro Comercial A Barca Centro Comercial A Barca 25 Outubro Vilagarcía II Open Mcdonalds Auditorio Vilagarcía 02 Novembro Lugo I Torneo Muralla de Lugo Recinto Feiral Lugo 08 Novembro Valga II Concello de Valga Auditorio de Cordeiro REGULAMENTO
Categorías:
- Cadetes (nados nos anos 1993-1992)
- Infantís (nados nos anos 1995-1994)
- Alevíns (nados nos anos 1997-1996)
- Benxamíns (nados nos anos 1998 e posteriores)* No caso de haber poucos participantes nalgunha categoría a organización de cada torneo pode unificar dúas, contabilizándose os puntos obtidos polos xogadores na súa respectiva.
Roldas:
Cada categoría disputará seis roldas en cada torneo. No caso de que por mor dunha elevada inscrición tivésese que disputar máis roldas aplicarase o seguinte corrector aos puntos obtidos: puntos x 6 / número de roldas
Puntuación Final:
Será obrigatorio participar e finalizar a metade máis un dos torneos do calendario definitivo para a optar á clasificación final. O mínimo de participacións obrigatorias redondearase á alza no caso que o número de torneos sexa impar. A puntuación final será a suma deste mínimo de torneos.
Puntúan as sete mellores clasificacións da totalidade dos torneos disputados.
Desempates:
- Suma da totalidade dos puntos obtidos en cada torneo finalizado.
- Máis participacións en torneos.
- Máis primeiros postos, segundos, terceiros....Premios:
A Federación Galega agasallará aos cinco primeiros de cada categoría do Circuito e a primeira muller clasificada. O campión de cada categoría tería os gastos pagos por conta de Fegaxa no seguinte Campionato de España de Idades.
Bases:
A Organización do Circuito ten a potestad de variar o calendario ou o regulamento, ou decidir sobre calquer problemática que surxa, coa única obriga de pubricar neste medio as súas decisións.
Organiza: