III Torneo Escolar de Mugardos

Mugardos - Ferrol - A Coruña

Pavillón Polideportivo Municipal de Mugardos

Sábado 19 xuño de 2010 | Bases

VALEDOIRO PARA O V CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2010

Informa: Juan Rodríguez Rey Web | Club Xadrez Fontecarmoa Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa

TRES OUROS PARA OS XOGADORES DO FONTECARMOA

Foto

Durante toda a xornada do sábado celebrouse a III Torneo Concello de Mugardos 2010, organizado polo Círculo Ferrolán e patrocinado polo concello da localidade coruñesa.

A participación foi numerosa alcanzándose a cifra de 120 xadrecistas de toda Galicia que disputaron un deportivo torneo, sexta proba do V Circuito Galego Escolar de Xadrez, repartidos en cinco categorías, Cadete, Infantil, Alevín, Benxamíns e Promesas.

Na vila ferrolana déronse cita os mellores novos xadrecistas de Galicia, xa que a proba era valedoira para o V Circuíto Galego Escolar, que gozaron dunha perfecta xornada de convivencia xa que ademais de competir no seu deporte preferido, gozaron dunha xornada de amigable relación, e recibindo regalos pola súa participación no evento.

Foto

A nota máis destacada dos xogadores do Fontecarmoa foi o dobre conseguido en alevíns por Julio Suárez e Andrea Dorado, que seguen co seu refacho de vitorias, o que os ergue ao primeiro posto da provisional do Circuíto.

A estes dous importantes ouros, hai que sumar o logrado por Jorge Segura na categoría benxamín, que segue nun bo refacho contando os últimos torneos por vitorias. O seu irmán Luis en Infantiles foi o mellor vilagarciano clasificado na cuarta posición

A vindeira cita dos novos xadrecistas vilagarcianos será o sábado día 03 co V Aberto do Salnés a celebrar no pavillón de Barrantes, sétima proba do Circuíto, na que o club vilagarciano se encargará da execución do evento que estará patrocinado polo Concello de Ribadumia.

Máis información en www.cxfontecarmoa.com

Fegaxa: Clasificacións Finais


Organiza / Informa:

Circulo Ferrolán de Xadrez
http://www.cfxadrez.org/