I Torneo Escolar de Xadrez Concello de Rianxo - Trofeo Distribunosa

Rianxo - A Coruña

Auditorio de Rianxo

1 de agosto de 2009 | Resultados

Informa: Servizo de Deportes. Concello de Rianxo

En españolEn galego

Bases:

CartelData: 1 de agosto de 2009.   

Local de xogo: Auditorio de Rianxo

Horario:

10,30 : Presentación dos xogadores/as.
11,00 : Rolda 1ª.
11,45 : Rolda 2ª.
12,30 : Rolda 3ª.
15,30 : Rolda 4ª.
16,15 : Rolda 5ª.
17,00 : Rolda 6ª.
17,45 : Rolda 7ª
18,45 : Clausura, entrega de premios.

Categorías:

Sub-8 : nados no ano 2001 e posteriores.
Sub-10 : nados no ano 1999-2000.
Sub-12 : nados nos anos 1997-98.
Sub-14 : nados nos anos 1995-96.
Sub-16 : nados nos anos 1993-94.

Sistema de xogo: Sistema suízo a 7 roldas.

Ritmo de xogo: 15 minutos por xogador/a.

Emparellamentos: Empregárase o programa Swiss Manager para realizar os emparellamentos, aos cales non se poderá reclamar.

Desempates: Os sistemas de desempate sorteásense unha vez finalizada ultima partida entre as seguintes posibilidades:

    Progresivo, ata as últimas consecuencias.
    Bucholz total
    Variante Brasileira do Bucholz (quitando a peor puntuación)
    (*) No desempate do Bucholz, aplicásese a variante de ½ punto, nas partidas non disputadas.

Número máximo de participantes:  160.

Árbitro Principal: As súas decisións en materia de xogo serán únicas e inapelables. Durante a exposición de listas e antes do comezo da 1ª rolda admitiranse as posibles reclamacións. Unha vez iniciado o xogo xa non se admitirán reclamacións sobre os posibles erros nos listados.

Premios:

    Por cada categoría: TROFEOS do 1º ao 5º da clasificación xeral e 1ª feminina.Sorteo entre os participantes de agasallos.Todos os participantes recibirán un agasallo.Haberá bocadillos e refrescos  á hora de xantar.

Inscricións:

Teléfono: 637 308 049- Kique
Correo electrónico: danirianxo@terra.es

Límite da inscrición: Ás 13,00 horas do día 29 de xullo. Ata completar 160 participantes.

 

Antes do inicio da primeira rolda publicaranse as ordes de forza ordenados por ELO FIDE, se non tivese ELO FIDE considerarase o FEDA como FIDE a efectos de orde de forza inicial.

Segundo a regulamentación da FIDE, lémbraselle a todos os xogadores que desconecten os teléfonos móbiles, pois o uso dos mesmos conleva a perda da partida en xogo do infractor. Así mesmo esta prohibido calquera outro medio electrónico de comunicación.

Lémbrase que os xogadores deberan comportarse de forma que non deshonren o xogo do xadrez, en caso contrario se lles dará a partida por perdida.

As decisións do árbitro son inapelables.

Non se permitirán análises na sala de xogo.

Recoméndase aos participantes a notificación a algún arbitro cando, por razón xustificada abandonen a sala de xogo no transcurso das súas partidas.

A participación no Torneo supón a aceptación destas bases.

O artigo 10.2 non será de aplicación cando ao reclamante lle que menos dun minuto de tempo no seu reloxo, salvo en casos “extremadamente” claros.

Unha rolda feita pública non se poderá modificar, salvo que o árbitro decida outra cousa

Se se introduce un resultado mal, e publícase a rolda, esta non se modificará a non ser que o árbitro principal decida outra cousa.


Organiza:

Logo
Club Xadrez Rianxo

Colabora:

Logo
Concello de Rianxo. Servizo de Deportes
http://www.rianxo.com

Patrocina:

Distribunosa
http://www.distribunosa.com/