Galicia/Galiza
Galicia

IX Aberto Internacional Concello de Arteixo
(II Memorial Arximiro Penide Cedeira “MIRO”)

Arteixo - A Coruña

Pavillón Ponte dos Brozos. Avda. de Figueroa s/n. Arteixo

22 ao 29 de xullo de 2008

TORNEO DO XXI CIRCUITO GALEGO DE XADREZ

Informa: Óscar de Prado Club Xadrez Arteixo Resultados

En españolEn galego

 

Datas: 22 ao 29 de xullo de 2008

Sistema: O Torneo disputárase polo sistema suízo a 9 rondas.

Lugar: Las partidas se desarrollaran en el Pavillón Ponte dos Brozos. Avda. de Figueroa s/n. Arteixo.

Emparellamentos: Empregarase o programa Swiss Manager.

Byes: Permitiranse tres “byes” solicitados por escrito na mesa arbitral como moito antes de finalizar a primeira rolda do Torneo, validos ata a sétima rolda inclusive.

O horario das sesións de xogo será o seguinte:
Roldas 1,2,3,5,6,7 e 8 ás 17.00 h.
Rolda 4 ás 10.00 h e rolda 9 ás 15.30 h sendo a clausura ás 20.30 h.

Ritmo: A cadencia de xogo será de 90 minutos por xogador, aos que se engadirán 30 segundos por cada xogada realizada. Os xogadores teñen que anotar obrigatoriamente todas as xogadas ata o remate da partida.

Segundo a regulamentación da FIDE, lémbrase a todos os xogadores que desconecten os teléfonos móbiles, pois o uso dos mesmos comporta a perda da partida en xogo do infractor. Así mesmo este prohibido calquera outro medio electrónico de comunicación.

Lémbrase que os xogadores deberán comportarse de xeito que non deshonren o xogo do xadrez, en caso contrario se lles dará a partida por perdida.

Os reloxos poñeranse en marcha á hora indicada para o comezo de cada sesión, dándose por perdida a partida a todo xogador que compareza diante do taboleiro unha hora despois da sinalada para o inicio de cada rolda.

A incomparecencia non xustificada dun xogador causará a súa automatica eliminación do Torneo.

As decisións do arbitro son inapelables.

A cota de inscrición aboásese obrigatoriamente antes de finalizar a segunda rolda, sen cuxo requisito o xogador non sera emparellado na terceira rolda.

Non se permitirán análises na sala de xogo, podéndose realizar nun local acondicionado a tal fin unha vez finalizada a sesión de xogo. Para tal efecto queda destinada a sala de análise a onde non poderán trasladarse, nin os xogos nin os reloxos destinados á competición.

Recoméndase aos participantes a notificación a algún arbitro cando, por razón xustificada abandonen o salón de xogo no transcurso das súas partidas. Queda prohibido aos xogadores o acceso á sala de análise mentres as súas partidas estean en xogo.

Os emparellamentos da primeira rolda faranse pubricos no acto de apertura do Torneo. Nas roldas seguintes daranse a coñecer con suficiente antelación.

Os sistemas de desempate serán os seguintes e de acordo a esta orde:

Variante Brasileira do Bucholz (tirando a peor puntuación)
(*) No desempate do bucholz, aplicarase a variante de ½ punto, nas partidas non disputadas.
Bucholz total
Acumulativo.

Os premios serán indivisibles.

A Directora do Torneo é Belén Losada Trinidad, o Árbitro Principal Don Lukas Iruretagoiena (Árbitro Internacional da FIDE).

A participación no Torneo supón a aceptación destas bases

Inscricións:

Teléfonos: 617 234 393 - 981 640 706

Correo electrónico: dereito@telefonica.net

O pagamento poderase facer no nº de conta de Caixanova: 2080-0512-14-0000120922

Cotas:

30 euros xeral (10 para AECC)
20 euros Sub 18 (5 para AECC)
+ 2300 5 euros para AECC

Data Límite: O prazo terminará o día 21 de Xullo

Premios:

Xeral:
1º 600 € e trofeo
2º 450 €
3º 400 €
4º 350 €
5º 300 €
6º 250 €
7º 200 €
8º 180 €
9º 150 €
10º 120 €
11º 100 €
12º 80 €
13º 70 €
14º 60 €
15º 50 €

ELO 2000 a 2300:
1º 50 €
2º 30 €

ELO -2000:
1º 50 €
2º 30 €

Sin ELO FIDE:
1º 50 €
2º 30 €

Locais:
1º 50 €
2º 30 €

Club Arteixo:
1º 50 €
2º 30 €

Veterán(+55): 1º 50 €

Feminino: 1º 50 €

Sub 18: 1º 50 €

SuB 16, 14,12 e 10: Trofeo para o 1º

Os premios non son acumulables e estableceranse as retencións legais.

 

TablaDeFlandes