Galicia/Galiza
Galicia

III Aberto Internacional Carlos I

Sanxenxo - Pontevedra

Hotel Carlos I
Salón Silgar del Hotel Carlos I **** (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo

Do 25 de xuño ao 3 xullo 2011

Informa: MI Roi Reinaldo | Web Oficial

En castellanoEn galegoPortugés

Bases:

Local do xogo: Hotel Carlos I (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo.

O Torneo será disputado por Sistema Suízo de 9 roldas.

A duración do xogo será de 90 minutos por xogador para toda a partida, máis un incremento de 30 segundos por xogada realizada.

Os emparellamentos serán informatizados e non se admitirá ningún tipo de reclamación nese senso, agás erros na introdución manual dos resultados.

O primeiro sistema de desempate será o de “Número de partidas xogadas”. A partir deste, o sistema de desempate darase a coñecer na derradeira rolda mediante sorteo entre:

    Bucholz tirando os dous peores. Será configurado de tal forma que as partidas non xogadas (por non comparecer, byes…) puntuarán medio punto.

    Sistema ARPO (Average Recursive Performance of Opponents). Será configurado de tal xeito que non serán tidas en conta as partidas xogadas cos adversarios de ELO menor; o ELO mínimo (para xogadores sen ELO) será de 1200.

    Progressivo-Acumulativo. Só no caso de que este sistema sexa o derradeiro sistema de desempate, será aplicado ata as súas últimas consecuencias.

O Torneo será válido para Normas Internacionais de Xadrez, ELO FIDE e ELO FEDA.

Días de descanso (BYE). Os BYE son días libres que o xogador pode solicitar (sempre por escrito ou por correo electrónico). Cada xogador pode solicitar os BYE que considere oportunos, pero para optar a premios será requisito indispensable disputar as dúas últimas rondas.
Os BYE correspondentes á 1ª rolda deberán ser formalizados por correo electrónico antes de que se peche o prazo de inscrición.

O xogador que non pague a inscrición antes da terceira rolda deixará de participar no torneo de forma automática.

Aos xogadores que por calquera razón non aparecesen na derradeira lista de ELO FIDE e tivesen ELO FIDE con anterioridade, consideraráselles o seu ranking, só para efectos de premios, tendo en conta a lista na que apareceran a derradeira vez.

Os participantes terán obrigatoriamente unha presenza axeitada na sala de xogo e na cerimonia de clausura (sen chanclas, traxes de baño, etc).

Calendario de xogo:

    25 de xuño de 2011 ás 16:30 horas. Recepción de xogadores

    25 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Primeira Rolda

    26 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Segunda Rolda

    27 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Terceira Rolda

    28 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Cuarta Rolda

    29 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Quinta Rolda

    30 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Sexta Rolda

    1 de xuño de 2011 ás 17:00 horas. Sétima Rolda

    2 de xullo de 2011 ás 17:00 horas. Oitava Rolda

    3 de xullo de 2011 ás 10:00 horas. Novena e derradeira Rolda

    3 de xullo de 2011 ás 14:30 horas (hora prevista). Clausura e entrega de premios. A dirección do torneo fixará a hora de forma definitiva en función do final das partidas da derradeira ronda.

Inscricións:

    Hospedado no Hotel CARLOS I: 30 €

    Resto de xogadores: 45 €

    Xogadores sub16: 22€

    Exentos de inscrición G.M. e M.I. e xogadores com máis de 2400 de elo

    A Organización reserva o dereito de modificar as bases do “III Aberto Internacional de Xadrez Carlos I”  sen outra obriga que a de publicalas na páxina web oficial.

A participación supón a aceptación tácita das presentes bases.

Premios:

XERAL
  Importe
1.200,00 €
1.000,00 €
800,00 €
700,00 €
600,00 €
500,00 €
400,00 €
300,00 €
200,00 €
10º 150,00 €
11º 100,00 €
SUB-2300
  Importe
250,00 €
150,00 €
100,00 €
SUB-2000/sen Elo
  Importe
250,00 €
150,00 €
100,00 €
MELLOR GALEGO
  Importe
150,00 €
100,00 €
VETERÁN
  100,00 €
SUB18
100,00 €
SUB14
100,00 €
TOTAL 7.500,00 €

      Premios non acumulativos

      No caso de obter dous ou máis premios, será adxudicado o maior.

      Se o valor dos premios fose igual, rexerase pola seguinte orde: 1º Xeral, 2º Premios de Franxa de ELO, 3º Premios especiais (na orde na que están publicados)

      Aos premios deduciránselles os impostos legais en vigor.

      Para recoller o Premio será imprescindible estar presente na cerimonia de clausura.

      Oferta Hoteleira:

      Foto
      C/. Vigo s/n 36960 Sanxenxo (Pontevedra)
      Hotel: www.carlosprimero.com

      Pensión completa en cuarto dobre: 58 euros (+ 8% IVE) por persoa e día.

      Pensión cuarto individual: 80 euros (+8% IVE) por persoa e día.

      Pensión completa en cuarto triplo: 55 euros (+8% IVE) por persoa e día.

      Inclúe un prato de marisco no xantar.

      Enderezo: R/ Vigo s/n - 36960 Sanxenxo (Pontevedra)

      Páxina web do Hotel Carlos I: www.carlosprimero.com

      Pódense beneficiar desta oferta os xogadores de xadrez que efectúen a reserva hoteleira con data anterior ao 20 de xuño por teléfono, no número 606458177 (a reserva mínima é de 5 noites) ou por email, a roi@infonegocio.com

      Nota: Os prezos non inclúen bebidas

      Foreign Players should contact by e-mail with Roi Reinaldo roi@infonegocio.com


Organización:

Organizador: M.I. Roi Reinaldo Castiñeira

Director torneo: Roi Reinaldo Castiñeira

Árbitro principal: A.I. Álvaro Reinaldo Soto

Árbitro adxunto: A.I. Nerea Mauleón Carranza

Página oficial: http://ajedrezcarlosprimero.tumblr.com/

E-mail: roi@infonegocio.com

 

TablaDeFlandes