Galicia/Galiza
Galicia

IV Aberto Internacional Carlos I

Sanxenxo - Pontevedra

Hotel Carlos I
Salón Silgar del Hotel Carlos I **** (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo

Do 23 de xuño ao 1 xullo 2012

Informa: MI Roi Reinaldo | Web Oficial | ChessResults

En castellanoEn galegoPortugésEnglishFrançais

Bases:

Sanxenxo (Pontevedra) De 23 de xuño a 1 de xullo de 2012
(7000 euros en premios)

Organización:

Local do xogo:
Hotel Carlos I (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo.
Organizador: M.I. Roi Reinaldo Castiñeira
Director de torneo: Roi Reinaldo Castiñeira
Árbitro principal: A.I. Álvaro Reinaldo Soto
Páxina oficial: http://ajedrezcarlosprimero.tumblr.com/
E-mail: roi@infonegocio.com
Bases do Torneo:

  • O Torneo será disputado por Sistema Suízo de 9 rondas.

  • A duración do xogo será de 90 minutos por xogador para toda a partida, mais un incremento de 30 segundos por xogada realizada.

  • Os emparellamentos serán informatizados e non se admitirá ningún tipo de reclamación nese sentido, excepto erros na introdución manual dos resultados.

  • O primeiro sistema de desempate será o de “Número de partidas xogadas”. A partir deste, o sistema de desempate darase a coñecer na última ronda mediante sorteo entre:

    • Bucholz tirando os dous peores. Será configurado de tal forma que as partidas non xogadas (por non comparecer, byes…) puntuarán medio punto.

    • Sistema ARPO (Average Recursive Performance of Opponents). Será configurado de tal forma que non serán tidas en conta as partidas xogadas cos adversarios de ELO menor; o ELO mínimo (para xogadores sen ELO) será de 1200.

    • Progressivo-Acumulativo. Só no caso de que este sistema sexa o último sistema de desempate, será aplicado ata as súas últimas consecuencias.

  • O Torneo será válido para Normas Internacionais de Xadrez, ELO FIDE e ELO FEDA.

  • Días de descanso (BYE). Os BYE son días libres que o xogador pode solicitar (sempre por escrito ou por correo electrónico). Cada xogador pode solicitar os BYE que considere oportunos, pero para optar a premios será requisito indispensable disputar as dúas últimas rondas.
    Os BYE correspondentes á 1ª ronda deberán ser formalizados por correo electrónico antes de que se cerre o prazo de inscrición.

  • O xogador que non pague a inscrición antes da terceira ronda deixará de participar no torneo de forma automática.

  • Aos xogadores que por calquera razón non aparecesen na última lista de ELO FIDE e tivesen ELO FIDE con anterioridade, consideraráselles o seu ranking, só para efectos de premios, tendo en conta a lista na que apareceran a última vez.

  • Os participantes terán obrigatoriamente unha presencia adecuada na sala de xogo e na cerimonia de clausura (sen chanclas, traxes de baño, etc).

  • Calendario de xogo:

    • 23 de xuño de 2012 ás 16:30 horas. Recepción de xogadores

    • 23 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Primeira Ronda

    • 24 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Segunda Ronda

    • 25 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Terceira Ronda

    • 26 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Cuarta Ronda

    • 27 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Quinta Ronda

    • 28 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Sexta Ronda

    • 29 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Sétima Ronda

    • 30 de xuño de 2012 ás 17:00 horas. Oitava Ronda

    • 1 de xullo de 2012 ás 10:00 horas. Novena e última Ronda

    • 1 de xullo de 2012 ás 14:30 horas (hora prevista). Clausura e entrega de premios. A dirección do torneo fixará a hora de forma definitiva en función do final das partidas da última ronda.

  • Inscricións:

    • Hospedado no Hotel CARLOS I: 30 €

    • Resto de xogadores: 45 €

    • Xogadores sub16: 20€

    • Exentos de inscrición G.M. e M.I. e xogadores com máis de 2400 de elo

    • A Organización reserva o dereito de modificar as bases do “IV Aberto Internacional de Xadrez Carlos I”  sen outra obriga que a de publicalas na páxina web oficial.

A participación supón a aceptación tácita das presentes bases.

Premios:


XERAL
SUB-2000/sen Elo
1.100,00 € 250,00 €
900,00 € 150,00 €
750,00 € 100,00 €
650,00 € MELLOR GALEGO
550,00 € 150,00 €
450,00 € 100,00 €
350,00 € VETERÁN  
250,00 €   100,00 €
200,00 € SUB18  
10º 150,00 € 100,00 €
11º 100,00 € SUB14  
SUB-2300 100,00 €
250,00 €    
150,00 €    
100,00 €    
TOTAL: 7000
    • Premios non acumulativos

    • No caso de obter dous ou máis premios, será adxudicado o maior.

    • Se o valor dos premios fose igual, rexerase pola seguinte orde: 1º Xeral, 2º Premios de Franxa de ELO, 3º Premios especiais (na orde na que están publicados)

    • Aos premios deduciránselles os impostos legais en vigor.

    • Para recoller o Premio será imprescindible estar presente na cerimonia de clausura.

Oferta Hoteleira:
Oferta Hotel CARLOS I **** & SPA (Sede do Torneo):
Fachada Hotel Carlos I
R/. Vigo s/n 36960 Sanxenxo (Pontevedra)
Hotel: www.carlosprimero.com
Pensión completa en cuarto dobre: 58 euros (+ 8% IVE) por persoa e día.
Pensión completa en cuarto individual: 80 euros (+8% IVE) por persoa e día.
Pensión completa en cuarto triplo: 55 euros (+8% IVE) por persoa e día.
Inclúe un prato de marisco no xantar.
Enderezo: R/ Vigo s/n - 36960 Sanxenxo (Pontevedra)
Páxina web do Hotel Carlos I: www.carlosprimero.com
Pódense beneficiar desta oferta os xogadores de xadrez que efectúen a reserva hoteleira con data anterior ao 18 de xuño por teléfono, no número 606458177 (a reserva mínima é de 5 noites) ou por email, a roi@infonegocio.com
Nota: Os prezos non inclúen bebidas
Foreign Players should contact by e-mail with Roi Reinaldo roi@infonegocio.com


Web Oficial:

http://ajedrezcarlosprimero.tumblr.com/

 

TablaDeFlandes