X Torneo Cidade de Viveiro

Viveiro - Lugo

Casino de Viveiro. Avda. Ramón Canosa

31 de xullo e 1 de agosto de 2010 | Resultados

TORNEO DO XXIII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ

Informa: Federación Galega de Xadrez Web

En castellanoEn galego

Bases

1º. O torneo disputarase a 8 roldas polo sistema suízo os días 31 de xullo e 1 de agosto do 2010. O local de xogo será O Casino de Viveiro sito en Avda. Ramón Canosa.

2º. A duración das partidas será de 25 minutos por xogador.

3º. Establecerase un límite de 80 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición, a organización reservase o dereito de aumentar o número de prazas.

4º. O importe da inscrición será de 12 € para os maiores de 18 anos, e de 3 € para os menores de 18 anos. A inscrición será gratuita para os socios do Casino e para os xogadores con unha puntuación ELO superior os 2350 puntos.

A inscrición poderá formalizarse chamando aos Teléfnos.- 982 560 394 ou 608 414 485, ou directamente na Casa da Xuventude de Viveiro. Avda, Cervantes s/n, en horario de 16 a 22 horas de luns a venres. O prazo para inscribirse rematará o día 30 de xullo ás 20.00 horas.

A organización reservase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento e non incluír na 1ª rolda a xogadores inscritos fora de prazo ou que non abonaran a taxa de inscrición.

Poderase abonar os dereitos de inscrición en calquera das sucursais de CAIXANOVA no nº de conta : 2080 0187 01 0040006398.

No suposto de ter dificultades para abonar a inscrición, esta poderase facer efectiva ata unha hora antes do comezo do Torneo, nas instalacións do Casino de Viveiro , sempre que xa se estivera inscrito antes do 30 de Xullo

5º. O comezo do torneo será ás 15.45 horas do sábado dia 31 de xullo, de acordo co seguinte horario :

1ª rolda día 31 de Xullo ás 15:45 horas
2ª rolda día 31 de Xullo ás 17:00 horas
3ª rolda día 31 de Xullo ás 18:00 horas
4ª rolda día 31 de Xullo ás 19:00 horas
5ª rolda día 01 de Agosto ás 16:00 horas
6ª rolda día 01 de Agosto ás 17:00 horas
7ª rolda día 01 de Agosto ás 18:00 horas
8ª rolda día 01 de Agosto ás 19:00 horas
Entrega de premios o día 01 de Agosto de 2010 ás 20:30 horas

6º. Repartiranse premios por un valor de 2.000 Euros , distribuídos da seguinte forma :

1º Clasificado 450 € e Trofeo
2º Clasificado 300 € e Trofeo
3º Clasificado 200 € e Trofeo
4º Clasificado 100 €
5º Clasificado 90 €
6º Clasificado 80 €
7º Clasificado 70 €
8º Clasificado 60 €
9º Clasificado 50 €
10º Clasificado 50 €
11º Clasificado 50 €
12º Clasificado 50 €
13º Clasificado 50 €
14º Clasificado 50 €
15º Clasificado 50 €

Premios Participantes de A MARIÑA
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €

Premios Participantes SUB 18
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €

Premios Participantes SUB 12
1º Clasificado 30 € e Trofeo
2º Clasificado 20 € e Trofeo
3º Clasificado 10 € e Trofeo
4º ao 13 º Clasificado Medallas

Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía, ou mellor nivel.

7º. No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes e por esta orde :

Bucholz
Sonnenborg-Berger
Bucholz medio
Nº de vitorias
Resultado particular
Cor do enfrontamento entre ámbolos dous.
Sorteo

8º. A vixente lei do xadrez da FIDE, e as presentes bases, rexerán a marcha do torneo.

9º. O comité de apelación estará integrado por un representante da organización, e o equipo arbitral, os cales serán os encargados de resolver calquera incidente.

10º. A imcomparecencia a duas partidas consecutivas ou non, darán lugar á descalificación do torneo. A organización reservase o dereito de proceder así mesmo á retirada do torneo de xogadores ausentes na 1º rolda ou na 6ª rolda.

11º. Queda prohibido fumar no local de xogo.

12º. Cada participante virá provisto de D.N.I, e resgardo de pago de inscrición.

13º. A inscrición no X Torneo de Xadrez "Cidade de Viveiro" implica a aceptación das presentes bases


Organizan:

Logo
Club de Xadrez Viveiro

Patrocinan:

Logo
Excelentísimo Concello de Viveiro

Colaboran:

Casino de Viveiro

Grupo Futures