Galicia/Galiza
Galicia

III Torneo Internacional "Camilo José Cela"

Iria Flavia. Padrón. A Coruña

Fundación Cela. Santa María, 22. Iria Flavia - Padrón (A Coruña)
Fundación Cela. El que resiste gana
Informa: Fundación Camilo José Cela WEB

Xoves, 17 de maio de 2007 (Día das Letras Galegas)

En españolEn galego

 

O torneo de xadrez 'Camilo José Cela' conta novamente coa inestimable colaboración da Escola Municipal de Xadrez “Padrón” e a Federación Galega de Xadrez.

As partidas das primeiras mesas da categoría absoluta dispútanse en taboleiros dixitais, xestionados por un programa específico, e pódense seguir a través de internet. Esta edición conta coa presenza do árbitro internacional vasco Lukas Iruretagoiena.

A consulta das bases pódese facer nas webs www.fundacioncela.com , www.fegaxa.com , www.tabladeflandes.com e no teletexto de TVE

BASES:

DATA:
O III Torneo Internacional de Xadrez Escolar ‘Camilo José Cela’, terá lugar o vindeiro día 17 de maio de 2007
.

A presentación levarase a cabo ás 10:30 hrs.

O horario das distintas roldas será:
Mañá: 11:00, 12:00 e 13:00 hrs.
Tarde: 16:00, 17:00 e 18:00 hrs.

INSCRICIÓNS

Realizaranse enviando un correo electrónico a ajedrezcela@gmail.com cos datos persoais da xogador, centro escolar ou club de xadrez ao que pertence e categoría na que desexa inscribirse.

Teléfonos de consulta:
Fundación Camilo José Cela
Teléf. 981-812424

Antonio Espiñeira
Teléf. 981-811471 / 686-938024

Data límite: 15 de maio ás 14:00 hrs ou ata o momento en que se cubran as prazas preestablecidas.

 

MODALIDADE
O campionato será aberto e celebrarase por sistema suízo a 6 roldas, cun tempo de xogo de 25 minutos por xogador.

Se algunha categoría superase os 64 xogadores, disputaríanse 7 roldas de 20 minutos por xogador. A inscrición será gratuíta e haberá límite de prazas.

Cada participante recibirá un exemplar do libro de Camilo José Cela, "Pabellón de reposo".

LOCAL DE XOGO
Pavillón de cristal e salas da Fundación Camilo José Cela, con sede en Iria Flavia.

CATEGORIAS
Sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 (límite de 100 xogadores) e absoluta (límite de 60 xogadores).

PREMIOS (non acumulativos)

* Categorías sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16:
5 premios por categoría (primeiro neno, primeira nena, segundo, terceiro e cuarto)

*Categoría absoluta:
7 premios (250, 200, 175, 150, 100, 75, 50 €)

ENTREGA DE PREMIOS
Paraninfo da Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia ás 19:30 hrs.

Farase entrega dos distintos premios correspondentes a cada categoría dentro do III Torneo Internacional de Xadrez Escolar ‘Camilo José Cela', que servirá de presentación do II Circuíto de Xadrez Escolar ‘Galicia'.

Fundación Cela:

Camilo José Cela
Fundación Camilo José Cela
"El que resiste gana"

C/ Santa María, 22
15917 Iria Flavia - Padrón (A Coruña)
Tf.: 981 81 24 24 / Fax: 981 81 04 53

E-mail:
ajedrezcela@gmail.com

En Internet:
www.fundacioncela.com
www.bibliotecacela.com

2006:

VER INFO EN TABLADEFLANDES
(Con Fotos)

 

TablaDeFlandes