Galicia/Galiza
Galicia

VIII Torneo Xadrez Memorial Guillermo Domínguez

Santiago de Compostela - A Coruña

Librería Couceiro ―Praza de Cervantes, 6

Sábado 11 decembro de 2010

Informa: Club Xadrez Algalia. Santiago Web

Bases/Convocatoria:

Cartel

O xadrez compostelán lembra cada ano o noso compañeiro Guillermo Domínguez co Torneo que leva o seu nome. En 2010 acada a oitava edición, e rexerase polas seguintes bases: O torneo xogarase o sábado 11 de decembro, na Librería Couceiro ―Praza de Cervantes, 6. 15704 Santiago de Compostela―, e comezará ás 10:45 horas. As partidas terán unha duración de 15 minutos para cada participante. Haberá unha comida conxunta para o que o desexe e logo continuarase ás 4:30 da tarde. Xogarase polo sistema suízo a 7 roldas. As persoas que compitan poden facelo individualmente ou en relevos con cantas desexen; é dicir, para completar as 7 partidas, poden sucederse hasta 7 xogadores, que comunicarán a circunstancia no momento de dar o resultado. De acordo coa idea do enroque que tiña Guillermo, neste torneo está permitido desenrocar e, logo de facelo, enrocar para o lado contrario. No sistema de desempate terá prioridade o número de desenroques realizados. As inscricións individuais e as de relevos poden realizarse no correo electrónico arietnemra@yahoo.es, ou en xadrez.algalia@gmail.com ou no mesmo local de xogo o día do torneo a partir das 10:00 e ata as 10:40. Como nas edicións anteriores haberá unha serie de premios e/ou agasallos para os participantes.

 

Organiza:

Club de Xadrez Nemenzo

Colaboran:

Club de Xadrez Algalia

www.xadrezalgalia.net

www.xente.mundo-r.com/algalia

Universidade Santiago Compostela

 

TablaDeFlandes