I Torneo de Semirrápidas Cafetaría O Pasatempo

Arteixo - A Coruña

Cafetería O Pasatempo. Avd. de Caión, nº 5. Arteixo

Sábado 18 de setembro de 2010

Informa: Óscar de Prado Club de Xadrez Arteixo Blog

En castellanoEn galego

Final:

Foto
Alejandro Ferreiro (Alex). Campión

Este sábado celebrouse na cafetaría O Pasatempo de Arteixo o 1er torneo de semirrápidas ao final foron 8 valentes que se animaron a pasar unha tarde distendida de xadrez e xogaron unha liga a 7 roldas con partidas de 10 ´ +2" e repartíronse premios en función de 40% para o 1º,2º 30%, 3º 20% e ademais unhas botellas de augardente para o campión e de licor café para o 2º e 3º xentileza de Chupi (Jose o dono do Pasatempo).

No plano deportivo xa na 1 a rolda había unha partida que podería ser decisiva e é que Alex perdeu con brancas ante Pablo Sánchez que malia non ter Elo Fide é un forte xogador e para o meu era o que lle podía quitar o torneo a Alex, Pablo foi gañando as súas partidas e se presentou á última rolda con 6 de 6 seguido por Alex e por Dopico con 5 puntos, este perdera só contra Alex en partida moi loitada e que puido gañar calquera, pero quedaba a partida Pablo-Dopico unhas táboas valíanlle a Pablo para gañar pero Dopico gañou en boa partida e coa vitoria de Alex ante Xullo produciuse un triplo empate entre os 3(Pablo,Alex,Dopico) con 6 puntos e empatando nos 3 sistemas de desempate (sonen,resultado particular,nºvictorias) ante iso decidiron desempatar nunha liga a rápidas(5 minutos) a dobre vuelta(se ve que te ganas de xogar) nesa liguilla Alex foi claro vencedor con 3,5,2º Dopico 1,5 e 3º Pablo con 1 que se levaron os seus correspondentes premios, do resto mais ou menos o esperado menos Rafael Alonso que tivo mal torneo e do que se esperaba que loitase pola vitoria.

Foto
Adrián Dopico (Blancas) vs Alejandro Ferreiro (Negras). Desempate polo título

Esperemos que nos vindeiros torneos a participación aumente e gocemos dunha tarde de xadrez distendido vémonos no seguinte.

Clasificación (antes desempates por título):

Posto Nome               Feder Rtg Loc Ptos   Berg.  Minor Vict
1   Adrián Dopico,            1902      6   16.00   0.0-0.0 6
    Alejandro Ferreiro,       2119      6   16.00   0.0-0.0 6
    Pablo Sánchez,            1986      6   16.00   0.0-0.0 6
4   Julio Fariñas,            1551      3.5  5.75   0.0-0.0 3
5   Francisco Amado,          1847      3    3.50   0.0-0.0 3
6   Rafael Alonso,            2030      2    1.50   0.0-0.0 2
7   Jose Mª Dorado,           1693      1.5  1.75   0.0-0.0 1
8   Jose Louro,                         0    0.00   0.0-0.0 0

Óscar de Prado
http://dereito-pokerchess.blogspot.com/ (máis info e fotos)

Bases:

Este sábado día 18 disputarase o I Torneo de semirrápidas Cafetaría O Pasatempo que está en Arteixo na Av de Caión nº15.

Serán 6 roldas con partidas a 10 ´ +3" por xogador.

O aforamento é limitado por iso prégase inscribirse o antes posible ata pechar a cota (20-25).

Para apuntarse contactarme ao teléfono 617 234 393, correo electrónico: dereito@telefonica.net ou en facebook

Inscrición: 6 euros

Premios: do total das inscricións

1º 40% + obsequio
2º 30%
3º 20%

Anímovos a pasar unha tarde agradable e a xogar unhas partidas distendidas na cafetaría O Pasatempo en Arteixo.

Óscar de Prado
http://dereito-pokerchess.blogspot.com/


Máis Información:

http://dereito-pokerchess.blogspot.com/