XI Torneo Festas do Carme e a Fraga

As Pontes - A Coruña

Locais LAR Endesa. No Poboado das Veigas (a carón do campo de fútbol). As Pontes

Domingo 11 de xullo de 2010

Informa: Jesús Caaveiro
Club de Xadrez As Pontes

En castellanoEn galego

 

Foto

Sistema/Data: O torneo disputarase polo sistema suízo a 7 roldas o día 11 de Xullo de 2010.

Local: O local de xogo será nos locales do L.A.R. Endesa situado no Poboado das Veigas (a carón do campo de fútbol)

Ritmo: O ritmo de xogo será de 25 minutos por xogador, a finish.

Establecerase un límite de 70 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición.

Inscrición

A inscrición será de 5 €, e poderá facerse nos números de teléfono:

654 166 777 (Chucho), 654 166 815 (Javier), 629 266 005 (Zokis).

O prazo para inscribirse, rematará o día 9 de Xullo ás 10 da noite.

O pagamento da inscrición farase ao comezo do torneo e será imprescindible para ser emparellado na 2ª rolda.

O calendario do torneo será:

Día 11 de Xullo ás 10.30 horas         Presentación.
Día 11 de Xullo ás 11.00 horas         1ª Rolda
Día 11 de Xullo ás 12.00 horas         2ª Rolda
Día 11 de Xullo ás 13.00 horas         3ª Rolda
Día 11 de Xullo ás 16.30 horas         4ª Rolda
Día 11 de Xullo ás 17.30 horas         5ª Rolda
Día 11 de Xullo ás 18.30 horas         6ª Rolda
Día 11 de Xullo ás 19.30 horas         7ª Rolda
Entrega de premios día 11 de Xullo ás 21.00 horas.

Premios:

1º Clasificado: 200 € e trofeo
2º Clasificado: 100 € e trofeo
3º Clasificado: 50  € e trofeo

1º Clasificado sen ELO FIDE: 50 €
2º Clasificado sen ELO FIDE: 30 €
3º Clasificado sen ELO FIDE: 20 €

1º Clasificado sen ELO (FIDE e  FEDA): 50 €
2º Clasificado sen ELO (FIDE e  FEDA): 30 €
3º Clasificado sen ELO (FIDE e  FEDA): 20 €                

Tamén haberá trofeos para os dous primeiros  clasificados de cada  unha das categorías (xuvenil, cadete, e infantil) así como para o pontés e a pontesa mellor clasificados.

Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía.

Desempates: No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes, e por esta orde:

Bucholz medio
Progresivo
Bucholz
Nº de victorias
Resultado particular
Color del enfrentamiento entre los dos

Será eliminado o xogador que imcompareza a unha rolda, así mesmo a organización resérvase o dereito de eliminar a todos os xogadores que non comparezan ao comezo da 1ª rolda.

O torneo farase co programa Swiss Perfect 98.

Arbitrará un membro do Club Xadrez As Pontes.

As decisiós do árbitro serán inapelables     

Tentaremos de habilitar un local onde se poida fumar e analizar as partidas, non permitíndose facelo na sala de xogo.

O non previsto nestas bases rexerase polo regulamento en vigor da FIDE.

A participación no torneo supón a aceptación das bases.


Organización:

Club de Xadrez As Pontes
Club Xadrez As Pontes

Colabora:

As Pontes

Concello de As Pontes