Galicia/Galiza
Galicia

XIX Torneo de Nadal Betanzos

Betanzos - A Coruña

Edificio do antigo Liceo (a carón da Praza Principal)

Domingo 26 de decembro ás 10.00

Informa: Óscar de Prado Poker y Ajedrez Web

En castellanoEn galego

Final:

Este domingo disputouse un novo Torneo de Nadal organizado polo Club Xadrez Betanzos nas instalacións do edificio do Antigo Liceo de 10 a 14 horas e en total achegáronse 35 xogadores de Ferrol, Coruña, Arteixo, Cambre e do propio Betanzos para repartirse os trofeos en categoría absoluta e sub 12, este torneo completa a oferta xadrecística en Betanzos xunto ao torneo San Roque do verán impulsado polo club de xadrez (na persoa do seu presidente Julian del Río) e o Concello de Betanzos no seu intento de volver popularizar o xadrez nesta zona onde o xadrez foi moi popular hai anos e boa proba diso era o forte torneo de semirrápidas que se disputaba.

Foron 7 roldas con partidas a 10 minutos finish e resultou vencedor Santiago Aguiar (xoga en Narón pero coma se fose da zona) tras superar por desempate a José A. Castrillón (Arteixo, que está agora case retirado e sen dúbida é un bo resultado para el a ver se se anima a xogar máis) os dous con 6 puntos, 3º foi Oscar García Ramos por mellor desempate que o favorito por elo Javier Mazaira 4º ambos os dous con 5,5 puntos, en categoría sub 12 1º foi Diego Bugliot con 4 puntos(13º) e 2º Angelo Cassar con 3,5(20º), outro xogador destacado de poker (sobre todo) e xadrez é Xabier Rodríguez 11º con 4 puntos

MF Óscar de Prado
Poker y Ajedrez
http://pokeryajedrez.com

Clasificación Final:

Clasificación

Bases:

Data:  26 de decembro ás 10:00.

Lugar: Edificio do Antigo Liceo (a carón da praza principal)

Ritmo:  7 roldas con partidas a 10 minutos finish.

Trofeos:  para a categoría Absoluta e Sub12.

Inscricións: de balde ata o día 25 de decembro no teléfono 647 852 201 ou xadrezbetanzos@gmail.com, prazas limitadas segundo orde de inscrición.

Máis información e bases enhttp://xadrezbetanzos.blogspot.com/


Organiza:

Logo
Club de Xadrez Betanzos

Colaboran:

Foto
Concello de Betanzos

Máis Información:

Xadrez Betanzos
http://xadrezbetanzos.blogspot.com/

Poker y Ajedrez
http://pokeryajedrez.com

 

 

TablaDeFlandes