VI Torneo Concello de Carral

Carral - A Coruña

Pavillón Municipal de "O Espiño"

Sábado 29 de agosto de 2009. Ás 16:00 h | Resultados

TORNEO DO CIRCUÍTO COMARCAL AS MARIÑAS

Informa: Óscar de Prado
Club de Xadrez Arteixo

En españolEn galego

 

CartelO VI TORNEO CONCELLO DE XADREZ DE CARRAL disputarase o sábado 29 de Agosto no Pavillón Municipal de "O Espiño" entre as 16.00 h e as 21.00 h.

A competición disputarase por sistema suízo a 7 roldas e partidas de 15 minutos.

O emparellamento realizarase por sistema informático, non habendo reclamación posible contra el.

Será o árbitro quen decida a colocación dos reloxos.

No caso de empate, empregaranse os seguintes criterios Bucholz Brasileiro, Bucholz Total, Progresivo.

Aqueles xogadores obrigados ao pagamento da inscrición deberán efectualo antes de comezar a xogar. No caso contrario serán eliminados do torneo.

A organización resérvase o dereito de eliminar a todo aquel xogador que non se presente a algunha das roldas.

Este torneo municipal enfráscase dentro do I CIRCUÍTO COMARCAL DE XADREZ "ÁS MARIÑAS" sendo puntuable para este.

Todo o non recollido nestas bases, rexerase polas normas e regulamentos da Federación Internacional de Xadrez.

Inscrición

A inscrición e participación neste torneo supón a aceptación destas bases na súa totalidade.

Inscrición:
Xeral: 3 €
Xogadores Locais e menores de 16 anos: gratis

As inscricións pódense efectuar das seguintes formas:
Presencialmente: na Casa de Cultura de Carral (R/ Paleo, n.º 17)
Telefónicamente: nos teléfonos 981.67.25.80 e 609.788.953
Por correo electrónico: deportes@concellocarral.com

No momento da inscrición será preciso indicar o nome completo, a idade un teléfono de contacto e o ELO se procede.

Ata o día 28 de agosto.

Premios e Categorías:

Categoría Absoluta: 
1º Trofeo 
2º Trofeo 
3º Trofeo

Categoría Sub-16: 
1º Trofeo 
2º Trofeo 
3º Trofeo

Categoría Sub-14: 
1º Trofeo 
2º Trofeo 
3º Trofeo

Categoría Sub-12: 
1º Trofeo 
2º Trofeo 
3º Trofeo

Categoría Sub-10: 
1º Trofeo 
2º Trofeo 
3º Trofeo

Categoría Local: 
1º Trofeo  


Organiza:

Logo

Concello de Carral