VI Torneo Concello de Carral
Pavillón Municipal de "O Espiño"
Sábado 29 de agosto de 2009. Ás 16:00 h | Resultados
TORNEO DO CIRCUÍTO COMARCAL AS MARIÑAS
Informa: Óscar de Prado
Club de Xadrez Arteixo
O VI TORNEO CONCELLO DE XADREZ DE CARRAL disputarase o sábado 29 de Agosto no Pavillón Municipal de "O Espiño" entre as 16.00 h e as 21.00 h.
A competición disputarase por sistema suízo a 7 roldas e partidas de 15 minutos.
O emparellamento realizarase por sistema informático, non habendo reclamación posible contra el.
Será o árbitro quen decida a colocación dos reloxos.
No caso de empate, empregaranse os seguintes criterios Bucholz Brasileiro, Bucholz Total, Progresivo.
Aqueles xogadores obrigados ao pagamento da inscrición deberán efectualo antes de comezar a xogar. No caso contrario serán eliminados do torneo.
A organización resérvase o dereito de eliminar a todo aquel xogador que non se presente a algunha das roldas.
Este torneo municipal enfráscase dentro do I CIRCUÍTO COMARCAL DE XADREZ "ÁS MARIÑAS" sendo puntuable para este.
Todo o non recollido nestas bases, rexerase polas normas e regulamentos da Federación Internacional de Xadrez.
Inscrición
A inscrición e participación neste torneo supón a aceptación destas bases na súa totalidade.
Inscrición:
Xeral: 3 €
Xogadores Locais e menores de 16 anos: gratisAs inscricións pódense efectuar das seguintes formas:
Presencialmente: na Casa de Cultura de Carral (R/ Paleo, n.º 17)
Telefónicamente: nos teléfonos 981.67.25.80 e 609.788.953
Por correo electrónico: deportes@concellocarral.comNo momento da inscrición será preciso indicar o nome completo, a idade un teléfono de contacto e o ELO se procede.
Ata o día 28 de agosto.
Premios e Categorías:
Categoría Absoluta:
1º Trofeo
2º Trofeo
3º TrofeoCategoría Sub-16:
1º Trofeo
2º Trofeo
3º TrofeoCategoría Sub-14:
1º Trofeo
2º Trofeo
3º TrofeoCategoría Sub-12:
1º Trofeo
2º Trofeo
3º TrofeoCategoría Sub-10:
1º Trofeo
2º Trofeo
3º TrofeoCategoría Local:
1º Trofeo
Organiza:
Concello de Carral