Torneo de Semirrápidas Club Ludo

A Coruña

Sporting Club - Casino na Rúa Real

27 e 28 de decembro de 2008

Informa: Federación Galega Xadrez WEB

En españolEn galego

Final:

Walter López gañou o Torneo de Nadal do Club Ludo

Foto
Walter López gañador

O ferrolán Walter López gañou a primeira edición do Torneo de Nadal do Club Ludo totalizando cinco dos seis puntos posibles.

En segundo lugar quedou Alex Ferreiro, de Arteixo e recentemente proclamado campión de A Coruña.

O terceiro posto foi para Luis Carril, seguido de Santiago Domínguez, que gañou ademais, grazas ao seu cuarto posto, o premio ao mellor clasificado de AGAX.

Nas seguintes posicións quedaron Adrián Dopico, mellor xuvenil da proba e José Ramón Gómez.

Luis Carlos Martínez no posto undécimo foi o mellor xogador do Sporting Club - Casino, onde tivo lugar o torneo.

Foto

BASES

SISTEMA DE XOGO: SUÍZO de 6 roldas cun ritmo de xogo de 30 minutos "finish" por xogador.

O LUGAR DE XOGO será o Sporting Club - Casino na Rúa Real.

AS PARTIDAS COMEZARÁN o Sábado 27 de decembro ás 17:30 horas. O Acto de presentación de xogadores terá lugar ás 17:00 horas no Salón de xogo.

A sesión da mañá do día 28 comezará ás 12,00 horas e a da tarde ás 17,30 horas. Xóganse dúas partidas en cada sesión.

REGULAMENTOS DE XOGO: Aplicaranse as leis do Xadrez da FIDE e as Regras do Xadrez Activo ou Rápido, válido para partidas de entre 15 e 60 minutos.

O EMPARELLAMENTO farase informáticamente. Non se admitirán reclamacións salvo por entrada errónea de datos, de parámetros, ou por violación ostensible aos principios esenciais do sistema suízo. Tras unha incomparecencia o xogador non será emparellado a partir deste momento, salvo que solicite persoalmente a súa continuación no Torneo.

Contan as cores oficialmente asignadas, aínda que os xogadores xogasen por erro coas cores opostas. Os erros sobre puntuacións deben reclamarse antes do emparellamento seguinte; no caso contrario, pode ser rexeitada unha reclamación sobre puntuacións nas dúas últimas roldas.

OS DESEMPATES resolveranse por algún dos sistemas bucholz ou progresivo. (a orde sortearase despois da última rolda).

AS DECISIÓNS DO ARBITRO PRINCIPAL sobre a aplicación das regras de xogo serán inapelables.

INSCRICIÓN

- Ata 64 xogadores máximo. Data límite: 27 de decembro pola mañá ou cando se cubra o máximo de xogadores.

Formalizarase a inscrición no correo actividades@deporcultura.com ou ben no teléfono 608 08 47 05

A cota de inscrición é:
- Xeneral: 15 €
- Xuvenís: 10 €
- Socios de AGAX: 10 €
- Socios do Sporting Club - Casino:10 €

- Titulados e ELO FIDE +2300: De Balde.

En caso de non se cubrir elmáximo poderán admitirse inscricións tardías.

RECORDOS A PARTICIPANTES: Todos os participantes recibirán un libro e outros pequenos regalos pola súa participación no Torneo.

PREMIOS:

1º. Trofeo e 250 €
2º. Trofeo e 200 €
3º. Trofeo e 150 €
4º. 100 €
5º. 50 €
6º ao 10º: 25 €

Especiais
1º Juvenil: 25 €
1º Socio de Agax: 25 €
1º Sen ELO: 25 €
1º Socio do Sporting Club: 25 €

Sorteo entre os participantes que xogaran todas as partidas: 25 €

OS PREMIOS EN METÁLICO son acumulables. O xogador debe aceptar o premio mediante a súa recepción, por si ou por medio dun representante no acto de clausura, debendo asinar o recibo correspondente; no caso contrario perderá o dereito ao premio.

A CLAUSURA Y ENTREGA DE PREMIOS terá lugar ao termo da última rolda ás 20,00 horas.


Organiza:

Club Ludo

Brigantium/AGAX/Palaestra
http://www.agax.org/