Galicia/Galiza
Galicia

II Match AJP vs AGAX

A Coruña

En Oporto, os días 14 e 15 de xullo de 2007 (fin de semán)

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

[17-07-2007]

Final:

O pasado fin de semana tivo lugar en Porto a segunda edición do match de xadrez que enfronta a xogadores do entorno de Porto e A Coruña.

Esta proba creada pola Asociación Galega de Axedrecistas e a Asociación Xadrez do Porto, enfronta a 20 xogadores mozos.

No primeiro match, que foi celebrado na Coruña o pasado outono, o vencedor fora o equipo de Porto por 12 - 8. Nesta segunda ocasión os galegos lograron impoñerse por 13-7, grazas fundamentalmente á actuación dos universitarios e sub 14 que lograron amplas victorias nos seus segmentos de idade.

Ademais do Match celebrado no Parque Nascente de Porto, durante o fin de semana disputaronse dous torneos aproveitando a ocasión; o "Torneo Amizade Porto-Coruña" que foi gañado polo actual campión universitario coruñés Antonio Pazos (xogador do Círculo Ferrolano) e o Torneo para Mozos que foi gañado polo tamén universitario coruñés Walter López (tamén xogador do Círculo Ferrolano).

Tanto a parte portuguesa como a galega aseguraron a continuidade da proba e o reforzamento dos lazos entre as dúas asociacións.

Pódese solicitar máis info neste correo ou no teléfono 608 08 47 05

Asemade están publicadas as novas no web da AXP en www.axp.pt

 

Ligazón directa a Clasificación e resultados: http://www.axp.pt/

 

VER NOTA ANTERIOR RELACIONADA

Informa/Máis Información: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX. A Coruña
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes