Galicia/Galiza
Galicia

Campionato Provincial/Día da Ciencia/Campionato Universitario España
A Coruña

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

Breves:

[05-05-2007]

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ

O pasado sábado celebrouse na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés da Coruña a final provincial do Campionato Escolar Infantil de Xadrez. Durante varias horas os catro equipos participantes, clasificados nas previas comarcais, loitaron pola súa presenza na final galega. O Club Deportivo Universitario de Santiago saeu vencedor desta proba, na que o segundo lugar foi para o Alexandre Bóveda coruñés, seguidos de O Marquiño da Proba do Caramiñal e do Circulo Ferrolán. Despois da rolda da mañán e do xantar os participantes tiveron ocasión de realizar unha simultánea co mestre internacional Wilson Palencia, antes de reanudar a competición.

DIA DA CIENCIA NA RUA

Tamén o sábado o parque de Santa Margarida acolleu o XII Día da Ciencia na Rúa, na que, como sempre, houbo presencia de actividades xadrecísticas. Florencio González e José Manuel Andión gañaron o Torneo de Pasapezas e pola súa parte Santiago Domínguez impoñíase no torneo de partidas rápidas, seguido por Daniel Codesido. A actuación que máis atención provocou foron as partidas á cega (sen ver o taboleiro) que o anteriormente nomeado Wilson Palencia realizou contra seis xogadores de xeito simultáneo.

A UNIVERSIDADE DA CORUÑA OCUPA PROVISIONALMENTE A PRIMEIRA PRAZA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Nos 17 anos de participación desta Universidade, ista é a primeira vez que o seu equipo representativo lidera, ainda que sexa provisionalmente, a clasificación do Campionato de España Universitario. Celebradas dúas roldas o equipo coruñés encabeza a táboa provisional. Representando á Universidade coruñesa desplazaronse a Murcia os xogadores Antonio Pazos, Walter López, Xoel Pérez, Jacobo Borja e Brenda Siso, acompañados polo profesor Luis Carlos Martínez.

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX. A Coruña
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes