Galicia/Galiza
Galicia

Liga de Primavera de Xadrez

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

Bases de competición

[16-05-2007]

LIGA DE PRIMAVERA DE XADREZ

Un ano mais e organizada pola Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia, celebrase a Liga de Primavera de Xadrez que conta novamente co apoio de El Corte Inglés de A Coruña, onde se celebrará o vindeiro sábado.

A competición é por equipos compostos de tres xogadores, sexan federados ou non, que ademais poden contar con suplentes se non desexan xogar tódalas roldas. As partidas xogaranse a un ritmo de 20 minutos por xogador.

Sobre as competicións habituais, varia que se valorará o resultado do enfrontamento de xeito global e non por taboleiros. De xeito que se un equipo gaña se lle concederá 1 punto, se empata medio e se perde se lle darán cero puntos.

O desempate tamén é un pouco diferente ó normal, xa que será a suma dos tres mellores resultados dos xogadores do equipo no Torneo de Primavera realizado a semana pasada e do que dábamos conta antes.

Segundo o número de inscritos o sistema de competición escollido será unha Liga ou ben un suizo por equipos.

As roldas de xogo serán nos seguintes horarios: 17,00 - 17,45 - 18,30 - 19,15 - 20,00

O Torneo terá como premio trofeos para os tres primeiros clasificados e 50 euros en tarxeta regalo de El Corte Inglés para o equipo clasificado en primeira posición.

A entrega dos trofeos terá lugar o sábado 19 ás 20,45 (ó remate da última rolda).

Os interesados poden apuntarse en correo@agax.org ou chamar ó 608084705.

 

[11-05-2007]

A Liga de Primavera de Xadrez é unha competición promovida pola Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (federación de entidades deámbito galego).

BASES DA LIGA DE PRIMAVERA 2007.

1) A competición será por equipos compostos de tres xogadores máis suplentes. A un ritmo de 20 minutos por xogador.

2) Valorarase o resultado do enfrontamento de xeito global e non por taboleiros. De xeito que se un equipo gaña se lle concederá 1 punto, se empata medio e se perde se lle darán cero puntos.

3) O desempate será a suma dos tres mellores resultados dos xogadores do equipo nun torneo previo de partidas rápidas.

4) Segundo o número de inscritos o sistema de competición escollido será unha Liga (se hai seis ou menos equipos inscritos nunha categoría) ou ben un suizo por equipos.

5) As roldas e xornadas de xogo serán as seguintes:

Sábado 12 de maio: Torneo Previo de Rápidas (ás 17,30 - 17,45 - 18,00 - 18,15 - 18,30 - 18,45)
Sábado 19 de maio: Torneo por equipos (ás 17,00 - 17,45 - 18,30 - 19,15 - 20,00)

6) Premios e inscripcións.

No Torneo individual establécese unha cota de 1 euro por xogador (0,5 socios de AGAX). No Torneo por equipos non se cobrará cota ningunha.

O Torneo individual terá como premio para o primeiro clasificado un trofeo e a suma das inscripcións en Tarxeta Regalo de El Corte Inglés.

O Torneo por equipos terá tres trofeos para os tres primeiros clasificados e 50 euros en traxeta regalo para o equipo clasificado en primeira posición.

7) A entrega dos trofeos terá lugar o sábado 19 ás 20,45 (ó remate da última rolda).

Organiza: Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia.
Patrocina: El Corte Inglés

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX. A Coruña
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes