Galicia
Campionato Intercomarcal Benxamín de A Coruña
Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB
Nota de Prensa:
[16-05-2007]
O 19 de maio de 2007 terá lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de
Elviña I, en A Coruña, o Campionato Intercomarcal de Xadrez Benxamín da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte
de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.
Participarán os equipos que se clasificaron nas fases previas da
categoría Benxamín masculina/mixta (nados nos anos 1997/98/99), segundo se
especifica a continuación:
CEIP María Barbeito "A" (A Coruña) A Coruña
CEIP María Barbeito "B" (A Coruña) A Coruña
CEIP O Graxal (Cambre) As Mariñas
CEIP A Rabadeira (Oleiros) As Mariñas
Cada equipo estará composto por 4 xogadores/as, podendo contar cun xogador/a
reserva.
O Campionato Intercomarcal Benxamín de Xadrez disputarase polo sistema de
eliminatorias. Cada encontro constará de 4 partidas. A orde de forza de cada
equipo non poderá variarse no transcurso do torneo. O ritmo de xogo será de
45 minutos por xogador a finish.
O sistema de desempate consistirá en multiplicar o resultado do primeiro
taboleiro por catro, o do segundo por tres, o do terceiro por dous e o do
cuarto por un, sumándose ao final os catro taboleiros. No suposto de
persistir o empate, contará o resultado do primeiro taboleiro. Se tampouco
se resolve a igualdade, o equipo que xogase con negras no primeiro taboleiro
será o vencedor.
Os encontros terán lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña
I, Avda. De Glasgow, nº 11 en A Coruña, en xornada de mañá, comezando a
competición ás 10:30 horas.
10:30 Semifinal 1: CEIP María Barbeito "A"- CEIP A Rabadeira
10:30 Semifinal 2: CEIP O Graxal - CEIP María Barbeito "B"
12:00 3ª e 4ª posto: Perdedores Semifinal 1 e Semifinal 2
12:00 Final: Gañadores Semifinal 1 e Semifinal 2
Clasificarase para o Campionato Provincial Benxamín o equipo campión.
Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX/Palaestra
A Coruña