Torneos Beltaine e Torneo de Primavera

A Coruña

30 de abril e 2 de maio de 2009 Bases

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

En españolEn galego

Final:

Foto

O pasado xoves a sección de xadrez da Universidade e o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) organizaron o Torneo Beltaine - XV Aniversario do CIDU, proba na que resultou gañador Francisco Leal, por diante de Luis Carlos Martínez. Este torneo foi xogado a cinco minutos por xogador no Centro Universitario de Riazor. 

O sábado El Corte Inglés acollía a proba individual do seu Torneo de Primavera, que terá continuidade o día 16 coa celebración da modalidade por equipos. Nesta ocasión o gañador foi o ferrolán Adolfo de la Peña, seguido de Luis Carlos Martínez (que como xa queda dito obtivera a mesma posición no anterior torneo). Neste caso houbo empate a puntos, impoñéndose Adolfo de la Peña no segundo desempate. 

Tamén empataron a puntos o terceiro e o cuarto clasificado, gañando nesta ocasión Diego García-Muñoz sobre Fran Pedreira, que foi o mellor sub16 e que no 2008 fora o vencedor desta proba. 

Merece destacarse o oitavo posto acadado por Ayrton Sardina, campión coruñés sub12. 

Foto

10 primeiros clasificados

1 Adolfo de la Peña    4.5 -  9.0 - 16.0
2 Luis Carlos Martínez 4.5 -  9.0 - 13.5
3 Diego García-Muñoz   3   - 10.0 - 16.5
4 Fran Pedreira        3   -  9.5 - 15.0
5 Emilio Sánchez       3   -  8.5 - 13.5
6 Gonzalo Saavedra     3   -  7.0 - 12.5
7 Paco Leal            3   -  6.5 - 11.0
8 Ayrton Sardina       2.5 -  8.0 - 13.5
9 Ernesto Perez        2.5 -  8.0 - 12.0
10 Santiago Dominguez  2   -  7.0 - 11.0

Brigantium-Palaestra-AGAX


Organizan:

www.xadrezuniversitario.org

www.palaestra.net