Galicia/Galiza
Galicia

Actividades de Xadrez

A Coruña

abril 2010

Informa: Asociación Galega Axedrecistas. AGAX WEB

Nota Medios:

XOGANDO CO XADREZ, actividade organizada pola Asociación Galega de Xadrecistas ten neste fin de semana unha serie de probas e a entrega de diferentes trofeos de actividades dos últimos días.

VENRES 23 DE ABRIL 

- Concurso de Problemas

O 23 de abril, faremos un concurso de problemas. Será ás 19,30 en El Corte Inglés. Sala de Ámbito Cultural.

Os participantes deberán contestar unha serie de problemas propostos pola organización. Gañará o que mais problemas resolva e en caso de empate o que entregara antes. Haberá tres categorías: sub14, sub18 e absoluta. Cada un dos gañadores recibirá un trofeo o día 24 na entrega xeral de Xogando co Xadrez

- Campionato de Xadrez en Progresión

Tal como fixéramos o ano pasado por estas datas, outra proba de xadrez lúdico e o Xadrez en Progresión.
Nesta variante o peon unha vez que adianta ata a quinta fila vai modificando os seus movementos segundo avanza (ou retrocede!). Ás 20,30 horas en El Corte Inglés o día 23 de abril empezará esta proba tras unha explicación breve para aqueles que non xogaran antes. Seráun sistema suizo a cinco minutos, polo que rematará o torneo ás 21,30.
Haberá un trofeo para o primeiro clasificado.

SABADO 24 DE ABRIL

- Fase Final de Xogando co Xadrez

O día 24 de abril de 2010 realizaremos a fase final de Xogando co Xadrez.
Será unha serie de torneos disputados a 5 minutos por xogador, no que irán saíndo os diferentes campións.

É unha proba aberta a calquera alumno de 3º a 6º de primaria.

Horarios:

11,00. Torneo para os xogadores de terceiro de primaria.
12,00. Torneo para os xogadores de cuarto de primaria.
13,00. Torneo para os xogadores de quinto de primaria.
16,00. Torneo para os xogadores de sexto de primaria.
17,00. Torneo para determinar os mellores de cada colexio.
18,30. Torneo final para determinar o Campión de Xogando co Xadrez 2010
20,00. Entrega de Trofeos.

Todas as probas se realizarán en El Corte Inglés.
Haberá trofeos para os mellores de cada categoría.
As inscricpcións poden facerse no correo de AGAX (correo@agax.org) ou ben no teléfono 608 08 47 05

Aqueles xogadores participantes que non estean federados, serán federados de balde en algun dos clubes colaboradores de AGAX 

Tras a entrega de trofeos realizarase o sorteo dunha Consola Nintendo DS, cedida por El Corte Inglés, entre aqueles participantes nados en 1998 ou con posteridade, que participaran en algunha das probas que forman parte desta fase final de Xogando co Xadrez 2009-2010. De feito cada xogador terá tantas papeletas como participacións teña nas diferentes actividades.

Ademais desta Consola sortearemos diversos agasallos de Coca Cola cedidos por Begano, S. A. (aqui non existirá limite de idade).

Os participantes recibirán un pin da Asociación Galega de Axedrecistas por ter participado.

Para poder gañar algún destes premios será obrigatorio estar presente na sala de El Corte Inglés as 20,00 horas do día 24 de abril.

RESULTADOS DE PROBAS XA REALIZADAS

- Sigrás, campión da Liga AGAX 2010

O equipo de Sigrás logrou o triunfo na Liga AGAX de 2010. A competición levaba anos sen celebrarse tras alongarse a Liga Galega, pero nesta ocasión a curta liga de terceira permite retomala. Empatados a puntos remataron o equipo do CIDU, que perdeu polo sistema de desempate.

- Ayrton Sardina e Florencio González campións galegos de pasapezas

A parella formada por Ayrton Sardina e Florencio González foi a gañadora do Campionato Galego de Pasapezas que se disputou o pasado sábado día 10.
Membros dos clubes CIDU, Sigrás e Regatas Perillo foron os participantes neste evento.

Máis Información:

En www.agax.org ou en www.xogandocoxadrez.eu

 

TablaDeFlandes