Galicia/Galiza
Galicia

Copa Galicia de Xadrez

A Coruña

5 de xuño 2010

Informa: Asociación Galega Axedrecistas. AGAX WEB

Nota Medios:

O equipo de xadrez da Universidade de Vigo conseguiu o triunfo na fase final da Copa Galicia que se desenvolveu no Hipercor de Santiago este pasado sábado.

O éxito da Universidade de Vigo estivo acompañado polo sexto posto acadado polo equipo da mesma Universidade, pero representante do Campus de Ourense.

Os dezaseis equipos clasificados nas fases previas de cada provincia disputaron o torneo por sistema de Copa.

 Á final chegaron a Universidade de Vigo e o Círculo Ferrolán de Xadrez.

 Polo terceiro posto competiron o Liceo de Ourense e o Alexandre Bóveda da Coruña, con triunfo dos primeiros.

 A clasificación final foi como segue:

  1º. Universidade de Vigo
  2º. Círculo Ferrolano
  3º. Liceo de Ourense
  4º. Alexandre Bóveda da Coruña
  5º. Círculo de las Artes de Lugo
  6º. Universidade Ourense
  7º. Karpov de Pontevedra
  8º. Arteixo
  9º. Recatelo de Lugo
10º. Algalia de Santiago
11º. Chantada
12º. Recatelo B de Lugo
13º. Rianxo
14º. Bueu
15º. Vila de Bouzas
16º. Xaquedrum de Lugo

 O desenvolvemento íntegro da proba pode verse en www.hiperludico.com

 

 

O Centro Comercial Compostela en Santiago acollerá MAÑAN 5 DE XUÑO a fase final da Copa Galicia de Xadrez.

É a primeira vez que se celebra esta proba para equipos, e o gañador terá ocasión de ser considerado oficialmente como o mellor club galego de semirrápidas.

Un total de dezaseis equipos chegan a esta fase final, tras as fases previsas celebradas nas catro provincias. As partidas teñen unha duración máxima de 50 minutos, con 25 minutos para cada xogador.

Dende as 16,00 na Sala de Ámbito Cultural do Hipercor de Santiago os equipos clasificados xogarán na mesma tarde os oitavos, cartos, semifinais e final deste torneo, estando prevista a entrega de premios ás 20,00.

Os 16 equipos que se clasificaron foron os seguintes:

Circulo de las Artes A de Lugo
Circulo Ferrolano
Universidade de Vigo
Universitario de Ourense
Recatelo Open Pool A de Lugo
Alexandre Boveda de A Coruña
Club Karpov de Pontevedra
Liceo Academia Postal de Ourense  
Circulo Xadrez Chantada
Xadrez Arteixo
Recatelo Open Pool B de Lugo
Algalia de Santiago
ELX Xaquedrum A de Lugo
Xadrez Rianxo
C.X. Bueu
Villa de Bouzas

Máis Información:

En www.agax.org ou en www.xogandocoxadrez.eu

 

TablaDeFlandes