Galicia/Galiza
Galicia

Xadrez no Nadal
Asociación Galega de Axedrecístas

A Coruña

Decembro de 2010

Informa: Asociación Galega Axedrecistas. AGAX WEB

Nota Prensa:

A Asociación Galega de Axedrecistas coordina unha serie de actividades de xadrez nestes últimos días de 2010.

Para esta ocasión do programa "Xadrez no Nadal" agardamos contar con quince xogadores da cidade de Oporto.

TORNEO DE NADAL DE XADREZ DE PARTIDAS SEMIRRÁPIDAS
28 E 29 DE NADAL DE 2010

SUIZO de 6 roldas cun ritmo de xogo de 25 minutos “finish” por xogador.
O LUGAR DE XOGO será o Sporting Club - Casino na Rúa Real.
As PARTIDAS se celebrarán ás 17,00; 18,00 e 19,00 horas os dous días.
INSCRICIÓN.- Ata 64 xogadores. Data límite: 28 de decembro ata ás 14,00 horas ou cando se cubra o máximo de xogadores.
Se formalizará a inscrición no correo actividades@deporcultura.com ou ben no teléfono 608 08 47 05
A cota de inscrición é de cinco euros.

PREMIOS: 1º.- Trofeo e 60 € - 2º.- Trofeo e 40 € - 3º.- Trofeo e 20 €

TORNEO DE RAPIDAS DO CIDU
Día 28 de nadal ás 20,00 no Sporting Club.
Partidas a 5 minutos. Cota de 1 euro por xogador.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.

MATCH CORUÑA – PORTO
Día 29 de nadal ás 11,00 no Sporting Club.

TORNEO NOCTURNO DO CIDU
Día 29 de nadal ás 22,00 en Pontedeume
Hotel EUMESA.
Partidas a 10 minutos. Clausura en torno ás 0,30 horas.
Trofeos para os tres primeiros.
Premio de 40 euros para o campión e 20 para o subcampión.

Cota de participación: 2 euros
Participación e cea anterior ás 21,30 no Hotel: 10 euros.


TORNEO DE NADAL DE XADREZ DE PARTIDAS RÁPIDAS
30 NADAL DE 2010
SUIZO de 5 roldas cun ritmo de xogo de 5 minutos “finish” por xogador.
O LUGAR DE XOGO: Sporting Club - Casino.
As PARTIDAS COMEZARÁN ás 17:00 horas.
A cota de inscrición é DE UN euro.
PREMIOS: 1º.- Trofeo e 20 € - 2º.- Trofeo € - 3º.- Trofeo €

Máis Información:

En www.agax.org ou en www.xogandocoxadrez.eu

 

TablaDeFlandes