Torneo por equipos
Homenaxe a Luis Camarero

A Coruña

Sala de Xadrez Círculo de Artesanos, rúa San Andrés, 36. A Coruña

Sábado 6 de novembro de 2010 Fotos (Facebook)

Informa: Alfonso Camarero e MF Óscar de Prado Web

En castellanoEn galego

Bases:

Arteixo campión da homenaxe a Luis Camarero

Foto
MI Jacobo Caselas co homenaxeado Luis Camarero

Onte xogouse en Artesáns o torneo homenaxe a Luis Camarero impulsado polo seu fillo e para recoñecerlle os 40 anos de socio da entidade onde xogou e gozado desta pasión,su fillo quería facerlle este recoñecemento en vida xa que Camarero anda algo delicado de saúde e non quería que lle pasase como a outro clásico xogador de Artesáns Ramón Borrazás que nos deixo este ano e se quedou sen ser recoñecido en vida.

Xogouse unha liga con 6 equipos Arteixo, Escola Técnica (Sardiñeira), Recatelo, CIDU, SAFA e Artesáns a 1 volta con partidas a 20 ´ +5 ´ ´ de incremento, houbo bastante igualdade e algunhas sorpresas porque algúns equipos variaron os xogadores en cada rolda.

Foto
O equipo gañador de Arteixo: Fran, Alex, Dopico y Julio

Resultou campión o Club Xadrez Arteixo que xogou con: 1º Julio Fariñas(1,5 de 5),2º Alex Ferreiro(4,5 de 5),3º Adrián Dopico(4 de 5) e 4º Fran Amado(3,5 de 5) dicir que eu estaba inscrito pero non fixo falta a miña presenza e os rapaces cumpriron gañando 3 encuentros,empatando 1 e perdendo 1 pero sacaron 1 punto de vantaxe a Escola Técnica que empezou mal e logo nas 2 últimas,con Graña de 1º recupero terreo.

Xogaron bos equipos por exemplo o Escola Técnica formou con Graña, Vilariño, Cousillas, Marcos, Xabier; Safa con Santiso, Queijo, Juan Carlos, Goday, Rogelio, Marcos,Recatelo con Alonso, Sánchez, Villarino, Dourado, Alves; CIDU con Ernesto, Santiago, Pedreira, Carlos, Dominguez e García; por Artesáns

Súarez, Peña, Redondo, Esteve, Roberto, Julio e Camarero o homenaxeado.

Foto
O homenaxedo Luis Camarero fronte a Fran de Arteixo

Na clausura entregouse un recordo ao homenaxeado e tomáronse uns pinchos e de paso anunciouse que o torneo de Nadal se xogará do 13 ao 18 de Decembro e será Memorial Ramón Borrazás.

MF Óscar de Prado
http://pokeryajedrez.com

Clasificación Final:

 Club             P + = -    Puntos      Des     .
1º ARTEIXO        5 3 1 1      13½        28,75    
2º ESCOLA TEC.    5 3 0 2      12½        26,00    
3º SAFA           5 3 1 1      12         29,25    
4º RECATELO       5 2 2 1      10½        24,25    
5º CIDU           5 2 0 3       9½        14,50    
6º ARTESANOS      5 0 0 5       2          0,00    

Bases:

SALA DE XOGO:

O torneo terá lugar na sala de xadrez do Círculo de Artesáns, na rúa San Andrés, 36, da Coruña.

DÍA E HORARIO:

SÁBADO 6 DE NOVEMBR0 DE 2010.

1ª ROLDA DE  16:00 A 17:00
2ª ROLDA DE  17:00 A 18:00
3ª ROLDA DE  18:00 A 19:00
4ª ROLDA DE  19:00 A 20:00
5ª ROLDA DE  20:00 A 21:00

PREMIOS:
Trofeo para o equipo gañador.

BASES DO TORNEO:

-O torneo constará de 6 equipos de 4 xogadores, sendo un deles o equipo do Círculo de Artesáns. As prazas, pois, están limitadas a 5 equipos.

-Consistirá nun todos contra todos a 5 roldas.

-As partidas serán de 20 minutos +5 ´´ por xogador.

-O desempate seguirá o sistema Sonnenberg

-A recadación dedicarase integramente aos trofeos e ao refrixerio.

ENTREGA DE PREMIOS:
A entrega de premios efectuarase ás 21:30 na cafetaría do Círculo de Artesáns e ao finalizar haberá un aperitivo para os participantes.

INSCRICIÓNS:
A inscrición é de 25 Euros por equipo.

As reservas realizaranse a Alfonso Camarero: 652 899 607


Organizan / Colaboran:

Círculo Artesanos
Alfonso Camarero