Galicia/Galiza
Galicia

Campionato Provincial Alevín de A Coruña

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

 

[28-05-2007]

Campionato Provincial Alevín de Xadrez. A Coruña

26 de maio de 2007

O pasado 26 de maio de 2007 tivo lugar no Salón de Actos do Complexo deportivo de Elviña I, en A Coruña, o Campionato Provincial de Xadrez Alevín da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.

Participaron os equipos que se clasificaron nas fases Intercomarcais das Zonas de A Coruña, Ferrol, Noia e Santiago, das categorías Alevín masculina e feminina (nados nos anos 1996/95).

O CEIP Présaras (Vilasantar) Santiago proclamouse vencedor na categoría femenina.

En masculino o Peleteiro de Santiago venceu na semifinal ó Rabadeira por 3 a 1.

Na final Peleteiro e Circulo Ferrolano empataron a douses, determinandose o desempate polo resultado do primeiro taboleiro, sendo o Círculo Ferrolano o beneficiado e polo tanto o novo campión provincial.

Información Relacionada:

Nota Previa

 

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX/Palaestra
A Coruña

 

TablaDeFlandes