Galicia/Galiza
Galicia

" XV Torneo Universitario de A Coruña "

A Coruña

18, 19, 20, 21 e 22 de abril De 19,30 a 21,30 en Centro Universitario de Riazor

PALAESTRA
http://www.iespana.es/palaestra/

Rondometro: 1 | 2 | 3 | 4 | 5

Resultados da 5ª Rolda do Universitario e Clasificación Final

Os resultados da quinta rolda foron:

Walter López - Xoel Pérez: 1/2 - 1/2
Santiago Domínguez - Jorge Rodríguez: 1-0
Alex Sánchez - Alba Méndez: 0-1
Alberto Sánchez - Luis Carlos Martínez: 0-1
Descansou Jorge Graña

O resultado máis inesperado foi a derrota do campión do ano pasado Jorge Rodríguez ante Santiago Domínguez.

Estes resultados determinaron a seguinte clasificación:
1º.- Xoel Pérez, estudante de Camiños
2º.- Santiago Domínguez, estudante de Arquitectura
3º.- Walter López, estudante de Informática
4º.- Jorge Graña, estudante de Económicas
5º.- Alejandro Sánchez, estudante de Enfermería
6º.- Jorge Rodríguez, estudante de Dereito
7º.- Alba Méndez, estudante de Informática
8º.- Luis Carlos Martínez, profesor de Económicas

Dada esta clasificación os xogadores convocados para formar parte do equipo que representará á Universidade da Coruña será o formado por Xoel Pérez, xogador vigués que milita no Círculo Ferrolán de xadrez, Santiago Domínguez, xogador coruñés que milita no Dominicos e Walter López, xogador ferrolán que milita no Círculo Ferrolán de Xadrez.

A estes tres xogadores engadirase a participación dos xogadores pontevedreses Jacobo Paredes e Alba Méndez, facendo emprego a Universidade das prazas reservadas a xogadores con alto nivel de ELO e xogadoras que estén nas listas de ELO. O primeiro xoga no Club Xadrez Padrón e a segunda no Fischer de Moaña.

O Campionato de España celebrarase en Granada a segunda semana do vindeiro mes de maio.

Máis información no 608 08 47 05

Resultados 4ª Rolda e emparellamentos da 5ª e última.

Tras a victoria de Xoel Pérez sobre o outro lider Santiago Domínguez, as prazas para o Campionato de España semellan cada vez máis decididas.

Estes foron os resultados:

Xoel Pérez - Santiago Domínguez: 1-0
Alba Méndez - Walter López: 0-1
Alberto Sánchez - Jorge Rodríguez: 1/2 - 1/2
Luis Carlos Martínez - Jorge Graña: 0-1
Descansou Alex Sánchez.

Os emparellamentos para o venres ás 19,30 horas, que serán os decfisivos son os seguintes:

Walter López - Xoel Pérez
Santiago Domínguez - Jorge Rodríguez
Alex Sánchez - Alba Méndez
Alberto Sánchez - Luis Carlos Martínez
Descansa Jorge Graña

Máis información no 608 08 47 05

Resultados da terceira rolda e emparellamento para a cuarta.


Hoxe, na terceira rolda, houbo os seguintes resultados:

Jorge Rodríguez - Xoel Pérez: 1/2 - 1/2
Jorge Graña - Santiago Domínguez: 0-1
Walter López - Alex Sánchez: 1-0
Alba Méndez - Alberto Sánchez: 1-0
Descansou Luis Carlos Martínez

Despois das táboas acordadas entre Xoel Pérez e Jorge Rodríguez e a victoria de Santi Domínguez sobre Jorge Graña, a cousa vai quedando mais clara para os que queren clasificarse. Xoel e Santi encabezan o torneo con 2,5 puntos sobre os tres posibles.

Mañán xoves o emparellamento será o seguinte:
Xoel Pérez - Santiago Domínguez
Alba Méndez - Walter López
Alberto Sánchez - Jorge Rodríguez
Luis Carlos Martínez - Jorge Graña
Descansa Alex Sánchez.

Máis información no 608 08 47 05

Resultados da 2ª Rolda e emparellamentos da Terceira

Os resultados foron:

Xoel Pérez - Jorge Graña: 1-0
Jorge Rodríguez - Walter López: 1/2 - 1/2
Santiago Domínguez - Alberto Sánchez: 1-0
Alex Sánchez - Luis Carlos Martínez: 1-0
Descansou Alba Méndez

Tras estes resultados Xoel Pérez, xogador vigués que estudia Camiños no Campus da Coruña e xoga no Círculo Ferrolán de Xadrez, encabeza en solitario o Torneo ó ter gañadas as dúas partidas disputadas ata o momento.

Mañán mércores xogan:
Jorge Rodríguez - Xoel Pérez
Jorge Graña - Santiago Domínguez
Walter López - Alex Sánchez
Alba Méndez - Alberto Sánchez
Descansa Luis Carlos Martínez

O Torneo está a disputarse no CUR (Centro Universitario de Riazor). Dos resultados do torneo dependerá en boa parte a composición do equipo que represente á Universidade nos Campionatos de España. Máis datos no 608 084 705

Primeira Rolda:

Os resultados da primeira rolda foron:

Alex Sanchez - Xoel Pérez: 0-1
Walter López - Santiago Dominguez: 1/2
Luis Carlos Mtnez. - Jorge Rodríguez: 0-1
Jorge Graña - Alba Méndez: 1-0
Descansou Alberto Sánchez

Este ano son nove xogadores buscando o título de campeón universitario que actualmente posúe Jorge Rodríguez. Unha proba moi dura como o demostra o feito de que tan só Alberto Sánchez non ten ELO.

Os emparellamentos para a rolda de mañán martes ás 19,30 horas son os seguintes:

Xoel Pérez - Jorge Graña
Jorge Rodríguez - Walter López
Santiago Domínguez - Alberto Sánchez
Alex Sánchez - Luis Carlos Martínez
Descansa Alba Méndez

Como criterio de desempate estabreceuse o Progresivo ata as últimas consecuencias, caso de empate pasaría a Bucholz mediano.
Calquera dúbida sobre o torneo pode ser resolta no teléfono 608 08 47 05

Informa: Sociedade Cultural e Deportiva PALAESTRA. A Coruña

Outras actividades relacionadas:

XIII Torneo Universitario de Semirrápidas
29 de abril, 6 e 13 de maio
De 19,30 a 21,30 en
Centro Universitario de Riazor

XIII Torneo Universitario de Rápidas
7 de maio De 12,00 a 13,00 na Biblioteca da Casa das Ciencias
Os interesados deben apuntarse no Club Deportivo Universitario no Pavillón Deportivo de Elviña.
Para a primeira das probas o prazo é o vindeiro luns ás 14,00 horas.
Reservado para estudiantes, profesores e PAS da Universidade da Coruña