Galicia/Galiza
Galicia

I Premio de Microrrelatos de Xadrez

A Coruña

Enviar relatos a: relatos@agax.org

Prazo: Ata o día 15 de novembro de 2011

Informa: Asociación Galega de Axedrecistas Web

Nota de Prensa :

Asociación Galega de Axedrecistas convoca o I Premio de Microrrelatos de Xadrezrexido polas seguintes

BASES:

1- Poderán participar todos os autores, sexa cal for a súa nacionalidade, con microrrelatos en Galego ou Castelán. Poderanse presentar un máximo de tres relatos inéditos por participante.

2- O XADREZ deberá estar presente en todos os relatos que se entreguen. 

3- Os microrrelatos terán unha extensión de ENTRE 1 e 500 PALABRAS, sen incluír o título. As obras virán redactadas en formato txt, odt, word, rtf ou pdf. 

4- Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico a: relatos@agax.org, en ficheiro adxunto. No corpo da mensaxe deben aparecer os seguintes datos: nome do autor, título do relato e un currículo breve. 

5- O prazo de admisión comezou o 1 de setembro de 2011 e finalizará ás 23:59 horas do 15 de novembro de 2011.

6- O xurado serán nomeado pola asociación convocante e estará composto por persoas de recoñecida solvencia a xuízo da Xunta Directiva, actuando de secretario un membro da mesma.

7- O xurado dará a coñecer o seu veredicto o día 30 de novembro de 2011. O fallo será inapelable e publicitarase seguidamente a través da web oficial, así como polo correo desde o que se remitiu o relato.

8- As obras presentadas quedarán en poder da Asociación Galega de Axedrecistas, que se reserva o dereito da súa publicación, exposición e difusión, a través do seu sitio web ou doutros colaboradores (clubs de lectura das asociacións Palaestra e Hercle), ou de calquera outro xeito, citando sempre as referencias do autor. 

9- Os relatos gañadores serán publicados en galego na Colección Libros de Peto de Asencudega.

10- A presentación a este concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos pola organización.

Organiza:

Asociación Galega de Axedrecistas (AGAX)

Máis Información:

http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes