Galicia/Galiza
Galicia

Recepción a Iván Salgado

Santiago de Compostela - A Coruña

Dirección Xeral para O Deporte. Santiago de Compostela

27 de Febreiro de 2008

Informa: Fegaxa Web

En españolEn galego

 

Recepción a Iván Salgado na Dirección Xeral para o Deporte

Foto

Iván Salgado López (da Escuela Internacional Kasparov-Marcote) recibiu a felicitación da Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, tras lograr o título de Gran Mestre Internacional no "Open de Capelle la Grande" ( Francia ).

No torneo rematou con 6 puntos, conseguiu outra norma de Gran Mestre Internacional (cunha performance de 2637) e superou os 2500 puntos de ELO necesarios para a consecución do título, rematando no posto 32 (entre máis de 600 xogadores) da clasificación. Deste xeito Iván Salgado López convírtese no primeiro galego na historia en conseguir o título, así como no español máis novo en obtelo.

Á recepción, celebrada na Dirección Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela, asistiron, ademais do xogador, o presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez Carnero, e o pai de Iván. A nova pode verse tamén en www.deportegalego.es.

Máis Fotos


 

TablaDeFlandes