TORNEO DE FINAIS

Gagos de Mendoza Nº2, Sexto piso
629957942 / 619616118 / 677212063
xadrezpontevedra@hotmail.com

Próximamente dará comezo na Escola de Xadrez de Pontevedra o I Torneo de Finais.

A idea do mesmo é reforzar o estudio de diversos finais, dos que previamente se darán clases para levalos logo á práctica no torneo. En cada ronda do torneo sortearase o final que tocará xogar. Os finais xogados serán comentados.

As datas do torneo se porán en función do interese da mayoría dos participantes, estando pensadas en principio para venres ou domingo.

Se darán tres clases de aproximadamente dúas horas cada unha, divididas en tres bloques de finais:

1. Finais de Pezas Menores.
2. Finais de Peóns.
3. Finais de Torres.

A primeira clase a dará o Maestro Fide Diego Suárez. Outra será a cargo do Maestro Internacional Daniel Rivera e unha terceira por determinar.

O prezo total, que inclúe inscripción no torneo, clases e material é de 50 Euros para non socios/as; socios/as gratis.

Este venres dará comezo a actividade, coa exposición de finais de pezas menores do MF Diego Suárez, de 20:00 a 22:00.

Animamos a todos/as a participar e agardamos que poda resultarvos interesante.

Para inscripcións e máis información:

xadrezpontevedra@hotmail.com, o por teléfono – 629957942. /// 619 61 61 18

 


Caballeros del Ajedrez