Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18

Pontedeume - A Coruña

Hotel Eumesa de Pontedeume

13 ao 16 de febreiro de 2010

Informa: Club Xadrez Fontecarmoa Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Luis Segura Campión Galego Infantil

Foto
Luis Segura, Anxo Vilas, e Gaspar Pérez

O novo xogador infantil do Club Xadrez Fontecarmoa-McDonalds de Vilagarcía, Luis Segura, proclamouse campión galego da súa categoría no Torneo Federativo que se celebrou durante estes últimos días na localidade coruñesa de Pontedeume.

A vitoria desta promesa do xadrez local produciuse de forma laboriosa debido ao gran nivel que había na categoría. Luis, que por puntos de Elo, partía co número dous do Ranking, tivo que enfrontarse na súa última partida ao seu compañeiro cría Julio Suárez, que viña dende a tras no cadro e, despois dun gran torneo, con opcións de chegar ao podio. Unhas táboas nesta partida final, depararon a vitoria no torneo para Luis cun total de 6,5 puntos e un sétimo posto para Julio con 5,5.

O seguinte vilagarcíano na categoría foi Samuel Dieste con 4,5 puntos, ocupando a décimo sexta praza. O pasado campión galego e subcampión de España, Lucas Abal, finalizou na vixésima posición con catro puntos, o que demostra a dureza e igualdade desta categoría autonómica.

Os representantes do Fontecarmoa na categoría xuvenil, sub 18, tiveron unha actuación máis discreta, situándose catro xogadores, Adrián Montáns, Andrés Varela, Christian Abal e Manuel García, con 4 puntos entre as posicións 24 a 35.

A competición segue para os xadrecistas vilagarcíanos que esta semana disputarán a sexta xornada de liga nos locais da Casa dá Xuventude.

Foto
Luis Segura e o seu adestrador Julio Torrado

Anxo Vilas


Informa:

Logo
Club Xadrez Fontecarmoa
http://www.cxfontecarmoa.com/