Galicia/Galiza
Galicia

Galicia Chess Festival
Aberto Internacional de Blitz (Lóstrego) “Xacobeo 2010” – (Masculino e Feminino) ACP
World Blitz Chess Open “Xacobeo 2010” (men | women) ACP

Ourense

Pazo dos Deportes Paco Paz. Ourense

26 de setembro de 2009

Torneo de Galicia Chess Festival | Resultados

Informa: Galicia Chess Festival (GCF2009) Web / Xadrez Galego Web

En españolEn galego

Resumo Bases:

Data: 26 de setembro de 2009

Lugar: Pazo dos Deportes Paco Paz. Ourense

Participación: Aberto co límite de 500 prazas.

Ritmo de Xogo: 3 minutos cun incremento de 2 segundos por xogada.

Sistema de Xogo: Sistema Suízo a 10 Roldas.

Horario:

Sábado 26:
1ª  Rolda 17.00
2ª  Rolda 17.20
3ª  Rolda 17.40
4ª  Rolda 18.00
5ª  Rolda 18.20
6ª  Rolda 18.40
7ª  Rolda 19.00
8ª  Rolda 19.20
9ª  Rolda 19.40
10ª Rolda 20.00

Emparellamentos: Os emparellamentos do Sistema Suízo, así como o cálculo dos desempates, serán elaborados co programa Swiss Manager.

Desempates

A orde dos xogadores que finalicen co mesmo número de puntos determinarase pola aplicación dos seguintes procedementos de desempate, por esta orde:

a) Median-Buchholz, descontando as puntuacións máis alta e máis baixa.
b) Buchholz Total.
c) Number of wins, o maior número de vitorias;
d) Progressive Score.

No caso das partidas non xogadas. para o cáculo de (a) e (b), para o desempate o resultado contarase como táboas contra el mesmo.

Árbitros

O árbitro principal será o A.I. D.Alvaro Reinaldo (ESP) e os seus adxuntos os árbitros D. Carlos Dias (POR) e D. Bruno Figueiredo (POR). Existirán ademais debidamente acreditados árbitros auxiliares que baixo a responsabilidade do árbitro principal e os árbitros adxuntos actuarán na sala de Xogo da forma en que se lles indique.

Os nomes dos integrantes do Comité de Competición anunciaranse non máis tarde do xoves, 24 de setembro de 2009.

Procedemento de reclamación ao comité de competición: As reclamacións contra as decisións do Árbitro Principal deben facerse por escrito á atención do Presidente do comité de competición, antes dos 10 minutos seguintes da finalización da sesión de Xogo.

As reclamacións deberán ir acompañadas por unha fianza de 20 €, en concepto de depósito custodiado polo Presidente do comité de competición. Se a reclamación é admitida, reembolsarase automaticamente a fianza, se é rexeitada, será adxudicada á Organización.

As decisións do Comité de competición serán inapelables.

Premios:

Categoría Xeral (Homes):

1º 2.000 €
2º 1.200 €
3º 1.000 €
4º   900 €
5º   750 €
6º   600 €
7º   400 €
8º   300 €
9º   200 €
10º 150 €
11º 100 €
12º 100 €
13º 100 €
14º 100 €
15º 100 €
16º 100 €
17º 100 €
18º 100 €
19º 100 €
20º 100 €
21º   50 €
22º   50 €
23º   50 €
24º   50 €
25º   50 €
26º   50 €
27º   50 €
28º   50 €
29º   50 €
30º   50 €

Especiais (Homes)

1º Español 100 €
1º Galicia 100 €
1º Ourense 100 €

1º Senior 100 €
1º Junior 100 €
* Serán Senior os nacidos en 1954 e anteriores
* Serán Junior os nacidos en 1989 e seguintes

1º Sub-2400 100 €
1º Sub-2200 100 €
1º Sub-2000 100 €
1º Sub-1800 100 €
1º Sub-1600 100 €

Categoría Xeral (Mulleres):

1º 1.000 €
2º   700 €
3º   600 €
4º   450 €
5º   400 €
6º   300 €
7º   200 €
8º   150 €
9º   120 €
10º   80 €
11º   60 €
12º   60 €
13º   60 €
14º   60 €
15º   60 €
16º   60 €
17º   60 €
18º   60 €
19º   60 €
20º   60 €
21º   40 €
22º   40 €
23º   40 €
24º   40 €
25º   40 €
26º   40 €
27º   40 €
28º   40 €
29º   40 €
30º   40 €

Ningún xogador poderá acumular máis dun premio, elixindo por defecto, o de maior cantidade.

En caso de cantidades idénticas outorgaranse os premios pola orde da táboa de premios que se inclúe nestas bases.

Se un gañador/a non asiste á Cerimonia de Clausura, non recibirá o seu premio.

Os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo.

Segundo a Lei Española todos os premios teñen retención (máximo 18%; cantidade mínima, 300 €).

Regras adicionais

- Non está permitido analizar na Sala de Xogo. A organización habilitará unha Sala de Análise.

- Durante a partida os xogadores non poden acceder á Sala de Análise nin á Sala de Prensa.

- Na Sala de Xogo só se permitirán xogadores e árbitros, agás con autorización especial do Árbitro principal.

- Se se delimita unha área para os principais taboleiros, non se permitirá o acceso do resto dos xogadores.

- No transcurso das partidas os xogadores só poderán falar co equipo arbitral ou co seu opoñente en caso de necesidade.

- En caso de conduta antideportiva (por exemplo, pacto previo interesado) o árbitro principal pode decidir o resultado negativo de 0 -0.

- A organización resérvase a posibilidade de modificar estas bases antes do evento co único deber de publicalas ben en soporte web, ben imprimidas na propia sala de Xogo.

- Requirirase unha axeitada presenza e vestimenta na sala de competición, no caso contrario a organización poderá adoptar as oportunas medidas.

- O GCF2009 asume que todos os participantes leron as Bases do Torneo e obríganse a cumprilas.

Inscricións:

Prazo: Ata o mércores 23 de setembro ás 22.00 h. (máximo 500 prazas)

Web: http://www.galiciachessfestival.com

Ligazón ao formulario: http://www.galiciachessfestival.com/formularioe.html

Cotas:

Titulado +2300: Exento
Titulada +2200: Exenta

Xeral: 20 €
Mayor de 55 anos: 10 €
Menor de 20 anos: 10 €

Sistema de Pagamento: No momento de rexistrarse (vía web) deben aboarse todas a taxas de inscrición ou outros servizos complementarios) na conta da Organización. Calquera comisión bancaria será aboada polo interesado. De non se realizar o pagamento ou producirse algunha anomalía, a organización reclamarallo ao xogador antes da segunda rolda.

Ver cotas de inscrición especiais para participantes Ourensáns (OurenXadrez)

Oficina do GCF2009 (provisional)

Teléfono/Fax: +34 986 260 259
Ruiseñor 15, 36205 Vigo. Galicia. España

Correo: xadrezgalego@xadrezgalego.net


Organizan:

Logos

Xadrez Galego
http://www.xadrezgalego.net/

Secretaria Xeral de Deportes e Turismo de Galicia

Colaboran:

Logos

OurenXadrez
http://www.ourenxadrez.org/

Sitio Web Oficial:

Galicia Chess Festival
http://www.galiciachessfestival

 

TablaDeFlandes