Galicia/Galiza
Galicia

Galicia Chess Festival
Aberto Internacional de Rápidas “Memorial Fernando Marcote” – (Masculino e Feminino) ACP
International Rapid Chess Open “Fernando Marcote In Memoriam” (men | women) ACP

Ourense

Pazo dos Deportes Paco Paz. Ourense

25, 26 e 27 de setembro de 2009 | Resultados

Torneo de Galicia Chess Festival

Informa: Galicia Chess Festival (GCF2009) Web / Xadrez Galego Web

En españolEn galego

Resumo Bases:

Datas: 25 ao 27 de setembro de 2009

Lugar: Pazo dos Deportes Paco Paz. Ourense

Participación: Aberto co límite de 500 prazas.

Ritmo de Xogo: 25 minutos cun incremento de 10 segundos por xogada, dende o primeiro movemento.

Sistema de Xogo: Unha primeira fase de 7 roldas por Sistema Suízo, e unha segunda fase composta por un Play Off entre os 16 primeiros clasificados despois da 7ª rolda e paralelamente as roldas 8ª,9ª e 10ª que disputarán os clasificados do posto 17º ata o final. (*Aclaracións)

Horario:

Venres 25:
10.00 Acreditacións na Diputación Ourense (ata as 14.00)
12.00 Inauguración. Diputación Ourense
16.00 rolda 1
17.30 rolda 2
19.00 rolda 3
20.30 rolda 4

Sábado 26:
10.00 rolda 5
11.30 rolda 6
13.00 rolda 7

Domingo 27:
10.00 rolda 8 e 1/8 Final
11.30 rolda 9 e 1/4 Final
13.00 rolda 10 e 1/2 Final
16.00 Final
19.00 Cerimonia de Clausura

Emparellamentos: Os emparellamentos do Sistema Suízo, así como o cálculo dos desempates, serán elaborados co programa Swiss Manager.

Desempates

A orde dos xogadores que finalicen co mesmo número de puntos determinarase pola aplicación dos seguintes procedementos de desempate, por esta orde:

a) Median-Buchholz, descontando as puntuacións máis alta e máis baixa.
b) Buchholz Total.
c) Number of wins, el maior número de vitorias;
d) Progressive Score.

No caso das partidas non xogadas. para o cáculo de (a) e (b), para o desempate o resultado contarase como táboas contra el mesmo.

Árbitros

O árbitro principal será o A.I. D.Alvaro Reinaldo (ESP) e os seus adxuntos os árbitros D. Carlos Dias (POR) e D. Bruno Figueiredo (POR). Existirán ademais debidamente acreditados árbitros auxiliares que baixo a responsabilidade do árbitro principal e os árbitros adxuntos actuarán na sala de Xogo da forma en que se lles indique.

Os nomes dos integrantes do Comité de Competición anunciaranse non máis tarde do xoves, 24 de setembro de 2009.

Procedemento de reclamación ao comité de competición: As reclamacións contra as decisións do Árbitro Principal deben facerse por escrito á atención do Presidente do comité de competición, antes dos 10 minutos seguintes da finalización da sesión de Xogo.

As reclamacións deberán ir acompañadas por unha fianza de 20 €, en concepto de depósito custodiado polo Presidente do comité de competición. Se a reclamación é admitida, reembolsarase automaticamente a fianza, se é rexeitada, será adxudicada á Organización.

As decisións do Comité de competición serán inapelables.

Byes: poderanse solicitar 2 Byes (1/2 punto) para calquera rolda agás para a 9ª e 10ª, (non se poderán solicitar byes para os play-off). Os byes, se é o caso, haberán de solicitarse antes das 15.00 horas do venres día 25 ao árbitro principal.

Xogadas ilegais: as xogadas ilegais ou condutas antideportivas poderán ser sancionadas con 2 minutos de bonificación no reloxo do opoñente ao infractor, a segunda xogada ilegal perderá a partida. No torneo de Blitz a primeira xogada ilegal perderá a partida.

Premios:

Categoría Xeral (Homes):

1º 5.000 €
2º 3.500 €
3º 2.500 €
4º 1.500 €
5º 1.200 €
6º 1.000 €
7º   900 €
8º   800 €
9º   600 €
10º 500 €
11º 300 €
12º 300 €
13º 300 €
14º 300 €
15º 300 €
16º 300 €
17º 300 €
18º 300 €
19º 300 €
20º 300 €
21º 150 €
22º 150 €
23º 150 €
24º 150 €
25º 150 €
26º 150 €
27º 150 €
28º 150 €
29º 150 €
30º 150 €
31º 100 €
32º 100 €
33º 100 €
34º 100 €
35º 100 €
36º 100 €
37º 100 €
38º 100 €
39º 100 €
40º 100 €
41º 100 €
42º 100 €
43º 100 €
44º 100 €
45º 100 €
46º 100 €
47º 100 €
48º 100 €
49º 100 €
50º 100 €

Especiais (Homes)

1º Español 120 €
2º Español 100 €
3º Español  80 €

1º Galicia 120 €
2º Galicia 100 €
3º Galicia   80 €

1º Ourense 120 €
2º Ourense 100 €
3º Ourense   80 €

1º Senior 120 €
2º Senior 100 €
3º Senior   80 €
* Serán Senior os nacidos en 1954 e anteriores

1º Junior 120 €
2º Junior 100 €
3º Junior   80 €
* Serán Junior os nacidos en 1989 e seguintes

1º Sub-2400 120 €
2º Sub-2400 100 €
3º Sub-2400  80 €

1º Sub-2200 120 €
2º Sub-2200 100 €
3º Sub-2200  80 €

1º Sub-2000 120 €
2º Sub-2000 100 €
3º Sub-2000  80 €

1º Sub-1800 120 €
2º Sub-1800 100 €
3º Sub-1800  80 €

1º Sub-1600 120 €
2º Sub-1600 100 €
3º Sub-1600  80 €

Categoría Xeral (Mulleres):

1º 3.000 €
2º 1.500 €
3º 1.200 €
4º 1.000 €
5º   900 €
6º   800 €
7º   600 €
8º   400 €
9º   300 €
10º 200 €
11º 150 €
12º 150 €
13º 150 €
14º 150 €
15º 150 €
16º 150 €
17º 150 €
18º 150 €
19º 150 €
20º 150 €
21º   60 €
22º   60 €
23º   60 €
24º   60 €
25º   60 €
26º   60 €
27º   60 €
28º   60 €
29º   60 €
30º   60 €

Ningún xogador poderá acumular máis dun premio, elixindo por defecto, o de maior cantidade.

En caso de cantidades idénticas outorgaranse os premios pola orde da táboa de premios que se inclúe nestas bases.

Se un gañador/a non asiste á Cerimonia de Clausura, non recibirá o seu premio.

Os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo.

Segundo a Lei Española todos os premios teñen retención (máximo 18%; cantidade mínima, 300 €).

(*) Aclaracións do sistema de Xogo Subir

Os 16 primeiros clasificados tras a rolda 7ª clasificaranse para o Play Off final, mentres que os restantes xogadores seguirán xogando por Sistema Suízo ata completar dez roldas obténdose así a clasificación final.

Sistema de eliminatorias do Play Off:

Xogaranse dúas partidas de 15 m.+5 seg. Se persiste o empate aplicarase a morte súbita, xogando as brancas con 5 minuntos contra 4 minutos das negras, sen tempo adicional, e coa obriga do primeiro xogador de acadar a vitoria, levando brancas nesta morte súbita o xogador mellor clasificado de ambos os dous no Suízo tras a 7ª rolda.

Ver cadro do sistema de eliminación do Play Off detallado

Regras adicionais

- Non está permitido analizar na Sala de Xogo. A organización habilitará unha Sala de Análise.

- Durante a partida os xogadores non poden acceder á Sala de Análise nin á Sala de Prensa.

- Na Sala de Xogo só se permitirán xogadores e árbitros, agás con autorización especial do Árbitro principal.

- Se se delimita unha área para os principais taboleiros, non se permitirá o acceso do resto dos xogadores.

- No transcurso das partidas os xogadores só poderán falar co equipo arbitral ou co seu opoñente en caso de necesidade.

- En caso de conduta antideportiva (por exemplo, pacto previo interesado) o árbitro principal pode decidir o resultado negativo de 0 -0.

- A organización resérvase a posibilidade de modificar estas bases antes do evento co único deber de publicalas ben en soporte web, ben imprimidas na propia sala de Xogo.

- Requirirase unha axeitada presenza e vestimenta na sala de competición, no caso contrario a organización poderá adoptar as oportunas medidas.

- O GCF2009 asume que todos os participantes leron as Bases do Torneo e obríganse a cumprilas.

Inscricións:

Prazo: Ata o mércores 23 de setembro ás 22.00 h. (máximo 500 prazas)

Web: http://www.galiciachessfestival.com

Ligazón ao formulario: http://www.galiciachessfestival.com/formularioe.html

Cotas:

Titulado +2300: Exento
Titulada +2200: Exenta

Xeral: 25 €
Mayor de 55 anos: 15 €
Menor de 20 anos: 15 €

Sistema de Pagamento: No momento de rexistrarse (vía web) deben aboarse todas a taxas de inscrición ou outros servizos complementarios) na conta da Organización. Calquera comisión bancaria será aboada polo interesado. De non se realizar o pagamento ou producirse algunha anomalía, a organización reclamarallo ao xogador antes da segunda rolda.

Ver cotas de inscrición especiais para participantes Ourensáns (OurenXadrez)

Oficina do GCF2009 (provisional)

Teléfono/Fax: +34 986 260 259
Ruiseñor 15, 36205 Vigo. Galicia. España

Correo: xadrezgalego@xadrezgalego.net


Organizan:

Logos

Xadrez Galego
http://www.xadrezgalego.net/

Secretaria Xeral de Deportes e Turismo de Galicia

Colaboran:

Logos

OurenXadrez
http://www.ourenxadrez.org/

Sitio Web Oficial:

Galicia Chess Festival
http://www.galiciachessfestival

 

TablaDeFlandes