Galicia/Galiza
Galicia

V Aberto Círculo Chantadino

Chantada - Lugo

Casino de Chantada

3 de xaneiro de 2009

Informa: Círculo Chantadino

En españolEn galego

 

 “O CLUBE CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ”, CONVOCA,  polo galo do NADAL CHANTADINO, ao igual que veu facendo todos os anos dende a súa fundación, o V Open de  XADREZ DE CHANTADA.-

       Temos prevista unha participación próxima ao medio centenar de persoas, que xunto co campionato provincial organizado en convenio con este club polas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE CHANTADA, será record na vila.-

   Contase coa participación de xadrecistas  procedentes de diversos clubs da Galicia Profunda  con sedes  en  CUNTIS, ESTRADA, SILLEDA, LALIN, CELANOVA,  OURENSE  e BETANZOS, coa  presenza  dos  de CHANTADA,  quen ata a data conta só coa presenza do club anfitrión, e coa Sección de Xadrez das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE CHANTADA, sendo dubida o outro club da vila chantadina.

AS  BASES  SON AS SIGUINTES:

PRIMEIRA.- HORA E LUGAR.-

  1. A hora de comezo será as 17 horas do día  3 de  xaneiro do ano 2009, na primeira planta do “CASINO DE CHANTADA” . A organización, por motivos de aforo ou calquera outra causa xustificada, poderá  trocar o local de xogo avisando con suficiente claridade e anticipación a cada uno de los responsables de los clubs responsables.

  2. A data limite de inscrición será deica o 31 de decembro. Ata esta data só podera denegarse por motivo de aforo e respetando a orde de antigüidade de inscrición. A organización poderá inscribir fora de prazo no caso de existencia de vacantes a data de peche da inscrición.

  3. A inscrición farase por escrito ao correo electrónico do club anfitrión  cichaxa@yahoo.es  ou chamando entre as 20 e 21 horas ao telefono 649 068 037. Na inscrición de equipos farase constar o nome do equipo, teléfono de contacto, e nome, apelidos, data de nacemento e número de licenza federativa de cada un dos participantes. Nas inscricións individuais basta o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto.

SEGUNDA.- PARTIDAS E ROLDAS.-

Partidas rápidas con 10 minutos de tempo para cada xogador. O sistema é o sistema suízo  con 8 roldas para os adultos. A organización  segundo consenso dos participantes, reservase o dereito tanto de eximir aos nenos sub-10 da utilización de reloxo, como de rebaixar o número de roldas.

De dispor de xadrez xigante pecharase o acto dos máis pequenos con unha final no devandito taboleiro entre o primeiro e segundo clasificado. Neste caso o primeiro clasificado xogará con brancas.

TERCEIRA .- CATEGORIAS INDIVIDUAIS E CONDICIONS COMPREMENTARIAS: (tendo en conta que estamos aínda no Nadal do ano 2008 e sendo os anfitrións os que sentan as bases),  as  categorías son as seguintes:

 1.-Absoluta: Nados no ano 1993 e anteriores
 2.-Sub 14 Nados  nos anos 1994 a 2007
 3.-Sub 10  Nados no ano 1998 e posteriores

E obrigatorio exhibir libro de familia ou D.N.I aos efectos de acreditar a data de nacemento.

Para participar nas categorías SUB 10 e SUB 14 é obrigatoria a presenza dos pais ou adulto encargado de cada un dos pequenos.-Ademais ha de acreditarse a idade mediante  D.N.I ou libro de familia.-

CLASIFICACION POR EQUIPOS.-

A clasificación de cada equipo obtense a partir da suma dos puntos dos catro xogadores mellor clasificados de cada equipo.

Haberá trofeo-memorial do evento para todos e cada un dos equipos participantes que incluían polo menos tres xogadores no torneo.

TROFEOS E PREMIOS.-

-Trofeo para o campión e subcampión individual de todas e cada unha das categorías participantes.

-Medalla ou agasallo similar ao terceiro clasificado  de  cada categoría.

-Agasallo ou recordatorio do torneo a todos os participantes.

-Trofeo  aos seis mellores clubs  clasificados, con posibilidade de  amplialo deica o 9 clasificado.

Faise saber: Que  este  torneo  navideño  creado por este club ten intermitentes colaboracións do Concello de Chantada e resulta na presente edición  patrocinado e organizado en exclusiva polo circulo Chantadino de Xadrez, que   pretende ser xeneroso  e abundante en canto a trofeos, un dos torneos que máis premios reparte de toda Galicia, e precisamente por ese esforzo que reporta, temos que forzosamente  agradecer de forma anticipada a presenza e participación dos clubs e MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE SON OS QUE LLE  DAN VIDA E FAN QUE CADA ANO SIGA EN AUMENTO.


ANXO BOAN RODRIGUEZ
(Tesoureiro e encargado de organización)

Teléfono de contacto 649 068 037


Organiza:

Círculo Chantadino de Xadrez

 

TablaDeFlandes