Galicia/Galiza
Galicia

VII Aberto Xadrez Chantada

Chantada - Lugo

Pavillón Polideportivo Municipal de Chantada

2 de xaneiro de 2010

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

En castellanoEn galego

Final:

Na categoría individual impúxose o lalinense Juán Jesús Sanz Sixto, sendo segundo o Chantadino Camilo Rodríguez Ferreiro.

En Equipos o Circulo Chantadino impúxose na Categoría Absoluta, mentres que na categoría infantil gañaba a Escola de Xadrez de Pontevedra, sendo subcampión o Círculo Chantadino, seguidos do CX de Betanzos e da EX de Lalín.

Tanto os trofeos como as medallas foron doadas na súa práctica totalidade polas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Chantada, que patrocinou o evento

O pasado día 2 de xaneiro disputouse no pavillón polideportivo municipal de Chantada o VII Open de Xadrez de Chantada.

A participación, de 59 xadrecistas, estivo moi próxima á do pasado xaneiro de 2009 que foi record dende a fundación do torneo. - Antes de empezar a competición gardouse un minuto de silencio polo falecemento do xadrecista de AGORA SILLEDA Javier de Arceu, de 49 anos de idade, e estivo marcada polas ausencias dos clubs de xadrez de Silleda, Estrada e Cuntis, dado o triste imprevisto. -

En cambio concorreron con dous equipos a Escola de Xadrez de Pontevedra, que optou por Chantada a pesar que Marín estaba máis preto, e o mesmo fixeron os de Betanzos, que optaron por Chantada aínda que coincidía o torneo cos que se están a celebrar en Ferrol que era máis preto, o que permite afirmar que de concorrer os de Silleda e A Estrada ausentes polo incidente, o torneo seguiría batendo records.- Participou xente doutros Clubs como o Lucena e Laroca Nigrán, se ben as inscricións foron individuais.

A execución material do torneo foi ao ritmo previsto, interrompido para merendar os nenos, sendo que AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CONCELLO DE CHANTADA DOARON TODOS OS TROFEOS.

NA LIÑA DE EQUIPOS O RESULTADO FOI O SIGUINTE:

          ADULTOS:-

                   CAMPIÓN: CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ

                   SUBCAMPIÓN:  EX DE LALIN

                   TERCEIRO CLASIFICADO: EX DE PONTEVEDRA.

          RAPACES.-

                   CAMPIÓN: Escola de Xadrez de Pontevedra

                   SUBCAMPIÓN: Círculo Chantadino de Xadrez

                   TERCEIRO: Club de Xadrez de Betanzos

                   CUARTO: EX de Lalín

Na categoría individual houbo sorpresa, o favorito era David Fernández Lago de Pontevedra, só puido facer cuarto posto, mentres que o LALINENSE Juan Jesús Sanz Sixto se alzaba co triunfo, segundo o Chantadino Camilo Rodríguez Ferreiro e terceiro tamén para o lalinense Salvador Crespo Varela. -

               INDIVIDUALIDADES:

                   a) categoría absoluta

         CAMPIÓN ABSOLUTO DO TORNEO.- JUAN JESUS SANZ SIXTO DE LALIN.-

         SUBCAMPIÓN E MELLOR XOGADOR LOCAL: CAMILO RODRIGUEZ FERREIRO.-

         TERCEIRO CLASIFICADO: SALVADOR CRESPO VARELA.-

         CAMPIÓN SUB 18: Carlos Rojo Delgado de Chantada

         CAMPIÓN SUB 16: Hector Ledo do Val de Chantada

         CAMPIÓN SUB 14: Adrián Espiña Prieto de Lalín

             b) Categoría Rapaces 

                CAMPIÓN ABSOLUTO CATEGORIA RAPACES E CAMPIÓN SUB 12:  Alvaro Vidal Maqueira de Pontevedra

                SEGUNDO CATEGORÍA SUB 12 :Jaime del Rio Sanches de Betanzos

                CAMPIÓN CATEGORÍA SUB 10: Marcos Otero Hermida de Chantada.

                CO VENCEDORES SUB 8 Pablo Ferreiro Soya da EX PONTEVEDRA e Mireia Represa Perez do Laroca Nigran

Anxo Boán Rodríguez
Círculo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es/

Clasificación Final Categoría Absoluta:

Pos SNo. Nome Elo FED Escola Tipo Pts BUC
1 2 Sanz Sixto Juan Jesús 1987 ESP Lalín   27
2 5 Rodríguez Ferreiro Camilo 2121 ESP Chantada   6 27½
3 3 Crespo Varela Salvador 1821 ESP Lalín   27
4 1 Fernandez Lago David 2022 ESP E.X.P.   5 30
5 11 Rojo Delgado Carlos 1947 ESP Chantada S18 4 27
6 18 Del Rio Rey Julian 0 ESP Betanzos   4 25½
7 9 Represa Garazo Juan Manuel 1980 ESP Laroca   4 25½
8 16 Reboreda Alonso Gonzalo 0 ESP E.X.P   4 23½
9 6 Ledo Doval Héctor 2020 ESP Chantada S16 4 23
10 13 Espiña Prieto Adrián 1810 ESP Lalín S14 23
11 7 Sánchez Gómez Daniel 1986 ESP Chantada S16 22
12 4 Bedoya Ramos Héctor Mario 1759 ESP E.X.P.   3 26
13 10 Fernández Prado Diego 1972 ESP Chantada S14 3 22
14 17 Fernández Castro José Roberto 0 ESP E.X.P.   3 18
15 12 García López Manuel 1927 ESP Chantada   3 17
16 15 Boán Vázquez Fco José 0 ESP Chantada S14 19½
17 21 Pérez Revenga Víctor 0 ESP E.X.P. S14 16
18 19 Maquieira Villaverde Laureano 0 ESP E.X.P.   2 19½
19 14 Vázquez Blanco Antonio 0 ESP Chantada S16 1 18½
20 8 Iglesias Rey Ramón 1984 ESP Chantada   0 21
  20 Argiz Fernández Marcos 0 ESP Chantada   0 21

Datos Técnicos:

Organizadores : Anxo Boán/Enrique Rojo
Directores Torneo : Anxo Boán/Enrique Rojo
Árbitro Principal : Juan Jesús Sanz Sixto

Clasificación Final Categoría rapaces:

Pos SNo. Nome Elo FED Escola Tipo Pts BUC
1 8 Maquieira Vidal Álvaro 2087 ESP E.X.P. S12 6 30½
2 4 Ferreiro Solla Pablo 2180 ESP E.X.P. S08 6 26½
3 34 Del Río Sánchez Jaime 0 ESP Betanzos S12 31
4 1 Represa Pérez Mireya 2233 ESP Laroca S08 5 28½
5 6 Reboreda García Daniel 2105 ESP E.X.P. S12 5 27
6 5 Pérez Sánchez Alberto 2111 ESP Chantada S12 5 26½
7 3 Salgado Regueira Lionel 2191 ESP Chantada S12 5 26
8 39 Lorenzo Vázquez Álex 0 ESP Lucena S08 5 23
9 13 Gómez López José Manuel 2063 ESP Chantada S12 23
10 9 Pérez López Jesús 2081 ESP Chantada S12 4 27½
11 7 Otero Hermida Marcos 2089 ESP Chantada S10 4 26½
12 33 Ares Vázquez Ignacio 0 ESP Betanzos S10 4 26½
13 10 Baciu Vali 2078 ESP Chantada S12 4 26
14 35 Feijoo Banasach Lucas 0 ESP Betanzos S10 4 24½
15 14 Gabriel Daniel Christian 2051 ESP Chantada S10 4 23½
16 2 Saa López Martín 2205 ESP Lalín S12 4 22½
17 16 Méndez Martínez David 2031 ESP Chantada S12 4 21½
18 20 Crespo Fuentes Álex 1976 ESP Lalín S08 4 21
19 36 Díaz Alonso Marta 0 ESP Betanzos S10 4 19½
20 19 Vázquez Figueiras María 1995 ESP Chantada S10 24
21 25 Fernández López Alejandro 1893 ESP Chantada S10 22
22 12 Baciu Josif 2066 ESP Chantada S10 22
23 17 Espiña Prieto Sara 2009 ESP Lalín S12 3 24½
24 11 Diéguez Vázquez Antonio 2070 ESP Lalín S10 3 22
25 23 Amarante Varela Alberto 1914 ESP Chantada S10 3 21½
26 26 Rivera Marcos Olimpia Elisa 1879 ESP Lalín S10 3 20
27 24 Rivera Marcos Rosalía Paloma 1913 ESP Lalín S10 3 20
28 29 Fernández López Pablo 1800 ESP Chantada S08 3 19½
29 28 Pérez López Daría 1874 ESP Chantada S08 3 17
30 15 Gómez Fernández Miguel 2037 ESP Chantada S12 24½
31 18 Maquieira Vidal Diego 1999 ESP E.X.P. S10 20½
32 27 Doval Fernández Ana 1874 ESP Chantada S10 20½
33 22 Rodríguez Vázquez Enzo 1937 ESP Chantada S10 19
34 37 Neves Soares Paulo Sergio 0 ESP Chantada S10 15½
35 21 Pardo Fernández Antón 1971 ESP Chantada S08 2 23
36 31 Rodríguez Vázquez Daniel 0 ESP Chantada S08 2 19
37 38 Vázquez Curiel Xabier 0 ESP Chantada S08 2 17½
38 30 Amarante Varela Natalia 1786 ESP Chantada S10 2 14½
39 32 Da Silva Villalobos Erika 0 ESP Chantada S10 1 17

Datos Técnicos:

Organizadores : Anxo Boán/Enrique Rojo
Directores Torneo : Anxo Boán/Enrique Rojo
Árbitro Principal : Juan Jesús Sanz Sixto
Árbitros : Xoán Xosé Hidalgo Neira/Salvador Crespo Varela

Nota Prensa / Bases:

 “O CLUBE CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ”, CONVOCA ,  polo galo  do  NADAL CHANTADINO, a igual que deica ahora veu facendo todos os anos dende a súa  Fundación, o VII  Open de  XADEZ DE CHANTADA.-

       Temos prevista unha  participación entre  setenta e oitenta xadrecistas  procedentes de  diversos lugares de Galicia e doutras Comunidades Autónomas, que agardamos  como veu acontecendo sempre nestas datas sexa record na vila Chantadina.-

  O  Torneo  é un froito máis do traballo dunha década elaborado en Chantada, que partindo  da organización dun pequeno torneo entre aficionados locais deu lugar ao parto de dous clubes de xadrez,  actualmente unificados en torno ao circulo Chantadino.-

   Actualmente o Circulo Chantadino de Xadrez conta con varios equipos na categoría básica,  así coma  un equipo recen ascendido a segunda división, categoria na que  ademáis de contar entre as súas filas cos artifices do ascenso, reforzase con xogadores de  renome internacional como son o Gran Mestre arxentino Alexandre Hoffman, Ramón Delgado con máis de 2100 de Elo FIDE, ou figuras locais  que noutros tempos xogaron en preferente e primeira  como son Miguel Vazquez Fortes (Gotera) ou pedro Guitián.-

  Ademáis de organizar este torneo,  O Circulo Chantadino xunto cos nenos das Escolas de Xadrez participará   o  vindeiro fin de semana nos zonais da estradeza a xogar en Lalín e o dia 27 de Decembro en Pontevedra.- Acabase de crear  un  dominio  de  internet  www.cichaxa.org  así como unha revista de presentación pretendendo  proseguir co fomento do xadrez no corazón de Galicia

     O dia 9 de Xaneiro empeza a LIGA GALEGA DE XADREZ,   donde  o  primeiro equipo do Circulo Chantadino  o CIRCULO XADREZ CHANTADA ,  debutante de segunda división aspira a todo, e  non descarta  estar  para a vindeira tempada en primeira división.-

 Pola outra banda,  en  reunión  da Xunta Directiva  do  Circulo Chantadino de Xadrez celebrada  no pasado mes de novembro,  debateuse a dimisión  presentada  polo  presidente e fundador do club   Anxo Boán  así como a persoa  que habería de sustituilo  ao fronte do club   acordando   entre  todos  aprazar  o  tema por tempo indefinido   e  en todo caso  non prantexalo deica  o remate da  LIGA  DE XADREZ POR CLUBES  no vindeiro mes de abril  do ano 2010.-

     VII .-OPEN DE XADREZ DE CHANTADA.- FICHA TECNICA 

PATROCINIO:  Concello de Chantada.-

CLUB ORGANIZADOR: Circulo Chantadino de Xadrez.-

LOCAL   DE  XOGO:   Pavillon Polideportivo Municipal de Chantada.-

DIRECTOR  DE ORGANIZACIÓN:  Anxo Boán Rodríguez (649068037).-

EXECUTOR MATERIAL TORNEO: Enrique Rojo Rojo  (609433157)

ENCARGADO INFOMATICA EMPARELLAMENTOS: Enrique Rojo Rojo

ARBITROS TORNEO: Juán Jesús Sanz Sixto  e  Enrique Rojo Rojo.-

AUXILIARES DE EXECUCION:  A determinar  entre pais  procedentes da escola.-

ENCARGADO  ADMINISTRACION PAXINA WEB: Camilo Rodríguez Ferreiro.-

DATA DO TORNEO:  2 de Xaneiro de 2010.-

SISTEMA.- Sistema Suízo.-

CONVIDADOS: Autoridades  Municipais, Alcalde e concelleiro deportes, Director das Escolas Deportivas, Presidente e  Representante da Federacion Galega de Xadrez,  ademáis pretendemos contar con algun xadrecista de renome.-

BASES  e PREMIOS  DO  TORNEO:    www.cichaxa.es    www.tabladeflandes.com   y  www.fegaxa.org

RITMO DOS ACONTECEMENTOS 

PRESENTACION  E RECONTO DE LISTA:  16,10  horas.-

Primeira Rolda: 16,30 horas
Segunda Rolda: 16,55 horas
Terceira Rolda: 17,20 horas
Cuarta Rolda: 14,45   horas
Quinta Rolda:   18, 10 horas
Sexta Rolda: 18, 35  
Sétima Rolda 19,10.-
Remate torneo:   19: 30   Descanso,  e  desempates  torneo Xigante.-

20 horas.-   Execución  da  entrega de premios  a cargo de Enrique Rojo  e sorteo da camiseta  do club.-  Clausura do Torneo a cargo de Anxo Boán.-Entrega de lambetadas  ou similar á saída do Pavillón unha vez clausurado o torneo,   (ás 20,30 aproximadamente)

VII     OPEN DE XADREZ DE CHANTADA. BASES  TORNEO

   BASE PREVIA.- Co patrocinio do Concello de Chantada, y Organizado polo club Circulo Chantadino de Xadrez, o vindeiro 2 de Xaneiro do 2009, a partir das 4,15 da tarde  celebraremos  no Pavillón Polideportivo Municipal de Chantada o VII OPEN DE XADREZ  DE CHANTADA  promovido polo club  Circulo Chantadino de Xadrez  e que se rexirá polas bases que se din a continuación.-

PRIMEIRA.-  INSCRICIONS   INDIVIDUAL

  1. A  Inscrición será gratuíta para todos os participantes con unha idade mínima de cinco anos e con unha idade máxima de 110 anos, e  deberase facer  mediante solicitude  as  mediante e-mail a  ben a direccion de correo electrónico   cichaxa@yahoo.es   ben  a dirección de correo electrónico  anxoboan@hotmail.com   A solicitude  será informal na que se manifestará a vontade de inscribirse e deberá conter como mínimo  o nome, apelidos  de data de nacemento, así como dirección de correo electrónico dónde poidamos confirmar a inscrición.- Tamén  se fará constar o club de procedencia número de telefono e Elo do inscrito se fora o caso, aínda que estos derradeiros requisitos non son esenciais.-
  2.    Tamén podes contactarnos a través da páxina  web  www.cichaxa.es   ,   pero  a mesma non se completará ata comunicación por correo electrónico procedente  de calquera das direccións de correo anteriores.-
  3.  Os  nenos das Escolas de Xadrez de Chantada  farano a través do director da mesma  Enrique Rojo Rojo.-

   AFORO: O prazo remata  antes das 24 horas do 31-12 do 2009  ou  esgotarse o aforo ata  80  participantes  seguindo a orde dos correos chegados, sendo que nas listas colectivas terán preferencia os primeiros inscritos sobre os últimos inscritos

SEGUNDA.- INCRICION POR EQUIPOS.-

Poderán inscribirse  ata un equipo por club e categoría  dentro do prazo  e nas direccións de correo previstas para a categoría individual.-

    As categorías, tendo  en conta a data desta convocatoria, serán:

         a.-Categoría   nen@s  sub 12.- con todos aqueles nen@s nados no ano 1997 e posteriores

         b.-Categoría absotuta : Todos aqueles nados antes do 1-1-1997.-

   O número  mínimo de inscrición por equipos será de catro xogadores por categoría  e a puntuación final obtense  da suma dos puntos obtidos polos catro mellores clasificados de cada club e categoría. Se desta suma se dera empate, miraranse os quintos mellores clasificados, os sextos e asi sucesivamente, e se aínda persistira o empate, decidirase  por  moeda a cara ou cruz.-

TERCEIRA .- GRUPOS   E  SISTEMA DE XOGO.-

        Sen Prexuízo das categorías que se dirán na sección de premios o  torneo desenrolarase en dous Grupos:

      A.- GRUPO A .-  Nados  en data anterior a 1-1-1997.- Serán  partidas rápidas con  5+5 minutos de tempo para cada xogador.  O sistema é o  suizo  con 7 quendas,  e en caso de empate,  o  sistema será o Buchoz  progresivo.-

     B.-GRUPO B.- Nados  o dia 1-1-1997 ou data posterior.-   Seis   roldas   con tempo de 5+5 minutos para cada xogador.-  Ao final  do torneo  os dous mellores clasificados siguindo un sistema de desempate de Buchoz progresivo,  se fose o caso,  xogarán  a final nun  xadrez xigante cun tempo de 15 minutos cada xogador.-  Os  sistema de desempate será  igualmente o sistema  BUCHOZ  PROGRESIVO.- O  primeiro clasificado xogará con brancas e o segundo clasificado con mouras.- En caso de táboas  o campeón será o xogador que leve as mouras.-

CUARTA .- CATEGORIAS E PREMIOS.-

 a)     TROFEOS.-

     Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada  ao Equipo Campeón de Categoria Absoluta: Trofeo   ao  equipo mellor clasificado que resulte  da suma dos  puntos das catro mellores clasificacions individuais no grupo A, e caso de empate procederase como antes se dixo.-

     Premio  Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo  ao Equipo subcampeón da Categoría Absoluta: Ao Segundo clasificado  seguindo os criterios anteriores.-

   Premio  Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo  ao  Equipo Campeón  da Categoría  Infantil: Seguindo os criterios anteriores ao  equipo mellor clasificado  formado con xogadores do grupo B)

    Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo  ao Equipo Subcampeón da Categoría Infantil: Seguindo os criterios anteriores ao equipo mellor clasificado formado  por xogadores do Grupo B)

     Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao Campeón absoluto do Torneo

     Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao  Mellor clasificado Sub-12.-

     Premio  Escolas Deportivas Muncipais de Chantada: Trofeo  ao xogador local mellor clasificado na categoría absoluta.-
                              
b)  MEDALLAS  donadas  polo CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ.-

Independentemente  do grupo que cada  participante  estivera  inscrito,  e tendo en conta que iste torneo foi convocado no ano 2009  optaran  a medalla  os siguinte participantes:

1.- Campión/a  e subcampión/a  categoría  Absuluta   que  corresponde ao primeiro e segundo clasificado  do  GRUPO A) 

2.-Campión/a  e  subcampión/a  SUB-16.- os dous  mellores clasificados   nados entre  o  1/1/1993  e o 31/12/1994

3.-Campión/a   e subcampión/a  SUB-14.- os  dous mellores clasificados nados entre o 1/1/1995 e 31/12/1996.-

4.-Campión/a e subcampión/a   SUB  12.- os dous  mellores clasificados nados entre o  1/1/1997  e  o 31/12/1999

5.-Campión/a e subcampión/a     SUB  10.- os  dous mellores clasificados nados a partir do 1/1/2000

c)  OUTROS AGASALLOS CONCELLO DE CHANTADA.-

   Pan con nocilla,  lambetadas ou similar  para  os nenos  a  cargo do Concello de Chantada.- Tamén se sorteará unha camiseta   con  emblema do CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ  entre  os  máis pequenos.


        CUARTO.-  MODIFICACIONS DESTAS BASES.-

     Pretendemos  dotar de seriedade o torneo sen perder a súa vocación festiva do evento.- A Organización  por motivos de aforo, material ou outras igualmente xustificadas   reservase o dereito de leves modificacións das bases  do torneo que non  afectaran  o sustancial orde establecido.- Se por motivos de aforo se variase o local do xogo, sempre dentro da mesma localidade, preavisarase  polo menos con 48 horas de antelación  no correo electronico  que  aos efectos de confirmación da inscrición nos proporcionedes.-

 Así mesmo  durante a competición deberá estar presente  algún adulto encargado dos que participen  na categoria de menos de 12 anos.- A organización reservase o dereito de pedir DNI ou libro de familia acreditativo da idade.-

Faise saber: Que  este  torneo  navideño  creado  no ano 1995 vai gañando en número de participantes cada ano  e  que pretende  atraer  como atrae cada ano máis número de participantes.- Na ediccion anterior acadou  cerca de setenta participantes  sendo  record de participacion na vila Chantadina  dende a fundación do clube  enriba de eventos  cheos de éxito como foron o campionato provincial escolar do 2008,  o OPEN de agosto 2009 con motivo das festas patronais  ou  a do derradeiro GALIZA CENTRAL  do pasado  10 de Outubro  que  a súa vez foi etapa record en número de participantes de todas as etapas celebradas por mor do Circuito Galicia Central.-

  Forzosamente temos que agradecer ao Concello de Chantada  o patrocinio do VII OPEN DE XADREZ DE CHANTADA,  e desde logo agradecer de maneira especial a todos os participantes que  a bo recado van acudir prodecentes de todos os puntos da Terra Galega  e aínda de máis lonxe  e  precisamente por ese esforzo que reporta, temos que forzosamente  agradecer de forma anticipada a presenza e participación de todos aqueles que acoden a este torneo  procedentes de todos os  puntos das terra  galega  e aínda máis lonxe e de maneira especial aos  MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE, XUNTO COS ANTERIORES  SON OS QUE LLE  DAN  VIDA  A  ESTE TORNEO  E  FAN QUE CADA ANO  SIGA  AUMENTANDO EN PARTICIPACION

                                                Ado.- ANXO BOAN RODRIGUEZ.- (Tesoreiro e encargado de organización.-) Teléfono Contacto 649 068 037


Organiza:

Logo
Círculo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es/

Patrocina:

Foto
Concello de Chantada
http://www.concellodechantada.org/

 

TablaDeFlandes