VI Aberto Xadrez Chantada

Chantada - Lugo

No parque do campo da FEIRA VELLO (Onde está a Cruz Vermella.
Xogarase nos rusticos pendellos semiabertos recen restaurados).

18 e 19 agosto de 2009 | Resultados

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino

Bases:

Data: 18 e 19 de Agosto de 2.009

Local de Xogo: No parque do campo da FEIRA VELLO (Onde está a Cruz Vermella. Xogarase nos rústicos pendellos semiabertos recen restaurados).

Inauguración e comezo: para as categorías sub-10, sub-14 e sub-18 será o Martes 18 de Agosto 2.009 ás 16:30 horas; Para os maiores de 18 anos e para os 3 primeiros clasificados de cada unha das categorías anteriores, así como para os equipos que se formen (un só por club), será o Mércores 19 de Agosto ás 16:30.

Categorías:
Sub-10: nados no 99 e post.
Sub-18:nados entre o 1/1/91 e o 31/12/94.
Sub-14: nados entre 1/1/95 e o 31/12/98.
Absoluta: nados antes do 1991.

Para participar nas categorías Sub-10 e Sub-14 é obrigatoria a presenza dos pais ou adulto encargado.

Participación: é libre.

Sistema e Ritmo de xogo: Suízo a 6 Roldas con 10 minutos por Xogador.

Trofeos e agasallos: A clasificación de cada equipo obtense a partires da suma dos puntos dos 5 xogadores mellores clasificados de cada equipo. Para participar por equipo han de ser polo menos 3 inscritos do mesmo clube.

· Trofeo ao campión e subcampeón de todas e cada unha das categorías.
· Medallas para os clasificados entre o 6º e o 8º de cada categoría.
· Trofeo aos 3 clubes mellor clasificados.
· Trofeos mención de honra ao participante máis novo, ao xogador local mellor clasificado, á participante feminina mellor clasificada e aqueles que a organización teña ben a conceder.
· Sorpresas para os demáis participantes.

Inscrición: de Balde. Chamando entre as 20 e 21 horas aos teléfonos: 609 433 157 (Enrique) e 649 068 037 (Anxo) ou no e-mail: cichaxa@yahoo.es, deberá conter: nome do equipo, teléfono de contacto, nome, apelidos, data de nacemento e número de licencia federativa de cada un dos participantes. No caso de inscricións individuais: nome, apelidos, data de nacemento e teléfono.

Data Límite: 17/08/2009.

Director: Enrique Rojo Rojo (Director da escola de xadrez do clube)


Patrocina:

Comisión de festas de Chantada

Círculo Chantadino de Xadrez