II Circuito Galiza Central: Torneo de Chantada

Chantada - Lugo

Pavillón Polideportivo Municipal de Chantada

Sábado 10 de outubro de 2009 | Bases | Galería Flash Fotos

TORNEO DO II CIRCUÍTO GALIZA CENTRAL

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino

En españolEn galego

Final:

Foto

O pasado sábado día 10 de outubro, celebrouse en Chantada a sexta etapa do circuíto GALICIA CENTRAL, promovido polos clubes de Xadrez  Círculo Chantadino, Lalín, Silleda, Bandeira  A Estrada e Cuntis. Houbo moitos de participantes, en número de case 70 participantes, posiblemente a máis numerosa de todo o Circuíto deica hoxe.

Foto

O próximo sábado terá lugar a última etapa do Circuíto de Xadrez Galicia Central, que dado que ten como aliciente a clausura do circuíto, posiblemente supere ese número,  tendo en conta que Chantada aportará  entre 30 e 35 xadrecistas para ir a Estrada.

TROFEOS ED Municipais de  CHANTADA POR  EQUIPOS:

CAMPION: CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ

Foto

SEGUNDO: ESCOLA DE XADREZ DE LALIN

TERCEIRO: ESCOLA DE XADREZ DE PONTEVEDRA 

TROFEOS   MELLORES XOGADORES LOCAIS  doados por Círculo Chantadino de Xadrez/ Escolas Dep. Municipales de Chantada        

MELLOR XOGADOR LOCAL CATEGORIA ABSOLUTA: Camilo Rodriguez Ferreiro.

Foto

MELLOR XOGADOR LOCAL  SECCION INFANTIL:  Martín de Arriba Vázquez (que deixa no medalleiro vacante para o seguinte clasificado)

Foto
Martín de Arriba

MEDALLEIROS  (Medallas doadas  polo  combinado GALICIA CENTRAL. Estrada e Cuntis)

CATEGORIA ABSOLUTA: gañou Pedro Zurano López, de Tarrasa,  con un ELO internacional da orde de 2.300, sendo segundo e terceiro clasificado Salvador Crespo Varela e Juan Jesús Sainz Sixto.- Na categoría absoluta feminina gañou Sara Espiña Prieto, de Lalín.

Foto
Pedro Zurano

Foto
Sara Espiña

Na categoría sub 16/sub 18 foi vencedor Carlos Rojo Delgado de Chantada. mentras segundo e terceiro foron os lalinenses Adrian Espiño e Martín Saa Lopez. A vencedora femina foi IRIA MONTES REY

Foto
Carlos Rojo

Foto
Iria Montes

Na categoría Sub 14 foi vencedor Javier Varela García. seguido de Daniel Reboredo García e Alberto Pérez Sánchez.

Foto
Javier Varela

Foto
Campiona Sub 14

Na categoría sub 12, foi vencedor  MIGUEL PUGA SANCHEZ, segundo Alvaro Maqueira Vidal e terceiro DAVID MANUEL LOPEZ FERNANDEZ e na categoria feminina gañou DARIA PEREZ LOPEZ.

Foto
Miguel Puga

Foto
Daria Pérez

Na categoría sub 10  resulta vencedor ANTONIO Dieguez Vázquez, segundo PABLO FERREIRO SOYA, MARCOS FERREIRO HERMIDA, sendo  a mellor clasificada feminina ANA DOVAL FERNANDEZ.

Foto
Antonio Dieguez

Foto
Ana Doval

En Nadal  celebrarase, o clásico OPEN DE NADAL DE CHANTADA,  un clásico xa do xadrez en Chantada, que ten como particularidade  que,  unha vez realizado o mesmo, Anxo Boán,  fundador deste torneo, así como dos dous clubes de xadrez da vila Chantadina, abandona a dirección do xadrez chantadino.

Anxo Boán
Círculo Chantadino de xadrez


Calendario de Torneos do II Circuíto Galiza Central:

30 de maio: Lalín| 27 de xuño: A Estrada | 18 de xullo: Silleda | 28/29-agosto: Cuntis
5 de setembro: Lalín | 10 de outubro: Chantada | 17 de outubro: A Estrada

Organizan:

Club de xadrez Galiza Central
Clubs de xadrez Círculo Chantadino (Chantada-Lugo), Escola xadrez Lalín, Ágora (Silleda), A.C. A Estrada e Cuntis

Colabora:

Federación Galega de Xadrez

Patrocinan:

Xunta de Galicia. Dirección Xeral para o Deporte

Fundación Deporte Galego

Deputación de Pontevedra

Concellos de Chantada, Lalín, Silleda, A Estrada e Cuntis

Termas de Cuntis

Sitio Oficial:

Xadrez en Galiza
http://xadrez.foroactivo.eu/