Galicia/Galiza
Galicia

Presentación Pena "Alexei Shirov"

Pontevedra

Escola de Xadrez Pontevedra Web | Fotos
Sábado 3 de abril de 2010

Informa: Círculo Chantadino de Xadrez Chantada. Lugo Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Foto
De esquerda a dereita: GM Iván Salgado (EIK-M), Diego Álvarez (Circulo Chantadino) e GM Alexi Shirov

O Circulo Chantadino de Xadrez descansou durante esta Semana Santa, na que só os máis cativos Martín de Arriba e Alberto Amarante seguiron co taboleiro nos Campionatos Galegos de Padrón onde conseguiron discretas posicións que se mellorarán para o ano que vén.

O vindeiro sábado 10 continúase a Liga Galega, na cal o Circulo Chantadino na súa undécima etapa debe superar a proa que ten pendente fronte ao derradeiro, o XADREZ OURENSE, que intentará como é lóxico manterse na categoría mentres o Circulo Chantadino intentará consolidar o ascenso a Primeira División de Xadrez. Polo Circulo Chantadino xogarán Hoffman, Gotera, Diego Álvarez e Ricardo García, aos que de gañar só lles quedará por superar o obstáculo do Liceo B para ascender directamente a Primeira División na súa calidade de campións de grupo.

Foto
O GM Alexei Shirov facendo dedicatorias do seu libro para Anxo Boán e Diego Álvarez (Circulo Chantadino)

Mentres tanto, a noticia para o Circulo Chantadino non estaba en Chantada, senón en Pontevedra, onde foi unha representación para asistir a creación da Pena Alexei Shirov das mans de Daniel Rivera e da Escola de Xadrez de Pontevedra.

A Escola de Xadrez de Pontevedra é un club que non para de medrar, e todo iso grazas a un traballo constante e ben feito de todos os seus membros e en especial da man do Mestre Internacional Daniel Rivera.

Foto
O MI Daniel Rivera, Director Técnico da Escola Xadrez Pontevedra

O sábado 3 de abril, coa decidida intervención e pulo do Mestre Rivera creouse a Pena que leva o nome de ALEXEI SHIROV.

Alexei Shirov, o Gran Mestre, nacido na antiga UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS de nacionalidade Letoa, defende o primeiro taboleiro da selección española de xadrez, e está a ser chamado un ídolo por meritos propios para aqueles que senten dende nenos a Paixón do Xadrez.

Foto
O GM Alexei Shirov movendo as pezas

Shirov, dende hai moitos anos está na elite mundial, con dous subcampionatos do mundo, e sen dúbida ningunha é un dos xogadores máis carismáticos da historia do xadrez de todos os tempos, foi Campión de España, varias veces finalista no torneo de Linares, Subcampión do Mundo en Nueva Deli, entre outros éxitos que abranguen o seu impecable curriculum, e dá nome á Pena fundada o derradeiro 3 de abril en Pontevedra.

Asistiron diversas personalidades do Xadrez Galego e do Xadrez Nacional, mencionando entre outros aos Presidentes das respectivas federacións de Xadrez, tanto da Española como da Galega, Gaspar Carnero, e os Grandes Mestres Hoffman, Shirov, e Iván Salgado, e o Mestre Internacional Daniel Rivera entre outros.

Foto
O GM Alexei Shirov recibe o diploma e o suadoiro da EXP, de mans do MI Daniel Rivera

Grazas ao GM Alejandro Hoffman, algúns membros do Circulo Chantadino tivemos a ocasión de asistir a creación da Pena Alexei Shirov, en Pontevedra.

Ten a función de crear ídolos nos que crer eses rapaces tan cheos de ilusión que ten a Escola de Ajedrez de Pontevedra e do xadrez en xeral. Para o noso compañeiro Diego Álvarez, esta asistencia supuxo poder realizar o seu sono de poder estar co ídolo que o foi dende a súa infancia. Diego puido estar con Shirov, telo preto, lograr un autógrafo, falar con el, e ata tocarlle.

Foto
GM Alexei Shirov, GM Alejandro Hoffman (Circulo Chantadino), Diego Álvarez (Circulo Chantadino), e o
GM Iván Salgado (EIK-M) sentados. En pé o MI Daniel Rivera e David (Escola Xadrez Pontevedra)

Alejandro Hoffman, chegado o seu momento, deixoulle a cadeira ao noso compañeiro para que puidese sentarse e estar uns minutos entre os seus ídolos.

O sono de Diego Álvarez, hoxe xa non tan neno, viuse realizado, e como Diego Álvarez outros nenos soñarán e terán os seus Ídolos. Shirov é un referente a seguir polos nenos, futuros xadrecistas.

Foto
Anxo Boán (Circulo Chantadino) , GM Alexei Shirov e Diego Álvarez (Circulo Chantadino)

O meu agradecemento en nome do Circulo Chantadino, e en nome propio, en xeral a todos os membros da Escola de Xadrez de Pontevedra, mención especial a Daniel, David, Héctor, Gonzalo, Roberto, Ferreiro Magariños, polo acollemento que nos fixeron aos de Chantada. Felicitacións a esta escola e a Daniel Rivera. Os éxitos da Escola de Xadrez de Pontevedra non son senón froito do traballo ben feito. A seguir medrando e facendo cousas, crear ilusións nos cativos e facer gozar os maiores.

Grazas a todos. Grazas Alejandro.

Ánxo Boán
Círculo Chantadino. Chantada. Lugo


Informa:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/

 

TablaDeFlandes