Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 20 marzo de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Partida Comentada en Visor (Cichaxa.es)
Alejandro Hoffman vs José Maneiro

Crónica Rolda 10:

2ª D. CÍRCULO XADREZ CHANTADA 3 - CXF "BAÑOS PRINT" 1

O último sábado, día 20 de marzo, o Circulo Chantadino de Xadrez enfrontouse nun trepidante encontro ao segundo clasificado da xeral, o CXF Baños Print de Vilagarcía de Arousa, nun encontro cuxos resultados estiveron nun vaivén ata o derradeiro segundo, e nos que a sorte (que en Xadrez aínda que non é un xogo de azar tamén existe) sorriu aos locais.

Foto
Circulo Chantadino Xadrez (á Dereita) vs C.X.F Baños Print

O Circulo Chantadino de Xadrez segue encabezando a táboa clasificatoria do grupo D de segunda división, agora con 24 puntos que xa marca dous puntos de diferenza co segundo clasificado, o Fischer de Moaña, que ten 22 puntos.

O coordinador do club, Anxo Boán, que hai dúas semanas previra para este encontro que xogarían Hoffman, Ramón Delgado, Gotera e Camilo, ante a imposibilidade anunciada de Gotera para este encontro, fixo trocos xa dende a anterior xornada entrando a defender Camilo o cuarto taboleiro naquel entón, e reservando para esta a Pedro Guitián no terceiro taboleiro ademais da nova entrada a Diego Álvarez que se perdeu a partida fronte ao Ateneo, combinando deste modo a estrutura dun equipo sólido ante os fortes rivais do mes de marzo (LALIN, ATENEO Y BAÑOS PRINT) co mantemento da cohesión do equipo a cada paso máis unido.

Foto
Polo Circulo Chantadino xogaron Hoffman. Ramón Delgado, Pedro Guitián e Diego Álvarez

O encontro con Baños Print foi emocionante nos catro taboleiros.

No primeiro taboleiro Hoffman, fronte a Maneiro Blanco presentou a partida máis emocionante de todas as que leva xogado co Circulo Chantadino. Partida que se decidiu xa no tempo que procedía das bonificacións de 30 segundos por xogada.

No taboleiro número dous, aínda con pequena vantaxe para Ramón Delgado -que xogaba con Xurxo Novales- a incerteza perdurou ata que os reloxos marcaban os derradeiros minutos da partida, e nos que chegou o momento que a clara posición gañadora do chantadino provocou o abandono do de Vilagarcía.

O taboleiro número tres, defendido por Pedro Guitián fronte a López Maneiro, entraba nuns derradeiros 20 minutos de partida con mala pinta para os chantadinos. Pedro Guitián tira un cabalo sobre a base dun cálculo de cambialo por tres peóns nunha mellor posición cara o final de partida, logo os tres peóns quedaron en dous e esa mellor posición non foi tal, e só entrados na fase final co reloxo contando xa ata os segundos, un erro do de Maneiro á postre custoulle unha torre, e decantou a partida para o do Saviñao do Circulo Chantadino.

Finalmente Diego Álvarez que tivo mellor posición durante boa parte do encontro, complicouse no medio xogo, perdendo un peón e cedendo paulatinamente espazos, e aínda que ambos os dous esgotaron o tempo, a vitoria para o de Vilagarcía tamén era un resultado predicible entadas as oito da tarde.

Foto
Diego Álvarez
que non tivo na xornada do día 20 o seu mellor día, segue sendo unha firme promesa do Circulo Chantadino

Podemos dicir que chegadas as oito da tarde, cando a cada xogador só lle quedaba o tempo acumulado das bonificacións, todo estaba aínda no aire, ou mesmo que pintaban mellores expectativas de triunfo para os visitantes. Ao final non foi así e quedaron na casa tres dos catro puntos disputados.

A liga galega descansa con motivo da semana santa e dos campionatos galegos de Padrón, para a reanudación, a partires do  dia 10  de abril, os do Circulo terán  como riváis aos outros dous equipos de Ourense, cal e o xadrez Ourense, e o Liceo Caixa Postal, esta derradeira aprazada con motivo do temporal, cal o primeiro parece estar descendido e o sengundo nunha posición da táboa que parece que pouco se teña que xogar.

A clasificación por arriba está liderada polo circulo chantadino con 24 puntos, o Fischer de Moaña con 22 é segundo, seguidos dun grupo formado por Baños Print, E.A. de Lalin, Loureiro A, e Ateneo de Ourense con tan só unha diferenza de punto e medio entre eles, despois xa máis afastada a Escola da Xadrez de Pontevedra todos eles e octavo o Liceo B con 18,5 puntos, todos eles con algún enfrontamento entre si, e no que todos aínda teñen posibilidades de promoción ao ascenso a falta de duas xornadas para o remate da liga.

Foto
A pesar da derrota o CFX Baños Print de Vilagarcía en ningún momento foi inferior ao Círculo Chantadino

Así, a Escola de Lalín terá en fronte ao Karpov (que necesita os puntos para eludir o descenso) e recuperar a xornada aprazada fronte a E.X. Pontevedra; os do Fischer de Moaña teñen que recibir ao potente Loureiro e saír a Vilagarcía fronte aos do Baños Print; os do Loureiro teñen que visitar a cancha do Fischer, e recuperar a xornada perdida fronte ao Ateneo de Ourense, aos do Ateneo de Ourense quédanlles nas vindeiras xornadas os veciños do Liceo B e do Loureiro A, Escola de Xadrez de Pontevedra e Ateneo de Ourense con tan só unha diferencia de punto e medio entre eles e octavo o Liceo B con 17 puntos, e finalmente os do Baños Print, que dependen xunto cos do Fischer de si mesmos para o ascenso, pois na vindeira xornada reciben aos de A Estrada, para rematar a tempada, recibindo na propia casa aos do Fischer, o que pode ser a partida que decida quen menos promove ao ascenso á primeira división.

 
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
3 - 1
 
CXF "BAÑOS PRINT"
B ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1 - 0
N JOSÉ MANEIRO BLANCO
N RAMÓN DELGADO COMERMA
1 - 0
B XURXO NOVALES ORDAX
B PEDRO GUITIÁN VÁZQUEZ
1 - 0
N JOSÉ MANUEL LÓPEZ MANEIRO
N DIEGO ÁLVAREZ GÓNZALEZ
0 - 1
B CHRISTIAN ABAL CORES

Programa GEFE. Resultados Liga Galega de Xadrez

Outros resultados de Segunda División Grupo D:

Local
Resultado
Visitante
KÁRPOV AFICIONADOS
0,5 - 3,5
FISCHER MOAÑA "B"
XADREZ LOUREIRO "A"
2 - 2
CLUBE ÁGORA
EXP "ZONA INFORMATICA"
3 - 1
CLUB XADREZ OURENSE "D"
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
3 - 1
CXF-BAÑOS PRINT
A.C. A ESTRADA
2 - 2
ATENEO DE OURENSE
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B"
1,5 - 2,5
ESCUELA LALÍN "A"

Programa GEFE. Clasificación dos Grupos de Segunda División

Anxo Boán e Círculo Chantadino de Xadrez

Crónicas anteriores:

Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | Rolda 5 | Rolda 6 | Rolda 7 (derradeira) | Rolda 8 | Rolda 9

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes