Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 10 de abril de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 11:

2ª D. XADREZ OURENSE D 1,5 - CIRCULO XADREZ DE CHANTADA 2,5

O Circulo Chantadino de Xadrez, na undécima etapa da liga galega de xadrez venceu ao Xadrez Ourense D por 1,5 a 2,5.

O equipo do Circulo Chantadino estivo formado Hoffman, pedro Guitián (que substituía a Gotera), Diego Álvarez e Ricardo. Con esta vitoria, ( falta de recuperar o vindeiro sábado a sétima xornada de liga suspendida polo temporal) o Circulo Chantadino de Xadrez suma 8 vitorias por unha soa derrota e un so empate. Tendo en conta a traxectoria e superioridade de Hoffman nesta liga, tan só un desastre podería privar ao Circulo Chantadino do ascenso directo a primeira división.

Para que o Circulo Chantadino fose privado do ascenso, terían que perder os tres acompañantes de Hoffman fronte ao Liceo Academia Postal, (que pouco se xoga xa) e ademais desta circunstancia teríase que dar o resultado de 4-0 en favor dos do Fischer de Moaña fronte ao potente equipo de Vilagarcía de Arousa, o "Baños Print" do Clube de Xadrez Fontecarmoa.- (circunstancias ningunha imposíbel, pero é que ademais de ser difícil a primeira e pouco probábel a segunda deben concorrer na vindeira xornada).- Claro que se Hoffman falla as posibilidades que o Circulo perda o primeiro posto aumentan.

Foto
O Gran Mestre Alejandro Hoffman, non defraudou e deu ao Circulo un punto por partida
Foto de Arquivo. Torneo Velero Sin Enroque 2008 en EIKM

Alejando Hoffman ademais de ser un xogador de elite mundial na presente edición da liga galega foi a un punto por partida dunha maneira sólida e segura que nada fai presaxiar que poida ter complicacións o vindeiro sábado no que se recuperará a xornada perdida polo temporal.

Foi o deste sábado 10 de abril o encontro máis rápido de toda a liga, xa que en pouco máis de dúas horas todas as partidas estaban rematadas.- Hoffman e Diego Álvarez gañaron rápido, Ricardo mellor posicionado e teoricamente superior ao seu rival complicouse cona perda de material que lle obrigou a abandonar, e Pedro Guitián aceptou as táboas que lle propuxo o adversario.

Con este resultado nada asegura ao Circulo Chantadino, pero unido aos resultados que logo se foron desenrolando, parece que se cumpre o obxectivo de ascender a primeira división, como durante o torneo de finais de agosto en Chantada anunciara Boán, xunto con Camilo e Ricardo que foron os que máis partidas xogaron na pasada tempada na que ascenderon a segunda división.

Foto
Foto de Arquivo. Torneo de finais de agosto en Chantada, cando Boán anuncia novas incorporacións
que deberían levar ao Circulo Chantadino á primeira división do xadrez

O vindeiro 17 de abril recupérase a xornada suspendida o dia 27 de febreiro a causa do temporal, onde Boán espera contar con Hoffman, Gotera, Diego Álvarez e Ricardo ou Brea para selar o ascenso. Se fallase Gotera este sería substituído por Guitián ou Camilo.

A CLASIFICACION, a falta só das variacións que se sufran con motivo da xornada do temporal, está encabezada polo Circulo Chantadino con 26,5 puntos, seguido do Fischer de Moaña con 24, a EX Pontevedra 23, EA de Lalín 22, Baños Print 22 y Loureiro A con 22 tamén. Seguen practicamente sen posibilidades o Ateneo con 21 e o Liceo B con 18 puntos. Por abaixo o Xadrez Ourense descende tras a visita do Circulo Chantadino, o Agora Silleda teno complicadísimo tras a derrota de 4-0 fronte a EX de Pontevedra, e pelexarán por eludir o descenso entre os da Estrada eo Karpov afeccionados, aínda que o mesmo Liceo no peor dos casos debería procurar puntuar para asegurarse a permanencia.

Na derradeira xornada un empate entre o Circulo Chantadino eo Liceo B serviría a uns para asegurar o ascenso e aos outros para asegurar a permanencia en segunda división, aínda que ambos intentarán gañar os seus encontros, corroborando a ética e acostumada actuación do Circulo Chantadino nestes casos, e a recíproca ética por parte do liceo. Aínda así unha vitoria para calquera deles non deixará cabida a malintencionados comentarios que nestes casos sempre existen.

Foto
Dende o comezo da liga o Circulo Chantadino só sufriu unha derrota fronte á EX Pontevedra
e un empate fronte á EA de Lalín, contando os seus encontros por vitorias

Mentres o Circulo Chantadino ten como rival ao Liceo Academia Postal donde tratara o primeiro de asegurar o liderado do grupo e o segundo de asegurar a súa permanencia en segunda, todos e cada un dos perseguidores do Circulo Chantadino teñen a complicación de ter un rival forte xa que se enfrontan entre eles e agás o Fischer de Moaña, a quen lle podería valer un empate, todos os demais necesitan a vitoria ampla para conseguir o posto de promoción a primeira división. E así, a EA de Lalín recibe aos rapaces da EX de Pontevedra; Os Fischer de Moaña enfróntanse ao Baños Print de Vilagarcía nun encontro a vida ou morte e finalmente o Loureiro A xogarán súa derradeira baza fronte ao Ateneo Ourensán, xa sen posibilidade ningunha de ascenso, pois aínda que está a menos de catro puntos da promoción, o enfrontamento entre os aspirantes á mesma fan imposíbel matematicamente que o Ateneo poida aspirar a este mester.

 

 
CLUB XADREZ OURENSE "D"
1½ - 2½
 
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
B MARTÍN SABUZ FORNEIRO
0 - 1
N ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
N ANDRÉS MIGUEL VÁZQUEZ SILVA
½ - ½
B PEDRO GUITIÁN VÁZQUEZ
B LUIS MANUEL DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ
0 - 1
N DIEGO ÁLVAREZ GONZÁLEZ
N LUIS RUÍZ DE ALMIRÓN LOMO
1 - 0
B RICARDO GARCÍA VIGO

Programa GEFE. Resultados Liga Galega de Xadrez

Outros resultados de Segunda División Grupo D:

Local
Resultado
Visitante
ESCUELA LALÍN "A"
2 - 2
KÁRPOV AFICIONADOS
ATENEO DE OURENSE
2 - 2
LICEO ACADEMIA POSTAL
OURENSE "B"
CXF-BAÑOS PRINT
1,5 - 2,5
A.C. A ESTRADA
CLUB XADREZ OURENSE "D"
1,5 - 2,5
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
CLUBE ÁGORA
0 - 4
EXP "ZONA INFORMATICA"
FISCHER MOAÑA "B"
2 - 2
XADREZ LOUREIRO "A"

Programa GEFE. Clasificación dos Grupos de Segunda División

TERCEIRA DIVISIÓN. GRUPO E:

Para o Circulo Chantadino o cometido de dar entrada aos máis nenos e que vaian tomando contacto coas competicións. Era o seu gran obxectivo e parece xa cumprido.

Foto
Martín de Arriba, con Anxo Boán

Polo que respecta a terceira división o PROTAGONISTA DA SEMANA Martín de Arriba correspóndelle o protagonismo da semana por vencer a súa partida fronte ao Xadrez de Ourense, mentres os máis pequenos enfrontábanse entre eles. Martín de Arriba Vázquez, de 11 anos de idade, é hoxe xunto con Lionel Salgado unha consolidada esperanza do Circulo Chantadino. Con Boán de Monitor conseguiu un campionato provicial individual na categoría

Anxo Boán e Círculo Chantadino de Xadrez

Crónicas anteriores:

Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | Rolda 5 | Rolda 6 | Rolda 7 (derradeira) | Rolda 8 | Rolda 9 | Rolda 10

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes