Galicia/Galiza
Galicia

Círculo Chantadino de Xadrez

Chantada - Lugo

Venres 17 decembro de 2010

Informa: Círculo Chantadino de Xadrez Chantada. Lugo Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

O DERRADEIRO 17 DE DECEMBRO O CIRCULO CHANTADINO RÉNDEO HOMENAXE AO GM IVÁN SALGADO

O Club de Xadrez do Sur lucense, o “Circulo Chantadino de Xadrez”, recen ascendido a primeira división,  réndeo o derradeiro venres 17 de decembro unha homenaxe ao Gran Mestre  Internacional de Xadrez Iván Salgado,  acto ao que acudiron ademais do Gran Mestre homenaxeado, o Gran Mestre Internacional Alexa Strikovic, de orixe Serbio,  ademais o Gran Mestre Arxentino Alejandro Hoffman do Circulo Chantadino de Xadrez, o Presidente da Federación Galega Gaspar Pérez Carnero e o Concelleiro de deportes  Idelfonso Piñeiro Díaz

Foto
De esquerda a dereita: Gaspar Pérez (Pte. Federación Galega),
GM Iván Salgado, GM Alexa Strikovic e GM Alejandro Hoffman

O acto comezou cunha breve presentación de Iván Salgado, O Gran Mestre Internacional Iván Salgado. Logo os cativos dunha maneira moi ordenada lle fixeron as preguntas que tiveron por convinte….

Foto
Os pequenos do Circulo Chantadion escoitan con interese a Iván Salgado

Un dos nenos lle preguntou que se sentía cando se era subcampión do mundo, galardón acadado recentemente en Turquía, e Iván contestou que paradoxalmente, o día que resultou ser subcampión do mundo que se sentía moi mal, pois viña de perder unha final, logo á pregunta polo rival máis temido contestou que o rival máis temido era el mesmo…

Foto
Iván contestando ás numerosas preguntas que lle fixeron os rapaces do Circulo Chantadino

E así ata rematar un ameno coloquio, cando recibiu unha figura de Sargadelos representativa do Cabaleiro da Ponte do Porco, e un estoxo de viño de Chantada da Adega do Cabo do Mundo.

Foto
O GM Iván Salgado coa figura de Sargadelos "Cabaleiro da ponte do Porco"

O Circulo Chantadino de Xadrez agasallou aos cativos asistentes cun pequeno libro onde puideron recoller os autógrafos de Iván Salgado e os outros grandes mestres asistentes ao acto con quen tiveron ocasión de fotografarse tanto de forma individual como colectiva.

Foto
Iván Salgado accedeu á petición dos numerosos cativos que lle pedían autógrafos.
Os pequenos tamén pedían autografos a Alexa Strikovic (na foto) e a Alejandro Hoffman

Despois do acto unha cena na cafatería Centro ónde ademais dos convidados do Circulo Chantadino tamén participaron os cativos.

Foto

Foto

E aínda seguimos na cafetaría Hilton onde en partidas rápidas de 5 minutos, tivemos ocasión de amenizar a noite xogando cos grandes mestres, os cales un tras outro nos fixeron sucumbir ante a súa magnífica superioridade.

Foto
Lionel Salgado xogando co GM Iván Salgado

Ánxo Boán
Círculo Chantadino. Chantada. Lugo
http://www.cichaxa.es

Nota Previa:


O VINDEIRO 17 DE DECEMBRO , O CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ RENDE HOMENAXE AO GRAN MESTRE IVÁN SALGADO

Foto
O Gran Mestre Iván Salgado xunto aos responsables do Circulo Chantadino

O vindeiro  17 de decembro  o mozo Gran Mestre de Xadrez Ourensán,  que forma parte da Selección Española de Xadrez, visitará as instalacións  do Circulo Chantadino de Xadrez con motivo do Homenaxe que este clubs rende a este xadrecista de elite mundial.

Ao acto acudirán tamén os Grandes  Mestres Alejandro Hoffman, membro do club anfitrión, así como Strickovich constando así mesmo coa presenza do Presidente da Federación Galega de Xadrez, entre outros convidados.

Foto
Xadrecistas do Circulo Chantadino co GM Iván Salgado

Ás  nove da noite  o Gran Mestre Ourensán visitará as escolas do Circulo Chantadino onde os nenos poderán ter cumpridas as súas ilusións de estar  persoalmente con Iván Salgado e onde terán ocasión de fotografarse co seu ídolo, e incluso pedirlle autógrafos, rematando o acto con unha cea do clube onde se entregará ao Homenaxeado un  distintivo da súa visita a Chantada así como do merecido homenaxe que este Club ten a honra de renderlle, para ilusión dos nosos mozos xadrecistas e para exemplo das vindeiras xeracións xadrecísticas diste club do sur lucense.

Ánxo Boán
Círculo Chantadino. Chantada. Lugo
http://www.cichaxa.es


Informa:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

 

TablaDeFlandes