Galicia/Galiza
Galicia

Campionatos Zonais e Provinciais de Xadrez Escolar en Lugo

Lugo

Centro Lug-2

25 de abril e 1 de maio de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Nota de Prensa:

Campionato Zonal Lugo Centro e Fase Previa dos Campionatos Provinciais

O pasado día 25 de abril de 2010 tivo lugar no Centro Lug-2 de Lugo o campionato zonal de Xadrez Escolar, tanto individual como por equipos, torneo valedoiro para clasificarse para a fase final do campionato provincial por equipos que despois se celebraría no mesmo centro o día un de maio pasado.

Os eventos estiveron impulsados dende a Xunta de Galicia, e dende a Federación Galega de Xadrez, organizados en Lugo por Pablo Castro Girona e pola Escola Lugesa de Xadrez.

Foto
Foto do local de xogo. Centro Lug-2. Lugo

Para que fose posible a participación chantadina, do mesmo xeito que xa se fixera nos anos 2008 e 2008, o Director das Escolas Deportivas Municipais de Chantada, Guillermo García, mutualizó aos pequenos inscritos naquelas escolas, para que, deste xeito o responsable da sección de xadrez Anxo Boán puidese contar coa totalidade de inscritos.

Para competir, na fase zonal ou fase previa a celebrar o día 25 de abril, Anxo Boán, contaba con dezaoito pequenos procedentes do Circulo Chantadino de Xadrez que distribuíra en tres equipos, que despois vió reducido aos dez que pertencían ás Escolas Municipais. A inscrición foi tanto para participar na categoría individual coma para participar en nome de cada un dos tres equipos que compoñían a expedición chantadina, os cales foron Chantada A na categoría Alevín, Chantada Benxamín Mixto e Chantada Benxamín Feminino na categoría sub 10.

O mellor da participación por equipos foron as nenas da categoría Benxamín feminina formada por Erika Villalobos, Ana Doval e Daría López que se proclamaron campioas da categoría.

Na participación individual LUCAS LEDO ALONSO (véxanse ao final as clasificacións) proclamouse campión absoluto benxamín individual, entre medio centenar de Participantes, onde tamén destacaron Xavier Vázquez Curiel, que sorprendeu co cuarto posto e Ana Doval Fernández co quinto lugar. As actuacións de Erika Villalobos, Daría López e Salgueiro Chorén foron máis discretas nesta categoría.

Na categoría ALEVIN o equipo chantadino non estivo na fase previa á altura das expectativas e a súa actuación, limitouse a clasificarse para a fase final en segundo lugar (clasificábanse dous no zonal de Lugo e os outros dous deberían saír do zonal da Mariña Lucense).

Nos Alevíns a de cal deuna David Manuel López Fernández quen, ademais de ser o mellor clasificado dos chantadinos, consegue un cuarto posto na Xeral, o que se pode considerar de actuación exitosa, máxime se temos en conta o pouco tempo que leva competindo.

A man de area dérona Lionel Salgado e Martín de Arriba, as mellores promesas do equipo chantadino, empeorando a súa actuación respecto ao ano pasado, quedando nesta fase previa nos postos sétimo e oitavo respectivamente, e Jesús López, tras perder as dúas primeiras partidas remontou dende o derradeiro posto da táboa ata o posto 14 ao gañar as dúas últimas partidas.

Ao final os Alevíns chantadeses na fase zonal tiveron que conformarse con clasificarse para a fase final de segundos detrás das Escolas Municipais de Castro, os cales mereceron mesmo máis diferenza.

RESUMO DA FASE PREVIA: Sobresaínte, para os benxamíns e benxamínas sub-10 chantadinas (non existe campionato provincial escolar benxamín, pero en cambio poden participar na categoría superior), mentres que os alevíns quedan coa clasificación de aprobado, agás quizais a de David Manuel que se se empregou a fondo como debe ser a obriga de todo deportista comprometido cos seus compañeiros e consigo mesmo.

Había que esperar ao exame de recuperación do día un de maio na Fase Final Provincial para que estes rapaces lograsen a nota que poderían ter acadado o día 25 de abril.

Chegou o día 1 de maio cos deberes ben feitos: Un 10 incontestable Lionel Salgado Rigueira no primeiro taboleiro e outro tanto para Martín de Arriba, que analizaron cada movemento antes de realizalo e así deste xeito o día da final provincial mostraron o comportamento, as ganas, o espírito deportivo e competitivo, e, ademais os resultados, que lles faltaron na fase previa.

Lucas Ledo, o Benxamín, non necesitaba recuperación senón confirmación do seu sobresaínte que xa traía do día 25 de abril, na súa actuación como xa fixera o día dez de abril, un 10 incontestable (gañou 4 de 4 posibles na fase previa benxamín, e gañou 3 de 3 contra os de categoría superior).

Alberto Pérez, outro 10 no seu debut do día 1 de maio (gañou 3 de 3 posibles).

En resumo, o rexurdir que vén experimentando o xadrez no sur dá Provincia Luguesa estase a plasmar nos resultados tanto individuais como por equipos.

Agás Lucas Ledo que só ten 9 anos, os demais compoñentes desta fase final estarán para o vindeiro ano defendendo ás Escolas Deportivas Municipais de Chantada na categoría Infantil, mentres unha nova ondada provén da canteira para cubrir de novo as categorías Alevín e Infantil.

Foto
A Expedición presentada polas Escolas Deportivas Municipais de Chantada
O campionato Benxamín feminino por equipos, o campionato provincial individual para Lucas Ledo
e a clasificación da categoría Alevín para a final foron os resultados máis destacados desta fase previa

A Fase Final Provincial Alevín do día un de maio e a semana intermedia

Tras a actuación do día 25 de abril, Anxo Boán, responsable de xadrez nas Escolas Deportivas Municipais de Chantada, ao mesmo tempo que se mostraba satisfeito polo resultado dos Benxamíns, e sobre todo polo campionato de Lucas Ledo, e das benxamínas, encontrábase contrariado polos resultados conseguidos na categoría Alevín a pesar da clasificación lograda.

A reprimenda para Martín de Arriba e Lionel Salgado, os que había dous anos, no ano 2008, se proclamaban campión e terceiro clasificado respectivamente na categoría Benxamín á que pertencían entón. Na fase final provincial celebrada aquel ano en Chantada, acadaron xunto con Ares Montes (3 taboleiro) e Lucas Ledo (cuarto taboleiro con sete anos de idade naquel entón) o subcampionato provincial Alevin a pesar de ter no ano 2008 unha idade media de case dous anos menos que os seus adversarios.

Estes rapaces volveron formar parte da selección das Escolas de Chantada no ano 2009, cun ano máis de ensino e co Colexio dos Franciscanos en competición. A final provincial do ano pasado estivo máis disputada, pero de novo, o campionato gañárono os Franciscanos, os chantadinos tiveron que conformase de novo co segundo posto. No ano 2009, a ausencia de Ares Montes obrigou ao seleccionador Chantadino a facer un equipo máis circunstancial, pero onde novamente Lionel Salgado, Martin de Arriba e Lucas Ledo responderon de sobra ás expectativas agardadas na fase final. Non puido ser pero competiuse con entrega e deportividade e ninguén nos pode quitar o mérito do subcampionato logrado nin a satisfacción do traballo ben feito.

O campionato provincial perseguido na categoría Alevín, este ano parecía que era unha realidade. Os do Colexio Franciscanos de Lugo competían na categoría infantil, e porque os xadrecistas Lionel, Martín e Lucas, formados basicamente no Pavillón Municipal onde Boán lles deu clase dende o ano 2007 ata o último curso 2009/2010 en que empezaron co GM Alejandro Hoffman. Dous anos máis de aprendizaxe nos que foron constantes, e o adestrador contaba ademais cun abano de posibilidades para completar os taboleiros que faltaban ademais das súas reservas, mencionando expresamente a David Manuel López Fernández, Alberto Pérez, Jesús López e Hugo Méndez.

Ante a alarma acendida o día 25 de abril na fase zonal previa, e con Hoffman ausente por causa da súa entrega á Selección Galega de Xadrez, todos eles e de xeito especial Lionel Rigueira e Martín de Arriba foron avocados copiosamente polo seleccionador a que sacasen deles mesmos, cando menos, o que deles se esperaba, a dosificación do tempo, ao rendemento deportivo, a deportividade e seriedade que mostraron outros anos, certamente os que participaran ían cumprir de sobra o prometido.

Faltaba saber se todos os chamados estaban dispoñibles para xogar o día un de maio. Martín de Arriba e David Manuel estaban chamados a xogar no equipo de futbol nun encontro de transcendental importancia, Xesús tiña outros compromisos que considerou prioritarios á final provincial de xadrez, Hugo Méndez por motivos familiares ausentábase da comunidade autónoma, polo que as cousas parecían complicarse cara ao fin de semana. Chegou a hora de dar o si definitivo. Martín de Arriba, comprometido a mellorar a imaxe dada na fase previa, opta polo Xadrez antes que o futbol, Alberto Pérez que non puidese participar na fase previa comprométese co labor e, Lionel Salgado e Lucas Ledo en todo momento foron firmes na decisión de participar na fase final do campionato provincial.

Anxo Boán dispoñía de catro xogadores titulares sen ningún reserva, onde ninguén podía faltar nin ninguén ía ser substituído para descansar entre partidas. Non fallou ninguén e a entrega foi absoluta, de aí o éxito. Éxito para o seleccionador, éxito para o profesor GM Alejandro Hoffman que non lles ía aplaudir a falta de entrega despois dun ano de esforzo investido na formación dos participantes, e sobre todo amor propio e satisfacción e gloria para eles mesmos.

O resultado da conxura foi 12 puntos dos 12 posibles.

Foto
De esquerda a dereita: Lionel Salgado, Maríin Darriba, Alberto Peréz e Lucas Ledo,
dirixidos por Anxo Boán (de pé), non cederon ningun punto dos 12 posibles

Os protagonistas na fase final un a un

Foto
Lionel Salgado e Martín de Arriba seleccionados por Boán para os taboleiros 1 e 2
tiveron unha discreta actuación na fase previa do 25 de abril

Lionel Salgado e Martín de Arriba (na foto anterior), forman parte do Circulo Chantadino de Xadrez dende principios do ano 2008, onde se inseriron provenientes do Club de Xadrez de Chantada, recibindo dende entón a formación que impartía Anxo Boán no Pavillón Municipal, e xa dende os comezos do curso 2009 e 2010 recibe a formación profesionalizar a cargo do Gran Mestre Alejandro Hoffman. Lionel Salgado logrou o seu primeiro gran triunfo no Aberto de Nadal de Chantada o primeiro ano no club, o terceiro posto no Zonal de Lugo non 2008, subcampión provincial Alevín por equipos no mesmo 2008, subcampión no ano 2009, líder do Circuíto da Galicia Central durante varias xornadas e pasa a formar parte da escola de Alejandro Hoffman dende principio deste curso coa correspondente mellora de calidade no ensino.

Martín de Arriba, formado en tempo e nas escolas igual que con Lionel Salgado, no ano 2008 tras ingresar no Circulo Chantadino, proclámase campión zonal benxamín, comparte subcampionato provincial con Lionel, e chega a encabezar o liderado do circuíto da Estradeza, onde de xeito incomprensible, non asistiu ao día da xornada de clausura, quedando desprazado de aí ao terceiro posto.

No ano 2009, tras dar algunha de área, repite subcampionato provincial, gañando as tres partidas de tres, e remonta no circuíto da Estradeza ata aproximarse aos postos de cabeza. No 2010 gaña o zonal de Lalín, e ten unha discreta participación no Circuíto Galego. Martín ten talento e ganas, aínda que algunha vez lle falten ás ganas de poñer as ganas.

O último 2 de abril na fase zonal compartiu xunto con Lionel Salgado os sétimos e oitavo posto, que sabe a moi pouco para xogadores dá calidade e talento como a que eles teñen.... Faltoulles poñer as ganas de facelo e sacar o que teñen dentro como se ten demostrado que son capaces de facelo.

Foto
Alberto Pérez Sánchez debutou na fase final, na que tamén estaban convocados
David Manuel López , Jesús López, que non poideron asistir nin eles, nin o sustituto Hugo Méndez

Alberto Pérez Sánchez, formouse no Club de Xadrez de Chantada da man de Jesús García Ruiz, e dende o principio deste curso recibe a formación profesionalizar de Hoffman. Tanto no Circuíto Escolar coma no de Galicia Central como nos últimos opens do Circulo Chantadino estivo nos postos de arriba, e a mellora que experimentou este pequeno con Hoffman é espectacular. O campionato provincial por equipos o día que debuta neste torneo, con tres partidas gañadas de tres, é o inicio dun refacho de triunfos que forzosamente chegará.

Foto
Lucas Ledo, na fase previa do día 25-abril-2010,
vencedor absoluto na categoria Benxamín, foi seleccionado para a fase final da categoría Infantil

Lucas Ledo Alonso, tan só con 9 anos de idade, é un historial xadrecístico que é todo un referente. Entre medio centenar de participantes alzouse co campionato benxamín absoluto en Lugo Centro o último 25 de abril, e ten dous subcampionatos provinciais e un campionato provincial na categoría Alevín, na que participa a pesar de corresponderlle por idade unha categoría inferior.

Gañou a etapa de Chantada no primeiro Circuito Galicia Central, e xa non seguiu participando para manter o seu primeiro posto. O ano pasado tamén chegou a liderar este circuíto, pero despois perdeuse varias etapas deste, polo que este título aínda ten que esperar un pouco máis. É alumno de Anxo Boán dende que este no ano 2007 empezou a impartir clases nas escolas municipais, aínda que xa sabía mover as pezas e tiña nocións de anotación que lle ensinase Jesús García Ruiz. É o xogador máis lauredado á súa idade de todos os que se forman en Chantada. Leva un curso recibindo a formación das mans de Alejandro Hoffman, formación que neste rapaz xerminará sen dúbida.

Foto
O día 1-5-2010 ás 11,15 horas comenzou a fase final do campionato provincial escolar alevín 2010.
Á dereita EDM Chantada A, á esquerda Martínez Otero de Foz

Foto
Ás 16 horas comenza a segunda rolda fronte ás Escolas Municipes de Castro Riberas,
que confirmaba a boa racha dos chantadinos

O desenvolvemento dos acontecementos está practicamente feito nas imaxes anteriores. A disciplina e entrega foron a premisa dende o primeiro momento. Bo comportamento deportivo, respecto exquisito ao rival, coidado e concentración no que se facía e aproveitamento dos 30 minutos que dispoñían de tempo (na fase previa en tres das catro partidas de Martín e Lionel, é dicir, todas menos a que xogaron entre eles, desperdiciaron 25 dos trinta minutos que tiñan de tempo). As xogadas anotábanse e pensábase antes de xogar e non ao revés como fixeran o 25 de abril. A maña, remata anotándose os Chantadinos os catro puntos fronte ao Martínez Otero de A Mariña Luguesa. No outro partido da mañá os campións da fase previa de Lugo Centro tamén se impoñían ao Xove de A Mariña Luguesa por 3-1.

Ás 16 horas xogaban Campión e Subcampión de cada un dos zonais, ás Escolas Municipais Castro Ribera contra as Escolas Municipais de Chantada. Esta vez, a diferenza da semana anterior, os de Chantada impuxéronse por 0-4 dando conta do bue resultado conseguido.Los equipos de A Mariña empataran a dous tantos entre eles. Faltaba o enfrontamento contra o Xove, onde os chantadinos partían cunha vantaxe de tres puntos nos catro que se disputaban. Os rapaces facían os seus cálculos e posibilidades de ofrecer táboas cando un só punto abondaba ou mesmo podería chegar cunhas táboas dependendo do sonen logrado por cada un dos equipos. O preparador prohibe calquera tipo de pacto e recórdalles que a súa obriga é intentar gañar todas e cada unha das partidas, e que o peor sabor de boca para uns campións é non loitar o resultado ata o último instante, falando ademais por algunha experiencia persoal ao longo dá a súa competición xadrecística.

Foto
Os alevíns do equipo de Chantada reciben a medalla
que lles corresponde aos campións provinciais da categoría

Cun comportamento impecable, os nenos así intentárono. O Benxamín Lucas Ledo tivo problemas para sacar adiante a súa última partida na que perdera calidade, dous peóns contra tres do seu rival e un cabalo contra torre dá o seu rival. A obsesión por non pactar era tal que rexeitou unhas táboas que debeu aceptar nunha situación desvantaxosa.

A de Lucas, foi a última partida en finalizar cando os seus tres compañeiros gañaran outras tantas partidas, tres partidas e co campionato no peto. A sorte axudo ao campión, e un erro fatal da nena de Xove foi aproveitado por Lucas para coroar e gañar a torre da adversaria nunha soa xogada. De aí ao final da partida foi unha tarefa rutineira para a promesa Benjamín de Chantada, irregular na última tempada, pero impecable nos provinciais, catro de catro na fase previa, e tres de tres na final por equipos, mérito dobre se temos en conta que competiron nunha categoría superior. Triunfo para as crías, satisfacción para o seleccionador responsable das escolas, e triunfo, como non, para o ausente profesor: o GM Alejandro Hoffman.

Foto
E xa na vila chantadina festexan a súa vitoria e dedícanlla ao GM Alejandro Hoffman,
o mestre ausente na celebración por encontrarse coa selección galega de xadrez

Alejandro Hoffman, debe ser felicitado dobremente, pois ao éxito logrado polos alevíns de Chantada, hai que engadir o éxito conseguido polos irmáns José Ramón e J. Carlos Pardo, os que acoden directamente ás clases de Alejandro Hoffman en Chantada, clasificados na categoría individual no primeiro e cuarto posto respectivamente e campións da categoría infantil do Colexio Franciscanos de Lugo, equipo campión na categoría infantil tanto na fase zonal coma na final provincial.

Foto
O colexio dos Franciscanos de Lugo Campións infantís. Os irmáns J. Ramón e J. Carlos Pardo,
pupilos do GM Alejandro Hoffman, foron primeiros e cuartos na categoría infantil individual

Ánxo Boán. Círculo Chantadino de Xadrez

Torneo Escolar Alevín 2010 .
Fase Zonal Lugo Centro (25/04/2010)

Clasificación:

Posto Nome                           Feder Rtg Loc Ptos.  M-Buch. Buch. Progr.

  1   Diaz Rodriguez, Pablo                        4         4.5   8.0   10.0
  2   veiga, jesus                                 3.5       5.0   8.5    8.0
 3-5  carballo puebla, alfonso                     3         4.0  10.0    8.0
      Lopez fernandez, David manuel                3         4.0   7.0    6.0
      montecelo de la torre, alberto               3         3.0   5.5    6.0
 6-9  moreira castro, daniel                       2.5       6.0  11.0    7.0
      Salgado rigueira, lionel                     2.5       5.0   9.5    6.5
      de arriba vazquez, martin                    2.5       4.5   9.0    7.5
      rodriguez rancaño, adrian                    2.5       2.5   7.0    6.0
10-14 valiña martinez, santiago                    2         6.0  11.0    6.0
      Padorno, Jesus                               2         4.5   8.5    7.0
      perez seijo, alberto                         2         4.0   8.0    5.0
      Moya, Ruben                                  2         3.0   6.5    6.0
      perez lopez, jesus                           2         1.5   5.0    3.0
 15   rodriguez Estevez, daniel                    1.5       3.5   7.0    4.0
16-21 regueiro  lopez, jonathan                    1         5.0  11.0    1.0
      Pinillo, walter                              1         4.5   8.5    3.0
      wafce,                                       1         4.0   9.0    2.0
      balboa rodriguez, miguel                     1         4.0   8.5    3.0
      flores maita, nicky                          1         4.0   7.5    2.5
      Fernandez Lopez, Alvaro                      1         3.5   8.0    2.5
 22   catone, mauro                                0         3.0   3.0    0.0

Nota: Xogadores de Chantada en Azul

Clasificación por Equipos. Alevíns

Posto Nome           Ptos

  1   CASTRO RIBERAS 10.5 
  2   Chantada A     10   
 3-4  ROSALIA        5.5  
      XAQUEDRUM A    5.5  
  5   BALLESTEROS    4    
  6   ANEJA          3.5  
  7   GALEN          1.5  
  8   MERCEDES       1    

Campionato Provincial Alevín 2010
Fase final equipos

CLASIFICADOS:

DO ZONAL LUGO CENTRO:
Escolas Municipais Castro Riberas
Escolas Municipais Chantada

DO ZONAL DE A MARIÑA:
Martinez Otero de Foz
Escolas O Xove

Rolda 1.-
EDM. Chantada A – 4 Martinez Otero Foz-0
O Xove 1 – Castro Riberas -3

Rolda 2.-
Castro Riberas 0 – EDM Chantada A -4
O Xove 2 – Martinez Otero Foz -2

Rolda 3.-
Martinez Otero 3 - Castro Riberas 1
EDM Chantada A – 4 O Xove -0

Campionato Provincial por Equipos Alevín
Clasificación Final

 Equipo
Gañou
Empatou
Perdeu
Puntos
Chantada A
3
0
0
12
Castro Riberas
1
1
1
6
Martinez Otero
1
1
1
5
O Xove
0
1
2
4

Clasificación individual Benxamín
(fase zonal 25/04/2010)

Clasificación

Posto Nome                        Feder Rtg Loc Ptos.  M-Buch. Buch. Progr.

 1-3  ledo alonso, lucas                        4         4.5   9.0   10.0
      lopez santos, marcos                      4         4.5   9.0   10.0
      espin suarez, miguel                      4         3.0   6.5   10.0
  4   vazquez curiel, xavier                    3.5       4.5   8.5    8.5
5-11  doval fernandez, ana                      3         5.5  11.5    9.0
      Diaz Jara, Javier                         3         5.0  11.0    9.0
      Cordal, Estevo                            3         4.0  10.0    7.0
      Vazquez, Brendan                          3         4.0   9.0    8.0
      quintas, Alberto                          3         4.0   8.0    8.0
      wirt perez, ivan                          3         3.5   7.5    7.0
      rodriguez fernandez, diego                3         2.5   6.0    6.0
12-17 Carballeira Rego, Alberto                 2.5       4.5  10.5    7.5
      Fernandez Rodriguez, Sergio               2.5       4.0   8.0    7.5
      fernandez garrido, andres                 2.5       4.0   8.0    4.5
      hernandez diaz, esteban                   2.5       3.5   7.0    5.0
      fernandez garrido, carlos                 2.5       3.0   6.0    6.0
      otero fernandez, cristian                 2.5       2.5   6.0    4.5
18-29 cando santos, martin                      2         5.0  11.0    7.0
      diaz fernandez, maria                     2         4.5  10.0    6.0
      perez lopez, daria                        2         4.5   9.5    7.0
      portela fernandez, noemi                  2         4.5   8.0    6.0
      de la iglesia perez, pablo                2         4.0   8.0    6.0
      castro rodriguez, lorenzo                 2         3.5   7.5    5.5
      pazos villasante, mario                   2         3.5   7.0    7.0
      lopez perez, anton                        2         3.5   7.0    4.0
      Fernandez Rodriguez, Pablo                2         3.5   6.5    5.5
      salgueiro choren, guillermo               2         2.5   6.0    4.0
      Mendez, Raquel                            2         2.5   6.0    3.0
      Rubinos, Tamara                           2         1.5   5.0    3.0
30-36 Carballal Gandoy, Luis                    1.5       4.5  10.0    4.0
      condal vidal, sabela                      1.5       4.5   9.0    5.0
      Carballo toural, ana                      1.5       4.5   9.0    4.0
      vilanova dalin, hio                       1.5       4.5   8.0    2.5
      Berdey valedor, iria                      1.5       4.0   7.5    3.0
      Aferdad, Omarian                          1.5       3.5   8.5    4.5
      Diaz Bergantiños, Alex                    1.5       3.5   6.5    4.0
37-41 fernandez lopez, eloy                     1         4.5   8.0    2.0
      Sanchez Leiras, Asier                     1         4.0   9.5    1.0
      Damoni, Vilal                             1         4.0   9.0    4.0
      Dasilva Perez, Sergio                     1         4.0   9.0    3.0
      da silva villalobos, erika                1         4.0   7.5    2.0
42-45 Luaces Barrio, Silvia                     0.5       4.0   8.0    2.0
      Berdey Valedor, Ivan                      0.5       4.0   7.0    0.5
      damouni, moaad                            0.5       4.0   6.5    0.5
      Moya Silvia, TAnia                        0.5       2.5   5.0    0.5
46-49 pinillo, walter daniel                    0         1.5   1.5    0.0
      quintas julio, paula                      0         1.5   1.5    0.0
      fernandez lopez, alvaro                   0         1.0   1.0    0.0

Nota: Xogadores de Chantada en Azul

Clasificación por Equipos. Alevíns

Posto Nome              Ptos 

  1   GALEN             14.5 
  2   ROSALIA           10.5 
  3   MARISTAS          9.5  
  4   A PONTE           8.5  
  5   MARISTAS A        7.5  
  6   MILAGROSA A       6    
  7   CHANTADA D        5.5  
  8   O CORGO           4.5  
9-10  CHANTADA MIXTO    4    
         CHANTADA FEMENINO 4  (*)  
11-13 MERCEDES          3    
      XAQUEDRUM         3    
      LUIS PIMENTEL     3    
 14   ANEJA             2.5  
 15   CHANTADA C        2    
16-17 FRANCISCANOS      1    
      MARÍA AUXILIADORA 1    

(*) Chantada: Campionas Categoría Feminina

Torneo Escolar Infantil 2010

Clasificación Infantil

Posto Nome                        Feder Rtg Loc Ptos  M-Buch. Buch. Progr.

 1-2  Pardo Gomez, Jose Ramon                   3.5       4.0   8.0    9.0
      Sarhani, Abdela                           3.5       4.0   7.5    9.5
 3-5  Arias Pinheiro, Alex                      3         5.0  10.0    8.0
      PArdo Gomez, Juan Carlos                  3         5.0  10.0    7.5
      Vila Muñoz, Noe                           3         3.0   7.5    8.0
 6-8  Otero Gonzalez, Alexis                    2         5.0   9.0    5.0
      arango fernandez, alfonso                 2         4.0   8.5    5.0
      Dasilava Perez, Adrian                    2         4.0   8.0    5.0
9-10  Lopez Exposito, Sheila                    1.5       3.5   6.5    2.5
      arango fernandez, isabel                  1.5       2.0   6.0    2.5
11-13 filgueira basanta, victoria               1         4.0   9.0    1.0
      CAmpo Exposito, CArlos                    1         4.0   8.5    3.0
      garcia gonzalez, claudia                  1         4.0   8.0    4.0

Clasificación Equipos Infantil

Pos Nome               Ptos

  1   FRANCISCANOS       16.5 
  2   XAQUEDRUM A        6.5  
  3   XAQUEDRUM FEMENINO 5    

Torneo Escolar Cadete 2010

Clasificación Cadete

Pos. Nome                      Feder Rtg Loc Ptos M-Buch. Buch. Progr.

  1   Perez Carballo, David                   4         4.0   8.0   10.0
  2   Perez Pardo, Ricardo                    3         2.5   5.0    7.0
 3-6  Franco Jimenez, Rodrigo                 2         5.0  11.0    7.0
      Graña Castañal, Andrez                  2         5.0   9.5    4.0
      Paz Rodriguez, Roman                    2         4.0   8.5    5.0
      Filgueira Basanta, Alvaro               2         2.5   7.0    5.0
 7-8  Palllares Lopez, CArlos                 0.5       4.0   7.5    1.0
      Paz Rodriguez, David                    0.5       4.0   7.5    1.0

Clasificación Equipos Cadete

Posto Nome        Ptos 

  1   XAQUEDRUM A 8.5  
  2   XAQUEDRUM B 7.5  

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

 

TablaDeFlandes