Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División

Chantada - Lugo

Sábado 9 de xaneiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 1:

O Circulo Chantadino de Xadrez debuta en primeira división cunha derrota fronte ao todopoderoso Fischer de Moaña (1-3)

O Circulo Chantadino de Xadrez debutou onte en terceira división plantando en todo momento cara ao fortisimo Fischer de Moaña, non obstante tras o desenrolo do xogo os de Moaña impuxéronse por 1-3. Polo Circulo Chantadino xogaron Hoffman, Gotera, Gutián e Ricardo e polo Fischer xogaron Bachiller, Ogando, Gonzalo e Alberto P Costa.

Foto
Circulo Chantadino de xadrez vs Fischer de Moaña

O Encontro foi emocionante xogado de igual a igual. O primeiro en rematar foi Ricardo García que xogaba contra Alberto P. Costa. O de Moaña sacrifica un alfil tomando o peón f2 e obligando ao rei do chantadino a avanzar polo taboleiro quedando exposto ao ataque do adversario. Cando parecía que o Chantadino controlara a situación e ía a seguir con peza de máis cometeu o erro de avanzar máis o rei e xa non puido evitar a serie de xogadas que acabarían dándolle mate de xeito irremediable co que se viu visto a abandoar nunha partida que parecia que controlara e que iba afrontar coa ventaxe dunha peza de máis. Non puido ser e a vitoria foi para Moaña tras pouco máis dunha hora de partida

Foto
Pérez Costa vs Ricardo García

A siguinte partida en rematar tras máis de dúas horas de xogo foi a de Alejandro Hoffman. Hoffman, co tempo case esgotado, sen perder en ningun intre o contro da situación, acabou impoñendose ao taboleiro número 1 dos do Fischer e vitoria quedou en Chantada.

Foto
GM Alejandro Hoffman vs Bachiller

Gotera enfrontouse a Ogando. A partida parecía tranquila e equilibrada ata que Ogando, co seu rei ben situado sacrificou unha peza a cambio de calidade Tras unha serie de xogadas intermedias o de Moaña logrou meter un ataque con torre e dama en sétima fila, que obrigou ao Chantadino a devolver a peza, e a forte posición de ataque do de Moaña con ventaxe de calidade obrigou ao Chantadino a abandoar. Vitoria pois de Ogando sobre Gotera tras tres horas de encontro.

Foto
Ogando vs Gotera

Pedro Guitián en todo momento plantou fronte a Gonzalo Fernández nunha partida que durou algo menos de 4 horas. Guitián que tiña unha posición parella pero con peón de menos e co tempo practicamente esgotado acabou perdendo por caida da bandeira que fixaba o seu tempo. Vitoria pois para o de Moaña

Foto
Gonzalo Fernández vs Pedro Guitián

O Circulo Chantadino de Xadrez só puido salvar un dos catro puntos en disputa, e ten ocasión de desquitarse a vindeira semán que se desplaza a Bueu quenes acaban de gañar pola mínima na primeira xornada, e a pesar da derrota manteñense intactas as expectativas de acadar unha boa clasificación en primeira división ao final da tempada que acaba de empezar.

CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
1 - 3
FISCHER MOAÑA
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1-0
JOSE LUIS GARCIA BACHILLER
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
0-1
FRANCISCO JAVIER OGANDO GONZALEZ
PEDRO GUITIAN VAZQUEZ
0-1
GONZALO FERNANDEZ ALVAREZ
RICARDO GARCIA VIGO
0-1
ALBERTO PEREZ COSTA

TERCEIRA DIVISIÓN

En terceira División na xornada inaugural enfrentaronse o Circulo Chantadino B co Circulo Chantadino C. Era un duelo fraticida que había que xogar e ambos delegados aproveitaron para facelo con xogadores dos postos baixos do taboleiro a fin de dar oportunidade de xogar ao maior número dos componentes da plantilla. Ao final o Circulo B, que inicialmente aspira a ascender a segunda división, impuxose ao Circulo C por 4-0.-

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes