Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División

Chantada - Lugo

Sábado 15 de xaneiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 2:
CLUB XADREZ BUEU A 2 – CIRCULO XADREZ CHANTADA A 2

O Circulo Chantadino de Xadrez na segunda xornada de liga galega de primeira división empata a dous puntos con Clube de Xadrez de Bueu

Foto
Foto de arquivo. Circulo Chantadino de xadrez

Para este encontro o Circulo Chantadino de Xadrez, tivo que incorporar dous xogadores procedentes da terceira división.

Enrique Rojo Rojo debutou contra Antonio Anadón, donde pouco e pouco Anadón foi tomando a iniciativa e amenazaba un gran ataque, pero o Chantadino defendeuse ben e chegou a ter chances de empatar ao final, pero o pouco tempo que lle quedaba sumado a inexperiencia de finais de partida non lle permitiron defender a posición perdendo finalmente. Punto do taboleiro para o de Boeu e bó debut de Enrique na primeira división a pesar da derrota.

Foto
Enrique Rojo Rojo

A siguinte partida en rematar tras máis de dúas horas de xogo foi a de Alejandro Hoffman. Hoffman, co tempo case esgotado, sen perder en ningun intre o contro da situación, acabou impoñendose ao taboleiro número 1 dos do Fischer e vitoria quedou en Chantada.

No taboleiro número tres Camilo Rodríguez Ferreiro procedente do Circulo Chantadino B, quedou moi ben na apertura contra Daniel Abelleira, con superioridade central, pero Camilo quedouse sen plans e permitiu que o atacasen polo flanco de Rei donde xa non puido defenderse.

Foto
Camilo Rodríguez Ferreiro

No taboleiro número dous, José Miguel Vazquez Fortes fixo contra Jesús de la Torre a mellor partida do seu equipo, atacando a siciliana Najdorf do rival con tempraneiro sacrifico de alfil por tres peóns e o rei no centro do contrario. Logo colocou moi ben as súas pezas e definiu cegando con dos peóns a sétima fila con vitoria do chantadino.

Foto
José Miguel Vázquez

No taboleiro número un GMI Alejandro Hoffman xogou contra Luis Costado Dios, quen parecía estar mellor na apertura, pero tras un interesante sacrificio de dúas pezas menores por torre e peón, non xogou as máis precisas e pouco a pouco Alejandro foi dando xogo as súas pezas para rematar dominando claramente a partida.

Foto
GM Hoffman

CLUB XADREZ BUEU A
Res.
CIRCULO XADREZ CHANTADA
LUIS ALBERTO COSTADO DIOS
0-1
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
JESUS ANGEL DE LA TORRE ALFONSO
0-1
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
DANIEL ABELLEIRA GONZALEZ
1-0
JOSE CAMILO RODRIGUEZ FERREIRO
ANTONIO JOSE ANADON MAÑEZ
1-0
ENRIQUE ROJO ROJO

Resultados 1ª C. Rolda 2

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
2 - 2
PEÑA RECREATIVA-PERA
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
2,5 - 1,5
XADREZ OURENSE "B"
FISCHER MOAÑA
3,5 - 0,5
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
CLUB XADREZ BUEU "A"
2 - 2
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
LAROCA-NIGRAN "A"
2,5 - 1,5
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
4 - 0
LUCENA "A"

Clasificación: http://www.gefe.net/gefe2/ZPClasificacion.asp?IdCompeticion=2

TERCEIRA DIVISIÓN

Attakke Pionil 0 –Circulo Xadrez Chantada 4

O Circulo Xadrez de Chantada B que ten a pretensión de ascender a segunda división impúxose en Bande ao Attake Pionil por 0-4 sen maiores complicacións.

O primeiro en rematar foi Lionel Salgado no taboleiro número 3 que tras un dobre erro do rival que lle levaron a perder dúas pezas menores decataron rapidamente a partida para o xoven xadrecista chantadino.

Foto
Lionel Salgado

No taboleiro número catro defendido por Carlos Guerra, mantívose o equilibrio deica a xogada 20 dende un inexplicable erro do xogador de Bande propicio unha combinación do Chantadino que lle permitiu dar un irremediable mate


Foto
Ricardo García

No taboleiro número un xogou Ricardo García, con equilibrio de material, pero impoñéndose pouco con unha mellor posición do chantadino unido a que o de Bande deixou o seu Rei demasiado desprotexido parecía rematar pronto máis a partir dese momento unha boa defensa do xogador local mantivo a incerteza no taboleiro deica as últimas xogadas nas que o chantadino acabou impoñéndose.

Foto
Anxo Boán

 No taboleiro número dous xogou  polo Circulo Chantadino Anxo Boán, quen tras quedar mellor na apertura,  pudo lanzar un ataque contra  ó alfil negro do xogador de Bande  que acabou coa pérdida desta peza menor. Parecía que da posición despois do ataque do Chantadino o de Bande podía recuperar a sua peza, pero  tras o troco de damas e un novo ataque  do de Chantada que lle permitiu salvar a peza que capturara o alfil do xogador rival, o resto da partida xa foi desigual, aumentando o chantadino a vantaxe  a unha dama tras coroar un pión en c8, obrigando ao de Bande a abandoar ante un mate inevitable.

O Circulo Chantadino B  é líder de terceira división con 8 puntos  de 8 posibles, seguidos dos equipos ourensás  Xadrez Ourense  e Casa da Xuventude A.

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes