Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División

Chantada - Lugo

Sábado 29 de xaneiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 4:
CXF Porto 2,5 - Circulo Xadrez Chantada A 1,5

Parece gafada a derradeira  xornada de cada xaneiro para o Circulo Chantadino. Se nos remontamos a tempada 2008/2009, cando o Circulo Chantadino se propoñía o ascenso a segunda división,  concretamente ó dia 31 de xaneiro do 2009 , cun equipo formado por Anxo G Brea, Anxo Boán, Camilo Rodríguez e Ricardo García foron derrotados polo Loureiro B por 3-1 ónde tan só se salvou o punto feito no primeiro taboleiro por Anxo García Brea, acadando daquela a única derrota daquela tempada.

Ese ano, en febreiro tiveron como rival ao  Universitario B  aos que derrotaron co mesmo equipo por 4-0 e logo, xa incorporado Diego Álvarez volveron a derrotar ao Clube de  Xadrez de Chantada por 3,5 a 0,5, o que lles permitiu  retornar aos primeiros postos para selar o ascenso chegado o mes de marzo.

O dia 30 de xaneiro do ano 2010, a única derrota na tempada do Circulo Chantadino sufriuna fronte a Escola de Xadrez de Pontevedra, onde Hoffman sacara o único punto dos chantadinos, mentres Pedro Guitián, Camilo e Anxo Boán non eran capaces de puntuar ningún deles, para logo entrado o febreiro gañar por 4-0 ao Karpov e por idéntico resultado a AV da Estrada encaramandose no primeiro posto do que xa non deixarían deica final de tempada.

Foto
Rolda 4. CXF Porto de Vilagarcia vs CX Chantada A

O  dia 29 de xaneiro do 2011, onde o Circulo Chantadino, tanto en primeira como en terceira división levaba a priori o mellores equipos da presente tempada, ambos sucumbiron facendo o Circulo A en Vilagarcía e o Circulo B en Ourense  e por idéntico resultado 2,5 a 1,5. Febreiro, de seguir a tradición dos anos anteriores,  afastará ao Circulo A da zona  de promoción-descenso e selará o ascenso do Circulo B a segunda división onde este clube terá representación nas tres categorías.

O resumo da actuación dos chantadinos un a un  feito por  Alejandro Hoffman foi o seguinte:

No taboleiro número 1 xogaba o GM Alejandro Hoffman con negras, quen tiña como rival a Julio Torrado. Torrado fixo un interesante sacrificio nunha siciliana pechada, e Hoffman, para evitar as táboas por xaque continuo decidiu meterse nunhas complicacións sobradas que puideron custarlle o punto enteiro, quedándose con segundos para defender unha posición extremadamente complicada e ónde as brancas non toparon  a definición, que a houbo en varios intres da partida para rematar nun tolo empate de alfís de distinta cor.

Foto
GM Alejandro Hoffman

No taboleiro número 2 debutaba no Circulo Chantadino Martín Boado  con brancas quen tiña como rival a Luis Segura  saíu mellor da apertura Alapín e conseguiú a vantaxe dun pión pasado no flanco de Dama, e cando tiña a partida lista para gañar, ou como mínimo empatar, un despiste non habitual nun xogador da categoría del (debido posiblemente polo cansazo acumulado, pois viña de Sevilla en coche expresamente para a partida) fíxolle perder o pión de vantaxe e posteriormente a partida.

Foto
Martín Boado

No taboleiro número 3 xogaba J. Miguel V Fortes (Gotera)  con negras quen tiña como rival a Andrés Varela. Gotera formuloú a súa Siciliana e volveu a ser o mellor xogador do Circulo Chantadino, concentrado e xogando a altísimo nivel, parou o ataque das brancas, e contraatacou conseguindo vantaxe material, gañando por tempo cando as brancas xa non tiñan defensa.

Foto
J. Miguel V. Fortes (Gotera)

No taboleiro numero 4 xogaba Camilo Rodríguez  con brancas, quen tiña como rival a Lucas Abal. Camilo saíu ben da apertura, unha Bird irregular ónde Lucas intentou atacar rapidamente o flanco de Rei, pero unha imprecisión ao deixar unha torre indefensa na casilla d2, permitiu a Abal un truco táctico que levou as negras a vitoria.

Foto
Camilo Rodríguez Ferreiro

Xusta vitoria pois para o líder da categoría a quen o Circulo Chantadino non pode facer outra cousa máis ca felicitalo polo trunfo.

Tras esta xornada o Circulo Chantadino A queda preto da zonas de promoción para eludir o descenso, se ben tamén hai que resaltar que no mes de xaneiro tivo como rivais a equipos moi complicados do grupo, como poden ser  o Fischer de Moaña e o imparable líder o CXF Porto. O Circulo Chantadino, de manter o nivel de xogo  deica agora no mes de febreiro colocarase a bo recado na zona media  da táboa clasificatoria, para entón definir as súas aspiracións. Tamén é de destacar o dato que dos  7 puntos que leva conseguido o Circulo de Xadrez de Chantada A,  seis puntos e medio  repártense entre Hoffman e Gotera.

CXF-PORTO DE VILAGARCIA
Res.
CIRCULO XADREZ CHANTADA A
JULIO TORRADO
½-½
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
LUIS SEGURA
1-0
MARTIN BOADO
ANDRÉS VARELA
0-1
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
LUCAS ABAL
1-0
CAMILO RODRÍGUEZ

Resultados 1ª C. Rolda 4

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
1,5 - 2,5
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
FISCHER MOAÑA
1 - 3
PEÑA RECREATIVA-PERA
CLUB XADREZ BUEU "A"
1 - 3
XADREZ OURENSE "B"
LAROCA-NIGRAN "A"
0 - 4
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
2,5 - 1,5
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
LUCENA "A"
1,5 - 2,5
EXP IVAN SALGADO LOPEZ

Clasificación: http://www.gefe.net/

TERCEIRA DIVISIÓN, GRUPO E

Casa da Xuventude 2,5 - Circulo Xadrez Chantada B 1,5

Como aconteceu os dous anos anteriores e que parece xa habitual na derradeira xornada do mes de xaneiro, o Circulo Xadrez Chantada B que agardaba como mínimo un empate, perdeu o seu enfrontamento, esta vez fronte a Casa da Xuventude A de Ourense.

Foto
Casa da Xuventude vs Circulo Xadrez Chantada B

No taboleiro número 1 Ricardo  Garcia Vigo, nunha partida na que despois da apertura aparentaba equilibrada , non viu unha combinación do brillante  e xovencísimo xogador Miguel Puga na que perdeu dúas pezas por unha torre.  Inda así Ricardo con pión pasado na columna a) e con tres pións nas columnas f),g),h)  fronte o catro pións do xogador ourensán  nas columnas e),f),g),h) apoiados polos seus respectivos reis, tiña o plan  de poder coroar o pión pasado na columna a),  gañando unha peza e poder pasar a outra fase da final con pión de menos pero coa vantaxe da calidade. Ricardo rexeitou as táboas propostas polo xogador ourensán e cando se dispoñía  e se centrou en executar o seu plan, non viu unha combinacións de pións do xogador da casa da xuventude que acabaron por darlle mate.

Foto
Ricardo Garcia Vigo vs Miguel Puga

No taboleiro numero 2,  Anxo Boán, coa columna b) de dúas torres por cada bando fronte a fronte cubertas cada unha das mais avanzadas polos respectivos pións e con ámbolos dous reis  bloqueados polos pións do adversario, parecía que non quedaba máis remedio que aceptar as táboas propostas polo xogador da casa da xuventude Ángel Domínguez , aboas que aceptou xa que non atopou maneira de romper a cadea de pións do ourensán.

Foto
Ángel Domínguez

No taboleiro numero 3.- Celestino Lopez (Pitelo)  tiña como rival a  Brais Gerpe.   Despois da apertura parecía estar lixeiramente mellor o xogador chantadino, pero cometeu un erro seguido dun forte ataque do xogador ourensán  que lle custou a partida.


Foto
Celestino López (Pitelo) vs Brais Gerpe

No taboleiro número 4.-  Juán Enrique G. Miguens, tiña como rival a Alberto Iglesias Feijó que viña de gañar todos os seus enfrontamentos anteriores, con un altísimo nivel de terceira,  igual cos seus compañeiros. Parecía que Miguens  despois da apertura, podía ter  complicacións, pero pouco a pouco foise asentando no taboleiro  deica estar mellor situado con torre en sétima fila ameazando gañar cando menos algún pión. Nesta posición, un erro do ourensán propiciou  que Miguens gañara un alfil, e partir dese momento a ventaxa material do xogador do Circulo Chantadino,  quen  ademais simplificou pezas, propiciou un final desigual na que os pións do xogador da casa da xuventude ían caendo  un a un propiciando o seu abandono.- Moi bo debut de Miguens fronte a casa da xuventude,  quen teoricamente era o taboleiro máis frouxo, e que na práctica foi quen conseguiu a única vitoria dos chantadinos

Foto
Juán Enrique G. Miguens vs Alberto Iglesias Feijó

Tras esta xornada o Circulo Chantadino acaba de colíder co Xadrez Ourense. Iste equipo de Chantada descansa o vindeiro fin de semana, para recibir o día 12 de febreiro  precisamente ao Xadrez Ourense, data para que espera contar co mellor equipo posíbel de terceira,  e data tamén que de quedarse en Chantada os puntos en xogo, selaría matematicamente o ascenso a segunda división,  sexan cales sexan os resultados dos demais emparellamentos e pase o que pase na derradeira xornada do 19 de Marzo.-

RESULTADOS DA XORNADA

Attake pionil  0 – Xadrez Loureiro 4
Universitario 2,5 -  Xadrez Ourense 1,5
Casa da Xuventude 2,5 – C.X. Chantada 1,5
Descansou: cx Chantada c

CLASIFICACIÓN

1-2.- Xadrez Ourense e)........12
1-2.- CX. Chantada b............12
3.- Casa da Xuventude a.........8,5
4.-  X Loureiro b....................7,5
5.- Universitario Ourense.........4
6.-Circulo b...........................2
7.- Attake Pionil (Bande)..........2 

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes