Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División

Chantada - Lugo

Sábado 5 febreiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 5:
Circulo Xadrez Chantada A – 2 Lucena A de Vigo 2

O Circulo Chantadino de Xadrez contou onte cun equipo que, a priori, era un dos mellores equipos da tempada e que estaba formado Alejandro Hoffman, Martín Boado, Gotera e Diego Álvarez, aínda que non chegaron nas condicións mellores  para afrontar o encontro. Empero o equipo Lucena de Vigo  presentou un equipo quen de desenroloar un xogo de alto nivel e que estaba formado por por Samuel Rodríguez, Javier Domínguez, Pablo Vidal e Benito Sánchez

Foto
Circulo Xadrez Chantada A vs Lucena A

A primeira partida que rematou foi a do taboleiro número 3 onde   José Miguel Vázquez  (Gotera), con brancas, tras a brilante partida en Vilagarcía e despois de tres vitorias consecutivas, tiña como rival a Pablo Vidal. Gotera  non quedou ben na apertura, (ademais de esquecerse de apagar o móbil que sonou se ben foi indultado polo xogador rival,  que é un detalle de nobreza a ter en conta). Gotera non solventou ben a desvantaxe posicional deica verse sometido a unha fortísima presión por parte do xogador do Lucena  que ía mellorando a súa vantaxe posicional. Aínda así, Gotera, intentóu montar un contraataque que xa non lle deu tempo, perdendo  outra peza, e rindindo en pouco máis dunha hora de partida. Xusta vitoria do xogador do Lucena, que tras indultar o son do móbil, fixo un o seu punto no taboleiro con unha brilante partida.

Foto
José Miguel Vázquez "Gotera" (Circulo Chantada), con pezas brancas, vs Pablo Vidal (Lucena)

A segunda partida que rematou foi a do taboleiro número 1 onde Alejandro Hoffman, con brancas,  enfrontábase ao xovencísimo xogador Samuel Rodríguez. Alejandro, cun xogo ordenado, sacou da apertura con lixeira vantaxe, e xa superado o medio xogo a vantaxe para afrontar a final era moito máis evidente, caendo os pións do rival un e logo outro e ante unha final desigual con dous pión encadeados e pasados e co seu rei ben colocado obrigaba ao xogador do Lucena a renderse tras tres horas de partida.

Foto
GM Alejandro Hoffman (Circulo Chantada) vs Samuel Rodriguez (Lucena)

A terceira partida en rematar foi a de Diego Álvarez, con negras, quen tiña en fronte ao xogador a priori máis forte do Lucena quen é Benito Sánchez Juncal. Diego saiu pior da apertura, e chegou a unha situación que lle levou a ter que trocar peza por dous pións. Aínda así Diego Álvarez asentouse ben no taboleiro, e tratou de sacudirse da presión do adversario cara unha final onde a vantaxe de pións puidera compensar a peza de menos que levaba, pero a veteranía de Benito Sánchez impediu que Diego puidera desenrolar o potencial das pezas e tivo que render tras tres horas e media de partida ante o inevitable mate que se aveciñaba.

Foto
Benito Sánchez Juncal (Lucena) vs Diego Álvarez (Circulo Chantadino)

A última partida en rematar foi a de Martín Boado, que xogaba con negras frente a Javier Domínguez Carnero. Boado saiu ben da apertura, pero cometeu un erro que lle levou a perda dun pión que tras simplicar pezas levou a un final onde no flanco de Rei enfrontábanse tres pións de Martí contra catro pións do xogador do Lucena co apoio de torre e alfil branco por parte de Martín e con apoio de Cabalo e torre do xogador de Vigo. Lixeiramente mellor colocado o rei de Martín, polo que parecía que a partida ia a rematar en táboas, pero a calidade de Martín Boado, unido a que o xogador do Lucena estaba xogando ao bordo do esgotamento do tempo, os pións brancos foron mermando e Martín chegou a unha posición donde o xogador vigués xa non podía evitar a coroación dos pións xa pasados de Martín en sexta e sétima fila tendo que renderse e quedando o punto de Martín en Chantada.

Foto
Javier Domínguez (Lucena), con prezas brancas vs Martín Boado (Circulo Chantada)

Ao remate bo resultado do Circulo Chantadino que pouco a pouco foise asentando e puntuando cando nas dúas primeiras horas da partida todo apuntaba a derrota, conquerio ao final un empate e dous valiosisimos puntos.

Aínda con estas, o Circulo Chantadino de Xadrez tras esta xornada ainda non logra aloxarse dos postos de promoción nun grupo que está integrado ata por cinco equipos con tan só dous puntos de diferenza entre eles. O vindeirosábado desprazasea Pontevedra onde enfrotarase coa EXP Iván Salgado e onde tentará subir postos na táboa clasificatoria.

CIRCULO XADREZ CHANTADA A
Res.
LUCENA "A"
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1-0
SAMUEL RODRIGUEZ ALLERES
MARTIN BOADO RODRIGUEZ
1-0
JAVIER DOMINGUEZ CARNERO
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
0-1
PABLO VIDAL FERNANDEZ
DIEGO ALVAREZ GONZALEZ
0-1
BENITO SANCHEZ JUNCAL

Resultados 1ª C. Rolda 5

Local
Res.
Visitante
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
1,5 - 2,5
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
2 - 2
LUCENA "A"
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
1 - 3
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
XADREZ OURENSE "B"
1,5 - 2,5
LAROCA-NIGRAN "A"
PEÑA RECREATIVA-PERA
3 - 1
CLUB XADREZ BUEU "A"
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
1,5 - 2,5
FISCHER MOAÑA

Clasificación: http://www.gefe.net/

TERCEIRA DIVISIÓN, GRUPO E

Circulo Xadrez Chantada C – 2 Attake Pionil de Bande 2

O Circulo de Xadrez B descasou, para recibir a vindeira xornada ao Xadrez Ourense onde pode selar xa o ascenso matemático. Na crónica da derradeira xornada anunciabamos que o ascenso matemático do día 12 quedaban por conquerir cinco puntos no que quedaba de liga ou ben por gañar catro cero ao Xadrez Ourense. Despois dos resultados desta Xornada ao Circulo Chantadino abóndanlle para ascender matematicamente catro puntos nas dúas partidas que lle quedan ou incluso con tres puntos e medio se os fai fronte ao Xadrez Ourense o día 12.

Foto
Gabriel Pérez Varela

O Circulo de Xadrez de Chantada C) vitorias de Alberto Perez Sanchez e Gabriel Pérez Varela fronte ao Attake Pionil de Bande.

Foto
Alberto Pérez Sánchez

Ana Doval e Alejandro non puideren puntuar ante uns rivais que tiñan superiores.

Bo resultado pois fronte ao Attake Pionil, clube fundado nunha pequena poboación e que na terceira tempada de competición xa ten representación en segunda e terceira división

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes