Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División Grupo C

Chantada - Lugo

Sábado 12 febreiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 6:
EXP- IVÁN SALGADO – 3 vs CIRCULO XADREZ CHANTADA A - 1

Nova derrota do Circulo Chantadino A, presentaba a priori un equipo mermado polas baixas de Boado e Gotera, pero sempre coa posibilidade de traer un resultado positivo, que non foi posíbel. Coa variación que no taboleiro catro ía Enrique en lugar de Anxo, os tres anteriores taboleiros era os mesmos que o ano pasado enfrontáronse en segunda división ao equipo da EXP daquela categoría, e que acabaron co mesmo resultado (3-1). Se ahora temos en conta que nos enfrontabamos cun equipo de primeira división con potencial superior por parte do rival, ata pode dicirse que non empeorando o resultado non debemos queixarnos.

Foto
EXP-Iván Salgado vs Circulo Xadrez Chantada A

A actuación dos chantadinos un a un, foi vista seguindo o criterio do GMI Alejandro Hoffman foi a seguinte:

No taboleiro número 1.- Ramon Escudeiro 0 – Alejandro Hoffman 1.

Alejandro Hoffman con mouras, tiña en fronte ao xa mítico xogador da Escola de Xadrez de Pontevedra Ramón Escudeiro, que usaba o seu taboleiro especial para cegos. Ramón,  sen complexos formulou un xogo activo dende o principio, pero cometeu a imprudencia de atacar a Alejandro sen ter enrocado previamente, e iso custoulle a partida despois dunha secuencia táctica inevitable

Foto
Ramón Escudeiro vs Alejandro Hoffman

 No taboleiro número 2,  Pedro Guitián 0 –José Manuel Prol 1

Pedro Guitián, con brancas, enfrontouse a José Manuel Prol, Pedro saíu ben da apertura, pero nas complicacións de medio xogo liouse, e quedou con material de menos. Partida para analizar máis en profundidade para ver que pasaba

Foto
Pedro Guitián vs José Manuel Prol

No taboleiro número 3, Javier Barral 1 –Camilo Rodríguez -0

Camilo Rodríguez, con mouras, tiña como rival a Javier Barral. Camilo non xogou con precisión na apertura, e quitou a súa dama de paseo que logo foi capturada polo seu rival

Foto
Javier Barral vs Camilo Rodríguez

No taboleiro número 4 , Enrique Rojo 0 –Miguel Palacios 1

Enrique Rojo, con brancas, tiña como Rival a Miguel Palacios González . Enrique cometeu xa na apertura un grave erro, que permitiu ao seu xove rival definir rapidamente a partida.

Foto
Enrique Rojo vs Miguel Palacios

 

EXP IVÁN SALGADO LÓPEZ
Res.
CIRCULO XADREZ CHANTADA A
RAMÓN ESCUDEIRO TILVE
0 -1
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
JOSÉ MANUEL PROL LUSQUIÑOS
1 - 0
PEDRO GUITIAN VÁZQUEZ
JAVIER BARRAL LIJO
1 - 0
JOSÉ CAMILO RODRÍGUEZ FERREIRO
MIGUEL PALACIOS GONZÁLEZ
1 - 0
ENRIQUE ROJO ROJO

Resultados 1ª C. Rolda 6

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
2,5 - 1,5
FISCHER MOAÑA
CLUB XADREZ BUEU "A"
2,5 - 1,5
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
LAROCA-NIGRAN "A"
1,5 - 2,5
PEÑA RECREATIVA-PERA
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
4 - 0
XADREZ OURENSE "B"
LUCENA "A"
2 - 2
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
3 - 1
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A

Clasificación: http://www.gefe.net/

TERCEIRA DIVISIÓN, GRUPO E

CIRCULO XADREZ CHANTADA B - 3 & XADREZ OURENSE D -1

O Circulo de Xadrez de Chantada B, tiña os seus estudos feitos para enfrontarse ao xadrez Ourense D.  Sabía que se lle arrebataba o liderato ao Xadrez Ourense  sempre quedaría ao final mellor clasificado ca os ourensáns, (que descansan na última xornada do día 19 estaban practicamente en segunda. Só se o Universitario  era capaz de sumar os 4 puntos  en xogo e si o Xadrez Loureiro ganaba por 2,5 ou por 3 puntos a Casa da Xuventude  tería que esperar a ultima xornada para conquerir o seu ascenso. Tamén si o xadrez Loureiro ganaba por máis de tres puntos, que era igualmente  equipo de segunda xa que a Casa da Xuventude non tería posibilidades de pasar diante do Circulo Chantadino.

E inda dándose estes resultados, o Loureiro, Universitario e Casa da Xuventude  terían que gañar cada un deles por 4-0 para poder pasar todos eles ao Circulo Chantadino na ultima xornada, ascendendo entón estes relegando ao Circulo  Chantadino ao cuarto porto eo  Xadrez Ourense ao quinto posto.

Con 3-1 o Circulo Chantadino tiña feitos os seus deberes e eran demasiadas as carambolas que podían privalo do ascenso.  Sen embargo un empate ou unha derrota mínima obrigaban ao Circulo Chantadino a quitar  cando menos  dous puntos na última xornada co Loureiro B e que as cousas poderían complicarse, pois o xadrez Ourense quedaría diante do Circulo e seria unha praza menos que quedaba pendente.

O equipo de xadrez de Ourense  que acadaba 14 puntos na táboa sabía que  lle abondaba con punto e medio para estar en segunda de todas todas e que puntuando tiña moitas posibilidades  pero a resultas do que fixeran os demais. Se non puntuaban as cousas poderían complicárselles, e sabedores desta premisa nada máis saír da apertura en posicións igualadas empezaron a ofrecer taboas, en principio rexeitadas polos xogadores de Chantada que  deberían gañar o encontro para non meterse en complicacións na derradeira xornada.

Para iso, na xornada do dia 12 de febreiro, O Circulo Chantadino  tratou de facer un equipo o máis solvente posíbel. Cesar, que ía cubrir inicialmente o primeiro taboleiro, xurdiulle un imprevisto, corréndose o orde de forza e  cubrindo  este posto  Diego Alvarez,  seguido de Ricardo que ía a xogar no taboleiro número 3 adiantándose ao numero 2. No terceiro taboleiro Celestino era dubida,  polo que Anxo Boán que iba a defender el o taboleiro número 4 viuse obrigado  a convocar a outro xogador  para este  taboleiro  por si tiña que suplir a Celestino no número tres,  taboleiro  que cubriu Julio Alvarez.-  Ao final Celestino asistiu a cita e o equipo formouse por Diego, Ricardo, Celestino e Julio.

 

Foto
  Circulo Chantadino B vs Xadrez Ourense D 

Os Chantadino un a un.

No taboleiro número 1.- Diego Alvarez 0,5 – Jacobo Freire Mojón 0,5

Diego Alvarez, con brancas,  tiña en fronte  á xove promesa do Xadrez Ourense Jacobo Freire, invicto en todas as partidas que xogou. Diego posiblemente xogara a mellor partida dos chantadinos, ou cando menos a máis emocionante con derroche de elegancia de xogo.  Despois da apertura quedaron ambos os dous nunhas posicións reciprocamente agresivas con practicamente todas as pezas,  onde calquera erro de precisión lles podía saír caro a calquera dos contendentes. Chegado ao medio xogo o xogador ourensán viuse obrigado a trocar a dama, e veu a primeira proposición de táboas por parte deste que Diego rexeitou para seguir nunha serie de meditadas xogadas co conseguinte avance do reloxo, ónde a cada xogada de Diego as do xogador Ourensán eran únicas. Un peón pasado de Diego Álvarez e unha mellor posición deste parecían augurar a vitoria do chantadino, pero entón xa Pitelo aceptara a proposición de táboas no terceiro taboleiro e tanto Ricardo García no taboleiro 2  como Julio Álvarez no taboleiro catro, tiñan ganancia de material e  unha posición claramente gañadora. Cando Jacobo ofreceu táboas por segunda vez,  foron aceptadas polo equipo local, a indicación do delegado e en contra da vontade de Diego. Esta decisión foi tomada dende un punto de vista práctico, pois o Circulo Chantadino, co 3-1 e  salvo unha serie de  carambolas de resultados entre os demais equipos, (matematicamente posibles  pero na práctica totalmente improbables) xa tiña novo equipo en segunda e non conviña meterse en complicacións innecesarias.- Ao final táboas por acordo nas circunstancias anteditas.

Foto
Diego Alvárez – Jacobo Freire Mojón

No taboleiro Numero 2.- Javier Rodríguez Devesa 0 – Ricardo García Vigo 1.

Ricardo fixo unha apertura ordenada sen meterse nas complicacións das últimas partidas. Chegado a un medio xogo parello, Javier propuxo táboas, quen Ricardo tras consultar, e naquel entón coas demais partidas sen definir, quedou no seu criterio a súa decisión, que foi a de rexeitalas e fixo ben, pois a no medio xogo foi pouco a pouco impoñéndose, mellorando a posición, logo gañando un peón, mentres o xogador Ourensán  tiña o seu rei en apuros e as pezas con pouca manobra de xogo. Nesa posición Ricardo optou por atacar directamente ao  Rei do adversario con mate en poucas xogadas. Ricardo  ben, moi ben e xusto trunfo para el e para o seu equipo

Foto
Ricardo García Vigo

 No taboleiro número 3.-Celestino López Otero 0,5-Miguel Ferreiro 0,5.  

Non cabe dubida que os xogadores do xadrez Ourense teñen memorizadas as manobras da apertura, mais inda así, o xogador Ourensán que parecía estar mellor e que parecían ter indicacións de ofrecer táboas sempre que non tiveran vantaxe, non tardou en propoñer as táboas, cando igual que antes, as demais partidas inda estaban sen definir, que Pitelo, tras consultalo e decidir con seu criterio rexeitou. Logo seguiu a partida onde o xogador Ourensán chegou a ter ata dous peóns de vantaxe (na practica un só pois o outro recuperaríase facilmente). Celestino con maior destreza nas finais de partida como xa nos ten acostumados conseguiu igualar a partida, cando chegou a segunda proposición de táboas do ourensán, cando xa Julio e Ricardo estaban mellor , parecía un acordo razoable, que Celestino aceptou. Táboas entón.

Foto
Celestino López Otero (Pitelo)

 No taboleiro número 4.- Sergio García Ruiz 0- Julio Alvarez 1

Julio Álvarez cun xogo moi coidado e escrupulosamente calculados cada un dos seus movementos foise impoñendo  paulatinamente nunha partida da que se coidou de non ter complicacións serias e que pouco a pouco foi mermando ao seu Rival.  O  único que levaba en contra era o tempo con pouco máis de 15 minutos para afrontar a final fronte  aos 45 minutos  do seu rival, pero inda con este tempo, e tendo Julio  torre en sétima,  ias súas pezas totalmente activas e peón de máis  recibiu a derradeira  proposición de táboas por parte do xogador ourensán, cuxo rexeitamento foi instantáneo sen facer falla consultalo  acabando a partida en poucas xogadas máis  cando os pións  de Sergio ían caendo de un en ún sen posibilidade de defensa nin  remontada.

Boa partida de Julio quen levaba aloxado moito tempo das competicións oficiais, e que segundo el manifestou leva máis de 10 anos, pois felicidades polo retorno ao xadrez de competición.

Foto
Sergio Garcia Ruiz (de costas) vs Julio Alvárez

UNIVERSITARIO DE OURENSE – 3  CIRCULO XADREZ CHANTADA C- 1

Mentres esto ocurría en Ourense  destacar a vitoria da Chantadina Daría Perez López fronte ao Universitario na que o Circulo C perdeu tres un.  Daría confirma deste xeito a súa progresión no xadrez chantadino. Lamenta este cronista non dispor de noticias e fotos para comentar este encontro, pero en todo caso ben polos chavales que compiten co-a finalidade que vaian tomando contacto co xadrez competición e que son o futuro do circulo Chantadino.

CLAS. EQUIPO PUNTOS  PARTIDAS PENDENTES
1 Circulo X. Chantada B 15 Loureiro B
2 Xadrez Ourense D 15 Descansa
3 Casa da Xuventude A 14 Circulo X Chantada C
4 Universitario Ourense B 10 Attake Peonil (Bande)
5 Loureiro B   9 Circulo Xadrez Chantada B
6 Circulo X. Chantada C  5  Casa da Xuventude A
7 Attake Peonil B (Bande)  4 Universitario B

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes