Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División Grupo C

Chantada - Lugo

Sábado 26 febreiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 8:
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A 2 - UNIVERSITARIO DE OURENSE "A" 2

O encontro celebrouse en Ourense dado que no equipo do Universitario existe un xogador con discapacidades física xunto coa proximidade xeográfica, o equipo local optou pola solución máis razoable, sen carrear molestias aditivas de desprazamentos ao equipo rival, a necesidade de trocar de local de xogo máis axeitado. Ademais dous dos xogadores do Circulo Chantadino residen en Ourense co que neste cúmulo de circunstancias parece lóxico que nos despracemos dous xogadores que fomos de Chantada ca que se teñan que desprazar seis dende Ourense (dous do equipo local máis os catro do equipo visitante).

Esta vez non houbo festexos previos nin foi por falla de gañas dos xogadores do Circulo Chantadino. Polo ecuador do encontro, pasadas dúas horas dende o comezo das partidas parecía que o trunfo ía ser para Chantada por tres puntos ou tres e medio, pero o desenrolo da derradeira fase do encontro fixo que todo quedara nun empate onde ambos equipos necesitaban imperiosamente os puntos, e ambos seguen loitando por subir postos na táboa clasificatoria.

Taboleiro número 1

Foto
GM Alejandro Hoffman. Foto de arquivo

Alejandro Hoffman (Brancas)- 1 José Doval (Negras -0)

Unha partida sen sobresaltos que durou algo máis de tres horas e media. Alejandro quedou mellor na apertura e pouco a pouco foi afianzando as súas pezas no taboleiro, para chegar a unha fase da final na que Alejandro logrou meter un pion na sétima fila xusto do lado contrario onde quedaban as estruturas de pións que tras unhas manobras tácticas José Doval rendeu cando a vitoria de Alejandro era inevitable.

Taboleiro número 2

Foto
Martín Boado. Foto de arquivo

Martín Boado (Negras) -0 Javier Varasa (Brancas) -1

Martín Boado saíu mellor da apertura, e a partida parecía ben encamiñada, pero quizás o exceso de confianza, quizás a motivación ou reacción de Javier Varasa, ou unidas ambas as dúas circunstancias que Martín se durmira ou que Javier se espertase, a partida pouco a pouco foi trocando de signo para rematar co trunfo do xogador do Universitario.

Taboleiro número 3

Foto
Gotera. Fot de arquivo

J. Miguel V Fortes “Gotera” (Brancas)- 0,5 Juán Ignacio Salazar (Negras) -0,5

Fortes saíu ben da apertura, e sempre tivo unha estrutura sólida, onde pouco a pouco logrou unha posición de ataque que parecía definitivo, pero a falla dunha análise máis profunda, a súa posición de ataque era defendida con movementos únicos por Juán Ignacio, e a prometedora partida non pasou das táboas.

Taboleiro número 4

Foto
GM Iván Salgado con Anxo Boán. Foto arquivo

Anxo Boán (Negras) 0,5 - Ramón Cid (Blancas) -0,5

Ramón optou por  saír con d4,  derivando a apertura a unha catalana, que Ramón Cid domina moito mellor por  ser moito máis  habitual nel a apertura de dama, e en efecto quedou mellor posicionado na apertura.- Ramón trocou os seus dous cabalos por senllos Alfís de Anxo  quen ademais tivo que dobrar un pión que lle daba a iniciativa da partida,  e as negras aguantaban a veces con xogadas únicas.- O tempo de Ramón esgotábase, mentres Anxo dispoñía aínda de 45 minutos coas correspondentes bonificacións de tempo. Neste estado de partidas Ramón entrou ao troco de pezas, incluído o troco de dama a costa de deixar un pion illado no centro que logo  foi atacado  e que con apuros Ramón logrou defender a costa de perder a columna aberta de torre.

Chegada a xogada 37 de partida Anxo puido  tomar  o pión da columna H e  para logo atacar os demais por atrás a costa de perder a columna aberta dominada pola súa torre que pasaría a ocupar o rival co conseguinte contraataque  pola retagarda, pero ante a inseguridade do resultado  optou pola posición máis conservadora ,   tendo en conta a mellor posición de Alejandro e Gotera  parecían esas táboas  suficientes para que os de Chantada, puideran   gañar o encontro,  que logo non foi así.

En resumo  vitoria de Alejandro, táboas de Gotera e Boán, con empate entre ambos equipos que seguen vivos na competición a espera do que cada un poda facer nas tres xornadas que quedan de campionato.

CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
Res.
UNIVERSITARIO DE OURENSE A
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1 - 0
JOSE DOVAL GONZALEZ
MARTIN BOADO RODRIGUEZ
0 - 1
JAVIER VARASA PAREDES
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
½ - ½
JOSE IGNACIO SALAZAR BERNARD
ANXO BOAN RODRIGUEZ
½ - ½
RAMON CID LISTON

Resultados 1ª C. Rolda 8

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
3 - 1
CLUB XADREZ BUEU "A"
LAROCA-NIGRAN "A"
1,5 - 2,5
FISCHER MOAÑA
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
3 - 1
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
LUCENA "A"
1 - 3
PEÑA RECREATIVA-PERA
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
0,5 - 3,5
XADREZ OURENSE "B"
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
2 - 2
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"

Clasificación: http://www.gefe.net/

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes