Galicia/Galiza
Galicia

Crónica da Liga Galega de Clubs 2012 - Circulo Chantadino

Chantada - Lugo

26 marzo de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Final:

    O derradeiro sábado 21, en Primeira División o Circulo Chantadino de Xadrez – Cabezas Mobres dirixido por Alejandro Hoffman  impuxose por 3-1 ao Laroca-Nigrán rematando a liga de lider destacado con máis de tres puntos e medio de ventaxe sobre o  segundo clasificado, o Liceo Ouresán, co que conquire o acceso directo a división de honra.- Polo Circulo Chantadino xogaron Alejandro, Gotera, Alba e Villarino.-

Circulo Chantadino de Xadrez vs Laroca Nigrán
Circulo Chantadino de Xadrez vs Laroca Nigrán

    En segunda división o “Circulo Chantadino de Xadrez-Deportes Jamex” dirixido por Anxo Boán   impuxose 4-0 ao  equipo “Deportes Rodas” do Clube de Xadrez  Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa .- Na derradeira xornada polo Circulo Chantadino xogaron  Xulio Alvarez, Pitelo, Diego do Carballino e Manolo García.-

 O Circulo Chantadino chegou ao descanso de semán Santa en noveno posto da taboa peligrando a súa categoría, mais o resultados do día catorce de abril ganando en Ponteareas por 3,5 a 0,5 para logo rematar na casa imponiéndose por 4-0 que lle permitiu rematar a liga no cuarto posto da taboa clasificatoria.-

Circulo Chantadino Deportes Jamex
Circulo Chantadino Deportes Jamex

    Ao remate do encontro celebración de todo o clube polos inéditos  éxitos deportivos acadados  na presente campaña. Tratabase de unir a presente celebración o ascenso a segunda divisióndo equipo Circulo Xadrez de Chantada-Carniceria Amarante dirixido por Enrique Rojo  acadado o derradeiro 14 de abril, ademáis dos exitos a nivel individual acadados no campeonato galego  onde se lembran os  sorprendentes resultados dos chavales do Circulo Chantadino entre os que destaca o campiontato galego femenino da xogadora do Circulo Chantadino,  Daría López.-

Foto
Celebración e ascenso a segunda

    O Circulo Chantadino de Xadrez na vindeira xornada xogará con un equipo en division e honra, dous equipos en segunda, amén dos que se formen para a terceira e cuarta , algo nunca acadado na vila chantadesa nin en ningunha outra población galega de menos de 10.000 habitantes.-

   Ahora mismo o Circulo Chantadino de Xadrez inicia a partir do martes 24 de abril un curso de nivel básico,  para adultos a cargo dos monitores Enrique Rojo e Anxo Boán que ten como finalidade  difundir a practica do xadrez a todos os habitantes de Chantada e a sua bisbarra sexan ou non sexan socios do clube de xadrez chantadino. As clases impartiránse martes e xoves a partir das oito e media da tarde no local das escolas do circulo.- 

   Ten previsto asimesmo celebrar no mes de xuño o Primeiro Open Internacional de Xadrez de Chantada  donde concurrirán xogadores de élite mundial, e para a vindeira tempada  Anxo Boán ten como ouxetivo levar a cabo a creación do Clube de Xadrez Ribeira Sacra a fin de unir aos esforzos dos chantadinos os da vila veciña de Monforte e dese xeito unidos afrontar novos retos que se plantexen , inda que a inmediato plazo o ouxetivo sexa manter o clube entre os grandes de Galicia e manter o primeiro equipo na división de honra do xadrez.- 

Iván Salgado. Circulo Xadrez Chantada

      Para a vindeira tempada o Circulo Chantadino seguirá contando nas suas filas co Gran Mestre Internacional Alejandro Hoffman e non descarta reforzarse para afrontar a División de honra de Xadrez  tan soio ao alcance duns poucos clubes galegos.-

  E de ter en conta que dende  a liga 2008/2009 que se chegou por primeira vez a segunda división,  o Circulo Chantadino sempre ascendeu a algun dos seus equipos a categoría superior.-

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Clasificación Final

Clasificación Final

Clasificación Final

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes