Galicia/Galiza
Galicia

GM Iván Salgado en Lugo

Lugo

Varios lugares de Lugo cidade

Venres 8 de abril de 2011

Informa: Pablo Castro Girona
Círculo Artes Lugo. Escola Luguesa. Asociación Xaquedrum

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Documento sin título

GM Iván Salgado en Lugo

FotoFoto

A Concellería de Educación, Concellería de Deportes, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Deputación Provincial de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, Yute Confecciones e O Progreso organizaron a visita do GM Iván Salgado a varios dos programas de promocción do xadrez que se leva a cabo en Lugo.

Un día cargado de emocións e de momentos marabillosos, onde o GM Iván Salgado se envorcou en coñecer os programas educativos da Asociación Cultural Xaquedrum e en coñecer os alumnos da Escola Luguesa de Xadrez.

Pola mañá visitou o Colexio de Casás onde se leva a cabo programa XAQUE NAS AULAS, mediante o cal, se dan clases de iniciación a máis de 1000 escolares da provincia de Lugo

FotoFoto

Ás 18 horas reuniuse cos voluntarios da Asociación Cultural Xaquedrum, onde deu unha conferencia de como preparar o repertorio e atendeu con paciencia ás numerosas preguntas dos mozos da entidade.

Máis tarde, ás oito da tarde deu unha interesante conferencia sobre a importancia do dinamismo no xadrez e ensinou tres partidas xogadas por el.

Para finalizar esta visita a Lugo, Iván Salgado animouse a xogar un torneo de xadrez rápido nas instalacións do Círculo das Artes, participaron 24 xogadores e Iván gañou o torneo.

Máis información sobre Xaquedrum en:
www.xaquedrum.es | http://www.facebook.com

Información sobre Iván Salgado: www.ivansalgado.net/

Nota Previa

A Concellería de Educación, Concellería de Deportes, a Deputación Provincial de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, Yute Confecciones e El Progreso organizan a visita do GM Iván Salgado o vernes 8 de abril a varios dos programas de promoción do xadrez que se levan a cabo en Lugo.

Ás 12 da mañá participará no Xaque nas aulas que se está realizando no Colexio Público de Casás e fará entrega dos cuadernillos de iniciación aos escolares de 3º de Primaria.

Ás 12:15 horas –durante o recreo- como pechadura do curso Xaque nas Aulas no CEIP Casás, levarase a cabo unha actividade de promoción aberta a todo o colexio, onde Iván Salgado xogará unha partida á cega, onde os mozos e mozas que o desexen poderán xogar partidas no xadrez xigante e xadrez convencional.

Pola tarde irá á Casa de Asociacions, que se atopa no Parque da Milagrosa, e realizará as seguintes actividades:

· Ás 18 horas reunirase cos voluntarios da Asociación Cultural Xaquedrum, onde coñecerá de primeira man o seu traballo e as súas inquedanzas, e dará unha breve explicación de cómo facer un repertorio.

· Desde as 20 ata as 21:30 horas, impartirá unha clase maxistral, baixo o nome de “O dinamismo no xadrez”; a esta clase poderán participar os alumnos da Escola de Xadrez, sendo o aforo máximo de 50 persoas. A Escola de Xadrez é unha actividade do programa Xadrez para tod@s que leva a cabo Concellería de Educación desde o ano 2003.

· Ás 22:30 horas irá ao Círculo das Artes a ver o Torneo de Rápidas que organiza a entidade unha vez ao mes e xogará partidas con algúns dos participantes.

Máis información sobre Xaquedrum en:

http://www.facebook.com/pages/Xaquedrum/194937533874133

Breve biografía do G.M. Iván Salgado:

• Ano 2001:

Campión de España por Internet Sub-10.
Subcampión de España individual Sub-10.

• Ano 2002:

Campión de España Sub-12.
Subcampión Galego Absoluto (con 10 anos).

• Ano 2003:

Subcampión de España por Internet sub-12.

• Ano 2004:

Campión de España por Internet sub 12.
Campión de España sub14.

• Ano 2005:

Campión de España coa Selección Galega Sub 16
Primeira norma de Mestre Internacional (marzo 2005).
Campión Galego por Equipos co Club Marcote.
Subcampión de España sub 14.
4º do Mundo sub 14.

• Ano 2006:

Campión de España por Internet sub 16.
Primeira norma de Gran Mestre (marzo 2006). Record histórico en España)
Campión Galego por Equipos co Club Marcote de primeiro taboleiro.
Subcampeón de España coa Selección Galega Absoluta xogando de primeiro taboleiro.

• Ano 2007:

Título de Mestre Internacional. Segundo título máis novo da historia de España, só logo de Paco Vallejo (xaneiro 2007).
Subcampión de España coa Selección Galega Absoluta.
Campión de España sub 16 .
Norma de Gran Mestre en aberto de Sants.
Primeiro clasificado no Aberto de Pamplona (ademais, consegue a derradeira norma de GM).
Deste xeito, convértese no Gran Mestre máis novo na historia de España.

• Ano 2008:

Campión do XXXI Open Internacional de San Sebastián.
Campión de España Sub-18.

• Ano 2009:

Subcampión de España co Club Xadrez Marcote.
Primeiro clasificado no III Festival Internacional Ruy López celebrado en Zafra (Badajoz) os días 20 e 21 de Xuño 2009.
Clasificado na 6º posición no Europeo coa Selección Española Absoluta (primeira participación).
Subcampión do Mundo Sub-18.

• Ano 2010:

9º clasificado no Campionato de Europa Individual (isto implica estar clasificado para a vindeira Copa do Mundo).
Campión do Open de Vecindario (Gran Canaria)
Campión de España de División de Honra co equipo Kasparov-Marcote.
2º Clasificado no torneo pechado "Casino de Barcelona".
Galardonado co premio "Mellor deportista revelación" da editorial Chessy.

Asociación Cultural Xaquedrum
Pablo Castro Girona

 

TablaDeFlandes