Galicia/Galiza
Galicia

Simultáneas Quique Setién

Lugo

Cláustro Excma. Deputación de Lugo

Domingo 24 de febreiro de 2011

Informa: Pablo Castro Girona
Círculo Artes Lugo. Escola Luguesa. Asociación Xaquedrum

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Documento sin título

O domingo 27 ás 11 da mañá no claustro da Exma. Deputación de Lugo o programa Xaque nas aulas organizou unhas simultáneas de Quique Setién con 22 xogadores e xogadoras lucenses

Foto

O obxectivo das simultáneas era dar a coñecer a campaña de Xaque nas Aulas e o curso de xadrez que o sábado 5 de Marzo da comezo no suplemento Pícaros do diario El Progreso. Ao mesmo tempo, queríase que xogarán escolares e os seus familiares, e desta forma organizar unha actividade de convivencia.

Foto
Pais e fillos participando xuntos na simultánea

Quique Setién mostrouse interesado polo programa de fomento do xadrez dentro das aulas e mostrouse disposto a ir a algún colexio a promover a campaña.

Quique Setién ademais de ex internacional de fútbol e de fútbol praia ten 2055 puntos de elo na lista da Federación Internacional e é un grande amante do xadrez.

Foto
Os máis novos comentando as xogadas

¿Qué é Xaque nas Aulas?.

Nesta primeira iniciativa, paraticipan 15 colexios. Daranse clases aos cursos de 3º e 4º, e en cada unha das aulas recibirán tres sesións de 50 minutos, e participarán 1100 rapaces nesta iniciativa.

Este proxecto pretende fomentar a práctica do Xadrez nos centros escolares.

Levarase a cabo coa colaboración da Deputación de Lugo, Concello de Lugo, O Progreso, Escola Luguesa de Xadrez, FEDA, FEGAXA, Consellaría de Educación e coa colaboración Asociación Cultural Xaquedrum, a Asociación Lugo Xadrez

O lema da campaña é "xaque nas aulas" e será gratuíto para os colexios que participen.

Pretendese un aumento da práctica deportiva e o fomento do Xadrez aos alumnos de 3º e 4º.

Este proxecto realízase coa idea de crear hábitos físico-deportivos nos alumnos

Localidades: Zona Lugo e Zona Chantada. Lugo, Chantada, Taboada e Monforte.

Nº de cursos: Chantada 2, Taboada 1, Monforte 2 e Lugo e arredores 10.

Perfil usuarios: A alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Nº de alumnos participantes:
Máis de 1100

Organiza:
Escola Luguesa de Xadrez e Asociación Cultural Xaquedrum.

Patrocinadores:
Diputación de Lugo, Concellería de Deportes, Delegación de Educación,.FEGAXA e FEDA.

Colaboran: Concellería de Educación e Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Actividades paralelas:

Domingo 27 de Marzo, simultáneas de Quique Setién con escolares lucenses.

Venres 8 de Abril o GM Iván Salgado (subcampión mundial Sub 18) visitará Lugo e promoverá o xadrez nun dos colexios da cidade.

G.M Iván Salgado

Ano 2008:

Campión do XXXI Open Internacional de San Sebastián.

Campión de España sub-18.

Ano 2009:

Subcampión de España co Club Xadrez Marcote.

Primeiro clasificado no III Festival Internacional Ruy López celebrado en Zafra (Badaxoz) os días 20 e 21 de Xuño 2009.

Clasificado na 6º posición no Europeo coa Selección Española Absoluta (primeira participación).

Subcampión do Mundo sub-18.

Ano 2010:

9º clasificado no Campionato de Europa Individual (isto implica estar clasificado para a vindeira Copa do Mundo).

Campión do Open de Vecindario (Gran Canaria)

Campión de España de División de Honra co equipo Kasparov-Marcote.

2º Clasificado no torneo pechado "Casino de Barcelona".

Galardoado co premio "Mellor deportista revelación" da editorial Chessy

 

TablaDeFlandes